Eurocopter AS355 Écureuil 2

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Eurocopter AS355»)
Eurocopter AS355 Écureuil 2
Tipohelicóptero lixeiro utilitario
FabricanteAérospatiale, Eurocopter, Airbus Helicopters
Primeiro voo28 de setembro de 1979
Produción1975-presente

O Eurocopter AS355 Écureuil 2 (agora Airbus Helicopters), tamén chamado Twin Squirrel, é un helicóptero lixeiro utilitario bimotor fabricado orixinalmente por Aérospatiale en Francia (despois parte do Eurocopter Group e hoxe Airbus Helicopters). O AS355 está comercializado en Norteamérica como o TwinStar.

Deseño e desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O desenvolvemento en Aérospatiale comezou a principios dos 70 para substituír o Aérospatiale Alouette II, e o primeiro voo tivo lugar o 27 de xuño de 1974. Unha versión de dous motores, coñecida como o Écureuil 2, Twin Squirrel, ou en Norteamérica como o TwinStar, voou por vez primeira o 28 de setembro de 1979.[1]

A pesar da introdución do Eurocopter EC130 en 2001, a produción tanto do AS350 como do AS355, e dos seus equivalentes militares AS550 e AS555 Fennec, continuou durante algún tempo. En 2007 entrou en servizo a variante máis capaz AS355 NP con motores FADEC. En setembro de 2015 Airbus Helicopters anunciou que remataría de fabricar o AS355 para centrarse en helicópteros con mellores vendas (a produción do AS350 aínda continua). A fabricación do AS355 continuou ata 2016 cando se completou a lista de pedidos.[2]

Variantes[editar | editar a fonte]

Bimotores[editar | editar a fonte]

AS355N Twin Squirrel
Twin Squirrel da policía de Malaisia
AS355 Ecureuil 2
AS355 de BBC News
AS355
Prototipo do bimotor Écureuil 2 ou Twin Squirrel.
AS355 E
Versión inicial de produción, cun só sistema hidráulico e dous motores turboeixo Allison 250-C20F.
AS355 F
Versión mellorada cos dous sistemas hidráulicos e un incremento do peso máximo de engalaxe de 2 300 kg.
AS355 F1
Equipado con dous motores Allison 250-C20F e con 2 400 kg de peso máximo.
AS355 F2
Impulsado por dous Allison 250-C20F, con 2 540 kg de peso máximo e un sistema de compensación de guiñada.
AS355 M
Versión armada inicial do AS355 F1.
AS355 M2
Versión armada do AS355 F2. Substituído polo AS555 Fennec.
AS355 N Ecureuil 2
Versión equipada con dous motores Turbomeca Arrius 1A e un sistema de Control de Motor Electrónico con Autoridade Total (FADEC) para un mellor peso máximo na engalaxe (2 600 kg) e un mellor rendemento cun só motor. Púxose tamén a correa do rotor de cola ao longo do lado de estribor da pluma de cola para mellorar o control de xiro.
AS355 NP Ecureuil 2
Introducida en 2007, esta versión ten dous motores turboeixo Turbomeca Arrius 1A1 e unha nova transmisión principal baseada na do AS350 B3, peso máximo na engalaxe incrementado ata os 2 800 kg.[3]
HB.355F Esquilo Bi
Montada no Brasil por Helibras (parte de Eurocopter).
HB.355N Esquilo Bi
Montada no Brasil por Helibras.

Conversións[editar | editar a fonte]

Heli-Lynx 355FX1
Impulsado polo motor Allison C20F. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
Heli-Lynx 355FX2
Impulsado polo motor Allison C20F. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
Heli-Lynx 355FX2R
Impulsado polo motor Allison C20R. Aprobada pola FAA e a TC.
Starflex AS355F1R
AS355 F1 cun motor Allison C20R. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.
Starflex AS355F2R
AS355 F2 cun motor Allison C20R con palas do rotor optimizadas. Aprobada pola FAA, a TC e a EASA.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Taylor 1988, p.61
  2. "Airbus Helicopters ditches AS355 light twin". Flightglobal.com (en inglés). 2015-09-04. Consultado o 2018-11-17. 
  3. "Eurocopter upgrades its most affordable twin, the AS355 Ecureuil/TwinStar – EASA Certification granted on February 15, 2007, Deliveries to commence in May". 2008-12-23. Archived from the original on 23 de decembro de 2008. Consultado o 2018-11-20. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Taylor, John W.R. Jane's All the World's Aircraft 1988–89. Coulsdon, UK:Jane's Defence Data, 1988. ISBN 0-7106-0867-5.