Eurocopter EC725
Eurocopter EC725 | |
---|---|
EC725R2 da Forza Aérea de Francia | |
Tipo | helicóptero de transporte táctico |
Fabricante | Eurocopter, Airbus Helicopters |
Primeiro voo | 27 de novembro de 2000 |
Introducido | febreiro de 2005 |
Produción | 2000-presente |
Variantes | Eurocopter EC225 Super Puma |
O Eurocopter EC725 Caracal (no presente Airbus Helicopters H225M) é un helicóptero de transporte táctico de longo alcance desenvolvido a partir do Eurocopter AS532 Cougar para uso militar. É un aparello de dous motores que pode levar ata 29 soldados xunto con dous tripulantes, dependendo da configuración. O helicóptero está comercializado para transporte de tropas, evacuación de vítimas e tarefas de busca e rescate, e é semellante ao EC225 civil.
Desenvolvemento[editar | editar a fonte]
O EC725 foi desenvolvido para cumprir o requerimento da Forza Aérea de Francia para un helicóptero especializado en operacións de busca e rescate de combate. O AS 532 A2 Cougar foi examinado e rexeitado para este propósito despois de extensas probas entre 1996 e 1999. As principais melloras que desexaba a Forza Aérea francesa eran motores máis potentes, maior resistencia de voo e maior durabilidade de combate.[1] Eurocopter optou por desenvolver un derivado máis ambicioso do AS532 para satisfacer esas necesidades e ese aparello foi chamado posteriormente EC725. O EC725 inicialmente chamouse Cougar Mk II+ por motivos de tratados. O novo aparello tamén contaba con novos equipos de misión e aviónica autónoma, xunto con outros cambios para satisfacer a especificación francesa.[1]
O 27 de novembro de 2000 o primeiro prototipo do EC725 realizou o seu voo de estrea en Marignane, e o 15 de xaneiro de 2001 tivo lugar a primeiro presentación pública do helicóptero.[2] Eurocopter tamén desenvolveu unha versión civil que designou EC225. A Forza Aérea de Francia pediu seis EC725 para realizar misións de busca e rescate de combate, sendo o primeiro deles entregado en febreiro de 2005. As forzas armadas francesas realizaron posteriormente un pedido por oito EC725 máis en novembro de 2002; planeabase ter 20 aparellos en servizo no ano 2004.[1][3]
En 2015 o EC725, entón redesignado como o H225M, estaba sendo fabricado en dúas liñas de produción separadas en Francia e Brasil. En xullo dese ano Airbus Helicopters anunciou que estaba considerando establecer unha terceira liña de montaxe na India se a compañía conseguía gañar unha licitación co país para helicópteros navais.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Helicopter Intellect". Rotor & Wing. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ "French Stimulus: 5 More EC725 Helicopters". Defense Industry Daily. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ "H225M Cougar Medium Multimission Helicopter". Air Force Technology. Consultado o 29 de outubro de 2018.
- ↑ "Airbus Helicopters may build fourth H225M assembly line". FlightGlobal. Consultado o 29 de outubro de 2018.