Eurocopter EC145

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eurocopter EC145
SE-JRO EC-145 VBY.jpg
EC145 ambulancia en Gotland
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteEurocopter, Airbus Helicopters
Primeiro voo12 de xuño de 1999
Introducido2002
Produción1999-presente
Unidades construídasUnhas 1 300[1]
VariantesEurocopter UH-72 Lakota

O Eurocopter EC145 (no presente Airbus Helicopters H145) é un helicóptero utilitario lixeiro de dous motores desenvolvido e fabricado por Eurocopter, que pasaría a chamarse Airbus Helicopters en 2014. Orixinalmente coñecido como o BK 117 C2, o EC145 está baseado no MBB/Kawasaki BK 117 C1, que pasou a formar parte dos modelos de Eurocopter en 1992 coa fusión da división de helicópteros Messerschmitt-Bölkow-Blohm de Daimler-Benz e a división de helicópteros de Aérospatiale-Matra para formar Eurocopter.

O EC145 é un aparello bimotor que pode transportar ata nove pasaxeiros, xunto con dous tripulantes, dependendo da configuración da súa cabina. O helicóptero está comercializado para transporte de pasaxeiros, transporte corporativo, servizos de emerxencia médica, busca e rescate e roles utilitarios. En 2015 o EC145 pasou a chamarse H145. Tamén se fabricaron variantes militares do helicóptero baixo varias designacións, como H145M ou UH-72, sendo usadas para adestramento, loxística, evacuación médica, recoñecemento, ataque lixeiro ou transporte de tropas.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Orixe[editar | editar a fonte]

O EC145 foi unha empresa conxunta entre Eurocopter e Kawasaki Heavy Industries baseándose no su exitoso anterior produto, o BK 117 C1. En vez de iniciar un deseño completamente novo, adoptouse a cabina de mando e a moderna aviónica do Eurocopter EC135combinados coa sección traseira do BK 117; Flight International describiu o novo helicóptero, orixinalmente designado BK 117 C2, como nun "90% unha combinación deses dous aparellos".[2] Porén, houbo significativas áreas de redeseño, entre as vantaxes que ten o EC145 sobre os seus predecesores inclúense un maior alcance e capacidade de carga, maior espazo na cabina, menos vibracións e emisión de ruído, e medidas para simplificar o seu mantemento e minimizar os custos de operación.[3] A sinatura de ruído do EC145 é un 60% inferior que a do BK 117 C1.[4]

O novo modelo foi certificado como o BK 117 C2; en decembro de 1997 foi seleccionado pola Sécurité Civile para misións de rescate aéreo, 31 EC145 foron pedidos para substituír á súa frota de vellos Aérospatiale Alouette III por un prezo de 170 millóns de dólares.[5][6] O primeiro EC145 realizou o seu voo de estrea o 12 de xuño de 1999 en Donauwörth, Alemaña; Eurocopter realizou un importante evento de publicidade para novo modelo no Salón Internacional da Asociación de Helicópteros de Estados Unidos en febreiro de 2000.[7] A cerificación de seguridade do EC145 foi outorgada pola alemá Luftfahrt-Bundesamt e a Oficina de Aviación Civil de Xapón en decembro de 2000, e pola Administración Federal de Aviación estadounidense a principios de 2002.

Eurocopter e Kawasaki teñen un acordo baixo o cal ámbalas dúas firmas fabrican e comercializan o helicóptero de forma independente, mentres que traballaban de forma colaborativa no desenvolvemento e actualizacións. Eurocopter ten un 60% do traballo de produción, incluído os rotores, a transmisión intermedia e de cola, sistemas de control, cabina de mando e estrutura da cola; Kawasaki ten o 40% restante, encargándose da fuselaxe, a transmisión principal, e sistemas eléctricos e de combustible.[8] Kawasaki usa a designación BK 117 C2 para o tipo e produce e vende o mercado no mercado asiático; Eurocopter vende o helicóptero en todo o mundo baixo a designación EC145. En novembro de 2004, co final da produción do Mitsubishi MH2000, o BK 117 C2 converteuse no único helicóptero civil fabricado en Xapón.[9] En agosto de 2010 anunciouse que a asociación entre Eurocopter e Kawasaki no desenvolvemento e fabricación do EC145 ampliaríase ata polo menos 2025.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "H145". Airbus. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  2. Gray 2002, p. 30
  3. Gray 2002, p. 30-31
  4. "EC 145 bows in quietly". Aviation International News (en inglés). Consultado o 2018-11-19. 
  5. "1979: BK 117, helicopter manufacturer, helicopter - Eurocopter, an EADS company". 2013-09-21. Consultado o 2018-11-19. 
  6. Gray 2002, p. 31
  7. "Eurocopter/Kawasaki fly EC145". Fight International. Consultado o 2018-11-19. 
  8. "A marriage that lasted" (PDF). Flight International. Consultado o 2018-11-19. 
  9. "Low level of interest forces Mitsubishi to halt sales of MH2000". Flight International. Consultado o 2018-11-19. 
  10. "Eurocopter and Kawasaki extend EC145 partnership". Flightglobal.com (en inglés). 2010-08-02. Consultado o 2018-11-19. 

Bibliografía[editar | editar a fonte]