Saltar ao contido

EADS/Northrop Grumman KC-45

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
EADS/Northrop Grumman KC-45
 Instancia de
 Subclase de
Implicados
 Desenvolvedor/a
Características
 Fabricante
 Total producido
0 Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/03qkm61 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

O EADS/Northrop Grumman KC-45 foi unha proposta dun avión de abastecemento en voo baseado no Airbus A330 MRTT. A Forza Aérea dos Estados Unidos (USAF) ordenou 179 KC-45A na primeira etapa para substituír o envellecido Boeing KC-135 Stratotanker actualmente en servizo. Porén, o concurso reabriuse en xullo do 2008 despois dunha protesta de Boeing. En resposta ao novo concurso, o 8 de marzo do 2010, Northrop Grumman anunciou que ía abandonar a súa oferta para o novo contrato, co seu CEO afirmando que os novos requisitos favorecían a Boeing. O 20 de abril do 2010 EADS anunciaba que volvería a competir novamente co KC-45. Finalmente o KC-45 perdería o concurso ante o Boeing KC-46.