EADS CASA C-295

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
EADS CASA C-295
T.21-04 C-295 Ejército del Aire LEN.jpg
Tipotransporte
FabricanteConstrucciones Aeronáuticas SA, EADS CASA, Airbus Defence and Space
Primeiro voo28 de novembro de 1997
Introducido2001
Principais usuariosExército do Aire de España
Forza Aérea de Polonia
Forza Aérea de México
Forza Aérea de Exipto
Produción1997-presente
Unidades construídas163

O EADS CASA C-295 é un avión de transporte táctico militar bimotor no presente fabricado por Airbus Defence and Space en España.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O C-295 é fabricado é montado nas instalacións de Airbus Military no aeroporto de San Pablo, en Sevilla. É un desenvolvemento do transporte español/indonesio CASA/IPTN CN-235, pero cunha fuselaxe alongada, un 50% máis de capacidade de carga útil e novos motores turbohélice Pratt & Whitney Canada PW127G. O C-295 realizou o seu voo de estrea o 28 de novembro de 1997. O primeiro pedido chegou do Exército do Aire de España.

En 2012 EADS anunciou varias melloras ao deseño básico do C-295, e entre os cambios incluíronse a adopción de winglets e a habilidade de levar o mísil anti-buque Marte; tamén se planeou unha versión de alerta temprana e control aerotransportado.[1] En novembro de 2015 un C-295 demostrou con éxito unha nova suite de auto-protección, que incorporaba elementos como contramendidas infravermellas direccionais de Elbit Systems e un sistema de alerta infravermella pasiva aerotransportada.[2] En xaneiro de 2016 Airbus estaba no proceso de desenvolver unha nova plataforma de repostaxe en voo cun sistema de sonda e cesta para ser instalado opcionalmente na liña central do C295. Esta capacidade está sendo promocionada para a repostaxe de helicópteros de combate e as probas iniciais realizáronse con éxito en decembro de 2016 usando dous C-295 apoiando helicópteros H225M Caracal.[3] Airbus tamén está realizando optimizacións nos flps e outras modificacións para mellorar as súas capacidades en condicións extremas de aterraxe e engalaxe.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Winglets and anti-ship missile top latest additions to C295". Flightglobal.com (en inglés). 2012-06-01. Consultado o 2018-11-26. 
  2. "Music test protects C295 from missile threats". Flightglobal.com (en inglés). 2015-11-25. Consultado o 2018-11-26. 
  3. "Airbus offers C295 tanker fit after H225M test success". Flightglobal.com (en inglés). 2017-01-20. Consultado o 2018-11-26. 
  4. "PICTURES: Airbus to flight test new C295 aerial refuelling rig". Flightglobal.com (en inglés). 2016-01-15. Consultado o 2018-11-26.