Eurocopter EC635

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eurocopter EC635
Eurocopter EC-635 P2 Switzerland - Air Force T-358, LSMA Alpnach, Switzerland (modified).jpg
EC635 da Forza Aérea de Suíza
Tipohelicóptero utilitario lixeiro militar
FabricanteEurocopter, Airbus Helicopters
Introducidomaio de 1998
Produción1998-presente

O Eurocopter EC635 (no presente Airbus Helicopters H135M) é un helicóptero lixeiro multipropósito desenvolvido por Eurocopter (agora Airbus Helicopters) como versión militar do Eurocopter EC135. É un aparello de dous motores que pode transportar ata 8 persoas, incluído o piloto, ademais de distintos tipos de equipamento militar ou armamento. O helicóptero está comercializado para transporte de tropas, evacuación médica, transporte de carga, recoñecemento e vixilancia e apoio a misións de combate.[1]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O Eurocopter EC635 foi desenvolvido para cumprir un requerimento do exército portugués para un helicóptero lixeiro de apoio de fogo e evacuación médica, como parte do seu programa para crear unha unidade de aviación especializada, a UALE. O EC635 revelouse por vez primeira na exhibición Aviation Africa en maio de 1998 e o ministro de defensa portugués asinou un acordo en outubro de 1999 por nove helicópteros EC635 T2 equipados con motores Turbomeca Arrius 2B2, cun custo de 35 millóns de euros.[2] A entrega do primeiro aparello portugués agardábase para 2001; porén, continuos atrasos na produción levaron ao Ministerio de Defensa portugués a cancelar o contrato en agosto de 2002, citando o fracaso de Eurocopter por entregar os aparellos entre agosto de 2001 e abril de 2002 como razón. Eurocopter afirmou que os desacordos sobre a integración dos sistemas de armas foron o motivo da cancelación.[3]

A Real Forza Aérea de Xordania acordou mercar os nove helicópteros portugueses en outubro de 2002 e o primeiro aparello foi entregado en xullo de 2003. Xordania pedíu catro helicópteros máis en xaneiro de 2006 e as entregas de todas as unidades remataron en 2007.

En abril de 2006 a Oficina Federal de Contratación de Defensa suíza (Armasuisse) pediu 20 EC635 para a Forza Aérea de Suíza co obxectivo de substituír aos vellos Aérospatiale Alouette III en misións de transporte e adestramento avanzado.[4] Os primeiros catro aparellos foron fabricados por Eurocopter e os outros 16 por RUAG Aerospace en Alpnach, Suíza.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "EC635". Eurocopter. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  2. "Nine EC 635 Helicopters for the Portuguese Army, start-up Customer". Helis. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  3. "Portugal Cancels EC635 Contract". Helis. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  4. "Eurocopter EC635". Swiss Air Force. Consultado o 2 de novembro de 2018.