Airbus Helicopters H160

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Airbus Helicopters H160
H160 mockup at Dubai Airshow 2015.JPG
Maqueta do H160 no Dubai Airshow 2015
Tipohelicóptero utilitario mediano
FabricanteAirbus Helicopters
Primeiro voo13 de xuño de 2015
Estadoen desenvolvemento

O Airbus Helicopters H160 (anteriormente X4) é un helicóptero utilitario mediano desenvolvido por Airbus Helicopters. Lanzouse formalmente o día 3 de marzo de 2015 no Heli-Expo en Orlando, Florida coa intención de substituír os modelos AS365 e EC155 na liña de produtos do fabricante. O 13 de xuño de 2015 realizou o seu primeiro voo e agárdase que as primeiras entregas cheguen no ano 2019.[1]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Airbus Helicopters H160 revelouse ao público por vez primeira no ano 2011 e nese momento era coñecido coa designación X4, unha designación que implicaba que era unha continuación do Eurocopter X3, un demostrador tecnolóxico dun helicóptero híbrido de alta velocidade. A principios de 2011 o xefe de Eurocopter Lutz Bertling declarou que o X4 "cambiaría as regras do xogo", contrastando a importancia das innovacións que contaría co desenvolvemento de Airbus nos controis fly-by-wire.[2] As primeiras características referidas incluían as palas do rotor activas Blue Edge, unha funcionalidade avazada de asistencia ao piloto, e vibración reducida.[2] Tamén se destacou a súa cabina de mando "radicalmente diferente" e anunciouse que o X4 sería introducido en dúas etapas: un modelo provisional en 2017 con algunhas das características avanzadas ausente, e un modelo máis avanzado en 2020.[3]

O custo do programa de desenvolvemento do X4 foi de 1 000 millóns de euros, incluso despois de que varias tecnoloxías de vangarda, como os sistemas de control avanzados, atenuáranse ou fosen eliminadas por ser demasiado arriscadas ou caras.[4][5] O 3 de marzo de 2015 o X4 foi desvelado formalmente coa designación H160. Foi comercializado como o sucesor do Eurocopter AS365 Dauphin e compite co AgustaWestland AW139, o Sikorsky S-76 e o Bell 412;[4][6] Guillaume Faury, director de Airbus Helicopters, referíuse ao H160 como "o asasino do AW139".[7][5] O H160 iniciou a nova convención de nomenclatura de Airbus Helicopter; comezando o 1 de xaneiro de 2016, os helicópteros do mesmo rango terán a designación 'H', ao igual que fai Airbus cos nomes dos seus avións comerciais.[8]

Fíxose unha énfase no uso de técnicas de produción e apoio de Airbus como as usadas para avións avanzados de á fixa como o A350 de pasaxeiros;[9] en consecuencia, fabricáronse un par de plataformas de proba para probar por separado a dinámica e os sistemas e así acelerar o proceso de deseño.[5][6] O 29 de maio de 2015 revelouse o primeiro prototipo do H160 na instalacións de Airbus Helicopters en Marignane.[10] O 13 de xuño de 2015 o primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea en Marignane. En novembro dese ano a envolvente de voo do prototipo ampliárase progresivamente, chegando a unha altitude máxima de 4 600 metros e a unha velocidade máxima de 324 km/h ata ese momento.[11] O 18 de decembro de 2015 o segundo prototipo, o primeiro H160 equipado con motores Turbomeca Arrano realizou as súas primeiras probas en terra, voando o 27 de xaneiro de 2016 por primeira vez.[12][13]

