Airbus NSR

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Airbus NSR ("New Short Range") foi unha proposta de Airbus, presentada nos anos 2000, presentada para substituír o Airbus A320. Estaba previsto que o seu deseño comezase no ano 2014 e entraría en servizo ao redor do 2018[1]. En xaneiro de 2010 John Leahy, o responsable comercial da compañía, afirmou que Airbus non presentaría ningún modelo de fuselaxe estreita co fin de substituír a familia A320 antes de 2024/2015[2].

En decembro de 2010 Airbus acabou decantándose por unha remotorización do modelo existente en vez de desenvolver un novo avión, ao presentar oficialmente o Airbus A320NEO[3]. Esta decisión tomouse en parte debido a que o desenvolvemento dun novo deseño requiría duns prazos de tempo moito máis amplos fronte aos dunha remotorización[4][5].

Notas[editar | editar a fonte]