Airbus A300

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Airbus A300
Iberia Airbus A300B4-203 EC-EON.jpg
TipoPasaxeiros
FabricanteAirbus
Primeiro voo28 de outubro de 1972
Introducido30 de maio de 1974
Produción1974 - 2007

O Airbus A300 é un avión de pasaxeiros bimotor de curto-medio alcance e de fuselaxe ancha de Airbus, o consorcio europeo de fabricación de aeronaves. Trátase do primeiro avión fabricado por Airbus, co que supuxo o relanzamento da industria aeronáutica europea,e tamén é o primeiro bimotor de fuselaxe ancha producido no mundo. O A300 pode levar 266 pasaxeiros nunha configuración de dúas clases, cun alcance máximo de 7.540 quilómentors, dependendo do modelo.

O seu cliente de lanzamento foi Air France, que usou por vez primeira o 30 de maio de 1974. A produción do A300 rematou no mes de xullo de 2007, xunto coa do seu derivado máis pequeno, o A310.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Durante os anos 60 fabricantes aeronáuticos europeos como Hawker Siddeley e British Aircraft Corporation, baseados no Reino Unido, e Sud Aviation de Francia, tiñan ambicións de fabricar un novo avión sde pasaxeiros de 200 asentos para o crecente mercado da aviación civil. Mentres se realizaban e consideraban estudios, como unha versión alongada e de dous motores do Hawker Siddeley Trident e un desenvolvemento ampliado do BAC One-Eleven designado BAC Two-Eleven, recoñeceuse que se cada un dos fabricantes europeos lanzaban avións semellantes ao mercado ao mesmo tempo ningún deles alcanzaría o volume de vendas necesario para facelo viable.[1] En 1965 un estudio do goberno británico, coñecido como o Informe Plowden, atopou que os custos de produción británicos eran entre un 10 e un 20% superiores aos estadounidenses debido á produción máis pequena, o que en parte se debía ao fracturado mercado europeo. Para superar ese factor o informe recomendaba perseguir proxectos colaboratic¡vos multinacionais entre os líderes da construción aeronáutica da rexión.[2][3]

Os fabricantes europeos estaban disposto a explorar posibles programas; o proposto HBN 100 de fuselaxe ancha para 260 pasaxeiros entre Hawker Siddeley, Nord Aviation e Breguet Aviation foi un exemplo.[1][4] Os gobernos nacionais tamén estaban dispostos a apoiar eses esforzos pola crenza de que os fabricantes estadounidenses poderían dominar a Comunidade Económica Europea;[5] en particular, Alemaña tiña ambicións polo proxecto dun avión de pasaxeiros multinacional para dinamizar a súa industria aeronáutica, que disminuíra considerablemente dende a segunda guerra mundial.[6] Durante mediados dos anos 60 tanto Air France como American Airlines expresaran o seu interese nun avión de fuselaxe ancha bimotor e de curto alcance, indicando que había unha demanda no mercado para ese tipo de aeronave.[2][7] En xullo de 1967, durante unha reunión de alto perfil entre ministros franceses, alemáns e británicos, chegouse a un acordo para aumentar a cooperación entre países europeos no campo da tecnoloxía da aviación, e "para o desenvolvemento e produción conxunta dun airbus".[1][8] A palabra airbus nese momento era un termo xénerico en aviación para un gran avión comercial, e era considerada aceptable en múltiples linguas.[8]

Lanzamento do proxecto[editar | editar a fonte]

O 29 de maio de 1969, durante o Salón aeronáutico de Le Bourget, os ministros de Transporte alemán e francés asinaron un acordo para desenvolver e fabricar un avión capaz de transportar entre 260 e 300 pasaxeiros, sendo o primeiro bimotor de fuselaxe ancha do mundo.[1] A intención do proxecto era producir un avión que fose máis pequenso, lixeiro e económico que os seus rivais estadounidenses trimotores, o McDonnell Douglas DC-10 e o Lockheed L-1011 TriStar.[9] A estes dous países uniríase Gran Bretaña o 26 de setembro nunha reunión en Bonn.

O 18 de decembro de 1970 crearíase Airbus Industrie, cando as primeiras pezas do A300 estaban xa a ser fabricadas. O tamaño do avión variou bastante durante o proceso de deseño, pasando dos 300 pasaxeiros inicialmente aos 225, e tamén variando o ancho da fuselaxe e a configuración interna.

Os dous primeiros exemplares construídos foron do tipo B1 (o A300-A era a versión de 300 pasaxeiros que nunca chegou a fabricarse), voando por vez primeira o día 28 de outubro de 1972. Porén, debido a requerimentos das aeroliñas o modelo que entrou en produción foi o A300-B2, con capacidade para 250 pasaxeiros.