En novembro de 2015 anunciouse que a certificación do H160 e a súa entrada en servizo con operadores civís agardábanse para 2018; unha versión militar, designada H160M, agardaba a súa entrada en servizo en 2022.[14] En marzo de 2016 o xefe do programa H160 Bernard Fujarski dixo que se conseguiran case todos os fitos establecidos para 2015, agás polo voo de estrea do segundo prototipo, adiado para xaneiro de 2016, e pola validación da configuración aerodinámica do H160.[15] As probas revelaron a necesidade de recolocar algúns sistemas electrónicos á nariz do helicóptero dende a parte traseira da fuselaxe para axustar o centro de gravidade, mentres que o rotor de cola fenestron superara as expectativas de rendemento.[15]

En 2015 Airbus estimou que había mercado para uns 120-150 aparellos anuais; a compañía pretende aumentar inicialmente o ritmo de produción a uns 50 aparellos por ano.[8][14] En xullo de 2016 anunciouse que a configuración aeromecánica do helicóptero conxelárase.[16] A fabricación do primeiro H160 de produción agardábase para 2017 e as primeiras entregas para finais de 2018 ou principios de 2019.[16] A new production scheme, drawing inspiration from the automotive industry, is to be implemented in the H160's construction; it is a stated aim for the final assembly lead time of the new rotorcraft to be half of that of the preceding Dauphin.[15]

En marzo de 2017 o ministro de defensa francés, Jean-Yves Le Drian, anunciou en Marignane que o H160 fora seleccionado como base para o seu programa de substitución de helicópteros lixeiros, o hélicoptère interarmées léger (HIL), con entre 160 e 190 requiridos a partir de 2024 para substituír 420 aeronaves: Alouette III, SA 365 Dauphin e AS565 Panther da Armada, AS555 Fennec e SA330 Puma da Forza Aérea; e Puma, SA341/SA342 Gazelle e Fennec do Exército.[17]

En outubro de 2017 os dous primeiros prototipos acadaran as 500 horas de probas de voo e o terceiro realizou o seu voo de estrea ese mesmo mes.[18][19]

In 2018 10 helicópteros de preserie foron montados antes da certificación e das entregas en 2019, e estase buscando aumentar a produción a 50 aparellos por ano.[20] looking to be increased to 50 per year.[20]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "In-development H160 is on performance, Airbus says". Vertical. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Eurocopter X4 promises technical tour-de-force". FlightGlobal. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  3. "Eurocopter plans next-generation X4 helicopter". New Atlas. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "Airbus Removes Veil From H160 Project". Aviation Week Network. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 "Airbus Helicopters H160: The Evolutionary Successor". Seeking Alpha. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 "Airbus Helicopters Unveils H160 Medium Twin". AINonline. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  7. "Airbus Helicopters targets AW139 with new H160". FlightGlobal. Consultado o 23 de outubro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 "Heli-Expo 2015: Introducing the H160". Shephard. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  9. "Revolution underpins new H160 helicopter". FlightGlobal. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  10. "Airbus Helicopters unveils H160 prototype". Vertical. Consultado o 28 de outubro de 2018. 
  11. "Airbus H160 Makes Dubai Show Debut". Aviation Week. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  12. "Airbus Helicopters’ second H160 prototype takes off". Emergency Live. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  13. "H160 helicopter flight test programme moves up a notch". AeronewsTV. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  14. 14,0 14,1 "Airbus Helicopters speeds progress on H160". FlightGlobal. Consultado o 1 de novembro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 15,2 "H160 Flight Testing Benefitting From New Tools". AINonline. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  16. 16,0 16,1 "H160 configuration frozen, but first delivery may slip". Flightglobal.com (en inglés). 2016-07-28. Consultado o 2018-11-19. 
  17. "France selects H160 for light helicopter replacement programme". Flightglobal.com (en inglés). 2017-03-03. Consultado o 2018-11-19. 
  18. "H160's maximum take-off weight finally confirmed". Flightglobal.com (en inglés). 2017-10-03. Consultado o 2018-11-19. 
  19. "Airbus Helicopters flies third H160 prototype". Flightglobal.com (en inglés). 2017-10-13. Consultado o 2018-11-19. 
  20. "First Airbus Helicopters H160 Coming Together". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2018-11-19.