Saltar ao contido

Eurocopter Fennec

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Eurocopter Fennec
Tipohelicóptero utilitario militar lixeiro
FabricanteAérospatiale, Eurocopter, Airbus Helicopters
Introducido1990
Produción1990-presente

Os Eurocopter AS550 Fennec (agora Airbus Helicopters H125M)[1] e AS555 Fennec 2 son helicópteros militares lixeiros multipropósito fabricados polo Eurocopter Group (agora Airbus Helicopters). Baseados nas series AS350 Ecureuil e AS355 Ecureuil 2 reciben o seu nome do fenec ou raposo do deserto. As versións armadas do AS550 e do AS555 poden ser equipadas con armas coaxiais, foguetes, torpedos ou outro tipo de munición.

Historial operacional

[editar | editar a fonte]

Como resultado do Tratado de Viena sobre forzas armadas convencionais en Europa, as variantes militares do Écureuil foron comercializadas cunha designación diferente; así a partir do ano 1990 o tipo foi comercializado co nome de Fennec.[2][3]

En febreiro de 2007 India seleccionou o AS550 C3 Fennec sobre o Bell 407 nun contrato por 197 helicópteros valorado en 500 millóns de dólares.[4] Este acordo suspendeuse no mes de xuño debido á presunta corrupción no proceso de licitación, e cancelouse definitivamente no mes de decembro. O contrato volveu a abrirse e o AS550 C3 estaba entre os helicópteros que competían. Porén, a India elixiu o Kamov Ka-226T sobre o AS550 C3 na licitación.[5][6]

O 20 de xaneiro de 2011 comandos das forzas espaciais da Real Armada de Malaisia rescataron un barco de transporte de químicos malaisio e á súa tripulación de piratas somalís. Un helicóptero Fennec realizou o recoñecemento e proporcionou apoio de fogo para manter ao barco nutriz dos piratas afastado mentres os comandos asaltaban o buque.[7]

  1. "Meet the H Generation - Airbus Helicopters". www.airbushelicopters.com (en inglés). Consultado o 2018-11-21. 
  2. "Treaty on Conventional Armed Forces in Europe" (PDF). Organization for Security and Co-operation in Europe. Consultado o 2018-11-21. 
  3. "1974 : ecureuil helicopter, fennec helicopter - Eurocopter, an EADS company". 2015-12-26. Archived from the original on 26 de decembro de 2015. Consultado o 2018-11-21. 
  4. "KalingaTimes.com : Eurocopter wins big Indian Army deal". 2007-06-04. Archived from the original on 04 de xuño de 2007. Consultado o 2018-11-21. 
  5. "France-based Companies Win and Lose in Big Indian Helo Contest". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2018-11-21. 
  6. Pubby, Manu (2018-07-11). "Make in India: Defence ministry okays $3.4 billion deals including procurement of US-origin M777 artillery guns". The Economic Times. Consultado o 2018-11-21. 
  7. "Paskal commandos foil hijack attempt in Gulf of Aden". 2011-01-23. Archived from the original on 23 de xaneiro de 2011. Consultado o 2018-11-21.