Eurocopter EC120 Colibri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eurocopter EC120 Colibri
78-22 EC120 Patrulla Aspa 01.jpg
EC120 da Patrulla Aspa
Tipohelicóptero utilitario lixeiro
FabricanteEurocopter, Airbus Helicopters, Harbin Aircraft Industry Group
Primeiro voo9 de xuño de 1995
Introducido1998
Produción1995-2017
Unidades construídasUnhas 700[1]

O Eurocopter EC120 Colibri (no presente Airbus Helicopters EC120 Colibri) é un helicóptero utilitario lixeiro monomotor de cinco asentos. Deseñado e desenvolvido conxuntamente por Eurocopter, China National Aero-Technology Import & Export Corporation (CATIC), Harbin Aviation Industries (Group) Ltd (HAIG) e Singapore Technologies Aerospace Ltd (STAero) nas instalacións de Eurocopter en Marignane. O EC120B foi montado por Eurocopter en Francia e Australia.[2]

En China o aparello é producido por Harbin Aircraft Manufacturing Corporation (HAMC) como o HC120.[3] En 2004 HAMC comezou a fabricación local do HC120 na súa liña de montaxe en Harbin, no norte do país. No mercado chinés o aparello foi adquirido tanto polo Exército Popular de Liberación como por distintas forzas policiais locais.[4]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

O EC120 Colibri ten a súa orixe no P120, unha proposta do fabricante francés Aérospatiale para substituír os seu helicópteros dun motor Aérospatiale Gazelle e Aérospatiale SA 315B Lama. Durante os anos 80 Aérospatiale buscou socios internacionais cos cales coproducir o P120, incluíndo compañías de China, Singapur e Australia.[5][6] A raíz da represión do goberno chinés polas Protestas da Praza Tian'anmen de 1989 expeculouse a exclusión da participación chinesa no proxecto.[7]

O 20 de outubro de 1992 os tres principais socios do proxecto asinaron un contrato de desenvolvemento do novo helicóptero, o recentemente formado Eurocopter, China National Aero-Technology Import & Export Corporation (CATIC) e Singapore Aerospace Ltd (STAero).[8] No marco do acordo de desenvolvemento conxunto, Eurocopter recibiu un 61% de control de interese e o liderato técnico no programa, CATIC recibiu un 24% do traballo e STAero un 15%; CATIC deseñou e fabricou a estrutura da cabina e o sistema de combustible, STAero produciu a pluma de cola, as portas de acceso e os materiais compostos, mentres que Eurocopter encargouse dos conxuntos dinámicos, a aviónica, os sistemas elecétrico e hidráulico, e realizou a montaxe final.[9] O desenvolvemento do aparello permitiu a Eurocopter ampliar a súa gama para incluír un helicóptero de 1,5 toneladas.[8]

O 9 de xuño de 1995 o primeiro prototipo do EC120 Colibri realizou o seu voo de estrea.[8] En febreiro de 1996 o prototipo acumulara 60 horas de voo e uníuselle un segundo aparello ás probas ese mesmo ano.[10] En febreiro de 1997 o EC120 Colibri lanzouse formalmente no salón Helicopter Association International (HAI) en Anaheim, California;[11] en xuño de 1997 recibíranse máis de 50 pedidos para o modelo.[12] En outubro de 1998 había xa máis de 100 pedidos, levando a Eurocopter a incrementar a produción de catro helicópteros por mes a seis.[13] En 2002 Eurocopter estaba en proceso de establecer unha segunda liña de montaxe para o EC120 nas instalacións de Australian Aerospace en Brisbane.

En setembro de 2003 Eurocopter e China Aviation Industry Corporation II (AVIC II) ampliaron o seu acordo de colaboración àra incluír un acordo de coprodución coa subsidiaria de AVIC II Harbin Aircraft Industry Group (HAIG).[14] O 11 de xuño de 2004 asinouse un acordo de produción final; en virtude do mesmo CATIA e HAIG recibían os dereitos exclusivos do mercado en China, e Eurocopter accedeu a parar de vender os EC120 fabricados en Francia no país.[15] En xuño de 2014 o Exército Popular de Liberación converteuse no cliente de lanzamento do HC120 fabricado por Harbin cun pedido de oito unudades e opcións para 50 máis.[15]

O 30 de novembro de 2017 Airbus Helicopters anunciou formalmente o final do programa H120 citando número baixos de entregas. En 2016 só se entregaron cinco H120 en comparación con 63 Robinson R66. Airbus afirmou que se estaba afastando do extremo inferior do espectro e que eses helicópteros non eran tan sofisticados como a súa liña de produtos tradicional.[16]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "H120". Airbus. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  2. "EC120 Assembly Line". Australian Aerospace. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  3. "HC120 [EC-120] Helicopter". Global Scurity. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  4. "EC120". AirForceWorld. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  5. "Australia pulls out of Aerospatiale P120" (PDF). FlightGlobal. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  6. "Aerospatiale to build light helicopters with China and Singapore. (P-120 helicopter)". HighBeam. Arquivado dende o orixinal o 27 de october de 2018. Consultado o 24 de outubro de 2018. 
  7. "Aerospatiale venture faces China crisis". Flight International. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  8. 8,0 8,1 8,2 "History: From Eurocopter to Airbus Helicopters". Airbus Helicopters. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  9. "Light flier". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  10. "EC120 testing reaches 60h". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  11. "Helicopters on the rise". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  12. "Eurocopter wins Dauphin orders". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  13. "'Growing demand' for Colibri prompts production increase". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  14. "Eurocopter expands Chinese deal with EC120". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 "Chinese army ready to launch HC120 after production deal". FlightGlobal. Consultado o 27 de outubro de 2018. 
  16. "Airbus Helicopters terminates H120 program". Vertical. Consultado o 27 de outubro de 2018.