Eurocopter EC225 Super Puma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Eurocopter EC225 Super Puma
Bristow Puma G-ZZSK (altered).jpg
Tipohelicóptero de transporte de pasaxeiros
FabricanteEurocopter, Airbus Helicopters
Primeiro voo27 de novembro de 2000
Introducidodecembro de 2004
Principais usuariosCHC Helicopter
Produción1999-presente
Unidades construídasmáis de 170 (2016)[1]
VariantesEurocopter EC725

O Eurocopter EC225 Super Puma (no presente Airbus Helicopters H225) é un helicóptero de transporte de pasaxeiros de longo alcance desenvolvido por Eurocopter como a seguinte xeración da familia civil Super Puma. É un aparello de dous motores que pode transportar ata 19 pasaxeiros xunto con dous pilotos e un asistente de cabina, dependendo da súa configuración. O helicóptero está comercializado para servizos de asistencia en alta mar e tarefas de transporte de pasaxeiros VIP, así como para misións de servizo público.

O EC225, orientado ao uso civil, ten un equivalente militar, que orixinalmente designouse como o Eurocopter EC725; en 2015 pasou a chamarse H225M. O EC225 foi renomeado formalmente como H225 en 2015, en consonancia co cambio de marca corporativo de Eurocopter como Airbus Helicopters.[2]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Tras a crise do petróleo de 1973 as compañías petrolíferas e de gas comezaron operación de exploración e explotación mar adentro, creando así a necesidade de helicópteros máis capaces.[3] O desenvolvemento do EC225, unha versión alongada do AS332 Super Puma, foi anunciado por Eurocopter en xuño de 1998. As principais diferenzas do EC225 con respecto o AS332 son a adopción the adoption da tecnoloxía de rotor Spheriflex e novos motores turboeixo Turbomeca Makila 2A, xunto cunha caixa de cambios principal redeseñada para acomodar os cambios do rotor e do motor, e a adición dun sistema integrado de visualización de voo; eses cambios resultaron en velocidades máis altas e unha maior comodidade para os pasaxeiros, ademais de máis seguridade e menos custos de operación.[4]

O 27 de novembro de 2000 o primeiro prototipo realizou o seu voo de estrea. En xullo de 2004 o tipo obtivo a certificación por parte da Axencia Europea de Seguridade Aérea.[4] En decembro de 2015 o H225, unha nova designación usada para o EC225, recibiu a certificación do Comité de Aviación Interestatal da Comunidade de Estados Independentes; este feito fixo do H225 o primeiro helicóptero pesado estranxeiro en ser certificado en Rusia.[5]

En febreiro de 2014 Airbus Helicopters anunciou na Heli-Expo 2014 o desenvolvemento dunha variante mellorada, o EC225e. Este conta con numerosos cambios como un novo sistema de aviónica, un sistema TCAS II para evitar colisións, un sistema automático de identificación, e un sistema especializado de aproximación a plataformas; tamén se intentou equipar un motor mellorado Turbomeca Makila 2B para incrementar o peso máximo de engalaxe do EC225e uns 550 kg, é un tanque de combustible adicional no compartimento de equipaxe posterior para aumentar o seu alcance ata 300 millas náuticas con 10 pasaxeiros no seu interior. Algunhas das modificacións poden realizarse nos existintes EC225.[6][7] No mesmo anuncio Lease Corporation International dixo que tiña un pedido de 645 millóns de dólares por 15 EC225e (xunto con 6 Airbus Helicopters EC175) como cliente de lanzamento. En febreiro de 2016 o motor Makila 2B foi eliminado do EC225e como medida para reducir custos, aínda que o desenvolvemento dos outros aspectos estruturais e de aviónica seguiu adiante.[8]

En 2015 Airbus Helicopters anunciou no Paris Air Show que comezara a desenvolver un sucesor completamente novo do EC225, inicialmente designado Airbus Helicopters X6.[9] A liña de produción do EC225 está proxectada para que continue fabricando o aparello ata ao redor de 2030, inicialmente solapándose co seu sucesor.[10]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "H225". Airbus. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  2. "Meet the H Generation". Airbus. Consultado o 22 de outubro de 2018. 
  3. "40 Years Retrospective: It’s Been a Wild Ride". Rotor & Wing. Consultado o 2 de novembro de 2018. 
  4. 4,0 4,1 "The EC 225 is Certified IFR by the European Airworthiness Security Agency". Defense-Aerospace. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  5. "Airbus Helicopters’ H225 receives Russian certification". Vertical. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  6. "Airbus Launches Refreshed EC225". Aviation Week Network. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  7. "Airbus adds power, range and automation to EC225". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  8. "Airbus Helicopters drops new engine from H225 upgrade". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  9. "Airbus starts development of new X6 heavy helicopter". Reuters. Consultado o 3 de novembro de 2018. 
  10. "Airbus Helicopters launches X6 concept phase". FlightGlobal. Consultado o 3 de novembro de 2018.