Airbus Helicopters X6
Airbus Helicopters X6 | |
---|---|
Tipo | helicóptero experimental |
Fabricante | Airbus Helicopters |
O Airbus Helicopters X6 é un concepto de deseño para un helicóptero pesado bimotor de 19 asentos destinado a substituír ou complementar ao Airbus Helicopters H225.[1]
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]En xuño de 2015 Airbus Helicopters anunciou o inicio dunha fase de desenvolvemento de concepto de dous anos, incluíndo un panel de asesoramento para clientes: dirixíase ao mercado do transporte comercial, á industria do gas e o petróleo e aos traballos de busca e rescate, aiming for entry into service around 2022-23.[1]
En xuño de 2017 a Comisión Europea aprobou unha axuda estatal de 377 millóns de euros ($420 million) reembolsable que tiña que devolverse en oito anos: 330 millóns procedían de Francia e 47,25 de Alemaña.[2] Sería o primeiro helicóptero comercial de Airbus controlado por fly-by-wire e debería ofrecer un menor nivel de ruído e un 15-20% menos de consumo de combustible e de gastos directos de operación en comparación con helicópteros da época.[3] Para impulsar o aparello propúxose o motor Safran Aneto.[4]
En xaneiro de 2018 o seu desenvolvemento conxelouse debido á falta de subministración de determinadas tecnoloxías, e aínda que o mercado do H225 se mantivo forte en 2017 con 44 pedidos, o mercado do petróleo e o gas en mar a fóra diminuíu; os 377 millóns de axuda de Francia e Alemaña aínda non estaban asignados pero podían usarse se o X6 se lanzaba.[5] O mercado do petróleo e o gas en mar a fóra continuou baixando xa que os campos petrolíferos do mar do Norte, o seu principal cliente, continúan esgotándose e o prezo do petróleo é demasiado baixo como para financiar novas operacións.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Airbus Helicopters launches X6 concept phase". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ "Airbus Helicopters secures X6 launch aid approval". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ "Airbus Obtains State Loans for X6 Development". Aviation Week Network. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ "Safran launches new Aneto engine on Leonardo AW189". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018.
- ↑ "Airbus Helicopters delays launch of X6 programme". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018.