CASA C-212 Aviocar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
CASA C-212 Aviocar
SpAF CASA C-212-100 Aviocar JBM.jpg
Fabricante CASA, EADS CASA, Indonesian Aerospace
Primeiro voo 26 de marzo de 1971
Introducido maio de 1974
Produción 1971 - presente

O CASA C-212 Aviocar é un avión de transporte medio con capacidade STOL propulsado por dous turbohélices deseñado e construído en España por CASA para uso tanto civil como militar. O C-212 tamén é fabricado baixo licenza en Indonesia por Indonesian Aerospace (IAe), anteriormente chamada IPTN. O deseño foi inicialmente comercializado co nome de Aviocar, pero EADS-CASA xa non usa ese nome para referirse ao C-212.

EADS-CASA entregou un total de 478 C-212 de todas as variantes e IAe uns 100 exemplares. A día de hoxe EADS-CASA só fabrica o C-212-400, que recibiu a certificación española en 1998. O C-212-200 só se fabrica en Indonesia, e IAe informou estar preparándose para comezar a montar o modelo −400.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.