Variantes[editar | editar a fonte]

O segundo A300B1 fabricado, coas cores de TEA

A300B1[editar | editar a fonte]

Só se construíron dous: o primeiro prototipo, con rexistro F-WUAB e posteriormente F-OCAZ, e un segundo avión, F-WUAC, que foi alugado en novembro de 1974 a Trans European Airways (TEA), rexistrado como OO-TEF. TEA alugouno á súa vez durante seis meses a Air Algérie, e continuaría operándoo ata 1990. Tiña unha capacidade para 300 (TEA) ou 323 pasaxeiros (Air Algérie), cun peso máximo de 132.000 kg e dous motores General Electric CF6-50A de 220 kN de empuxe.

A300B2[editar | editar a fonte]

Foi a primeira versión de produción. Equipada con motores General Electric CF6 ou Pratt & Whitney JT9D (os mesmos que levaba o Boeing 747–100, o primeiro "jumbo"), entrou en servizo con Air France en maio de 1974. O seu prototipo realizou o seu primeiro voo o 28 de xuño de 1973, tivo a certificación das autoridades francesas e alemás o 15 de marzo de 1974 e a aprobación da FAA o 30 de maio. O primeiro A300B2 de produción (A300 número 5) realizou o seu voo de estrea o 15 de abril de 1974 e foi entregado a Air France o 10 de maio.

A300B4[editar | editar a fonte]

Foi a principal versión de produción. Conta cun depósito central de combustible para incrementar a súa capacidade (47.500 kg). O primeiro A300B4 (o noveno A300) voou o 25 de decembro de 1994 e foi certificado o 26 de marzo de 1975. A primeira entrega foi para Germanair (que posteriormente se fusionou con Hapag Lloyd) o 23 de maio.

A300-600[editar | editar a fonte]

Oficialmente designado A300B4-600, esta versión ten a mesma lonxitude que o B2 e o B4 pero ten máis espazo debido a que usa a fuselaxe traseira e a cola do A310. Equipa os máis potentes CF6-80 ou Pratt & Whitney PW4000 e usa a unidade de potencia auxiliar Honeywell 331-250. O A300-600 entrou en servizo en 1983 con Saudi Arabian Airlines e vendéronse un total de 313 exemplares. Esta variante tiña unha cabina de control semellante á do A310, eliminando a necesidade dun enxeñeiro de voo.

A300B10[editar | editar a fonte]

Introduciu unha fuselaxe máis curta, unha nova á, unha cola máis pequena e podía voarse con dous tripulantes. Estivo dispoñible en versión estándar, a −200, e con alcance aumentado, −300. Tamén se fabricou unha versión militar de transporte ou reabastecemento en voo mercado pola Forza Aérea Canadense e a Luftwaffe. Vendéronse un total de 260 exemplares, aínda que cinco, pedidos por Iraqi Airways, nunca se fabricaron.

Especificacións[editar | editar a fonte]

  • Tipo: Airbus A300-600
  • Envergadura: 44,83 m
  • Lonxitude: 54,07 m
  • Altura: 16,62 m
  • Superficie alar: 260,12 m2
  • Capacidade de pasaxe: de 267 a 375
  • Carga útil: 43.571 kg
  • Peso máximo na engalaxe: 165.016 kg
  • Velocidade de cruceiro: 472 nós
  • Velocidade máxima: mach 0,82
  • Alcance máximo: 4.340 millas

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Early days (1967-1969) | Airbus, a leading aircraft manufacturer". 2011-07-05. Consultado o 2018-11-29. 
  2. 2,0 2,1 Bowen 2010, p. 49
  3. "AIRCRAFT INDUSTRY (PLOWDEN REPORT) (Hansard, 1 February 1966)". api.parliament.uk (en inglés). Consultado o 2018-11-29. 
  4. Simons 2014, pp. 37–38
  5. Chorafas 2012, p. 292
  6. Bowen 2010, pp. 49–50
  7. "Airbus at thirty - Family planning". Flightglobal.com (en inglés). 2001-01-02. Consultado o 2018-11-30. 
  8. 8,0 8,1 Senguttuvan 2006, p. 34
  9. "First order, first flight (1970-1972) | Airbus, a leading aircraft manufacturer". 2015-04-01. Consultado o 2018-11-29. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Bowen, John T. The Economic Geography of Air Transportation: Space, Time, and the Freedom of the Sky. "Business & Economics", 2010. ISBN 1-135-15657-3.
  • Chorafas, Dimitris N. The Business of Europe is Politics: Business Opportunity, Economic Nationalism and the Decaying Atlantic Alliance. Gower Publishing, 2012. ISBN 1-4094-5959-4.
  • Senguttuvan, P. S. Fundamentals of Air Transport Management. "Excel Books India", 2006. ISBN 81-7446-459-X.
  • Simons, Graham. The Airbus A380: A History. "Pen and Sword", 2014. ISBN 1-78303-041-0.