Saltar ao contido

Airbus Beluga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outros termos con igual nome véxase: Beluga e Caviar Beluga.

Airbus Beluga
Logotipo
Representación esquemática
Imaxe
 Instancia de
 Subclase de
 Nome orixinal
Airbus Beluga (en) Editar o valor en Wikidata
 Nome oficial
A300-600ST (mul) Editar o valor en Wikidata
Características
 Impulsado por
 Configuración da á
Implicados
 Operador/a
 Desenvolvedor/a
Datas
 Entrada en servizo
outubro de 1995 Editar o valor en Wikidata
 Primeiro voo
13 de setembro de 1994 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Parte da serie
 Sucedido por
Localización
 País de orixe
Cifras e dimensións
Capacidade2 e 3 Editar o valor en Wikidata
Altura17,24 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude56,15 m Editar o valor en Wikidata
Masa155.000 kg Peso máximo de engalaxe
140.000 kg maximum landing weight (en) Traducir
133.500 kg zero-fuel weight (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Velocidade máxima467 kn e 0,7 Editar o valor en Wikidata
Autonomía2.779 km e 4.632 km Editar o valor en Wikidata
Distancia eixes11,05 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura44,84 m Editar o valor en Wikidata
Área das ás244,8 m² Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional10.668 m Editar o valor en Wikidata
Total producido5 Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/01923_ Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata G:Commons C:Commons

O Airbus A300-600ST (Super Transporter), tamén coñecido como Airbus Beluga ou simplemente como Beluga, é un avión de carga, especializado en cargas voluminosas, deseñado por Airbus a partir do A300, con grandes modificacións para poder levar cargas de gran tamaño. Oficialmente nos seus inicios foi chamado Super Transporter,[1][2] pero o nome Beluga fíxose popular e foi oficialmente adoptado.

Debido á súa historia e estrutura, Airbus ten diferentes centros de produción repartidos por toda Europa, cada un dos cales produce unha parte do avión, que ten que ser trasladada para ser unida ás demais partes na planta final de ensamblaxe. Aínda que a carga de traballo de cada centro varía segundo o modelo, polo xeral distribúense do seguinte xeito: as ás fabrícanse en Reino Unido, o estabilizador horizontal e as portas en España, a fuselaxe en Alemaña e a sección central e a parte dianteira en Francia, as cales son unidas en Tolosa, Hamburgo, Filton ou Sevilla segundo o modelo e versión.

Nun principio os compoñentes levábanse por terra ou por barco, pero o incremento da produción fixo necesario transportalos por aire. Para iso Airbus mercou en 1972 catro Super Guppy (conversións do Boeing 377), que pertenceran ao programa espacial Apolo da NASA. Pero os Super Guppy non deron o resultado que se agardaba, e debido á súa antigüidade tiñan un alto custo de mantemento, ademais a súa capacidade non era suficiente para satisfacer a velocidade de produción das factorías de Airbus. Para arranxar estes problemas creouse o Beluga.

En 1991 Aérospatiale e DASA, dous dos principais participantes en Airbus, comezaron a desenvolver o substituto dos Super Guppy. O punto de partida foi o modelo de fuselaxe ancho Airbus A300: as ás, motores, tren de aterraxe, e a parte baixa da fuselaxe son os mesmos que os do A300, mentres que a parte superior da fuselaxe é unha enorme estrutura en forma de ferradura de 7,7 metros de diámetro. Para facilitar o acceso á zona de carga dende a parte frontal sen ter que desconectar os sistemas eléctricos, hidráulicos e de control de voo, a cabina do A300 foi movida cara a abaixo, e a estrutura de cola foi ampliada e reforzada para manter a estabilidade direccional.

A súa construción comezou en setembro de 1992, e o seu primeiro voo foi en setembro de 1994. Despois de 335 horas de voos de proba conseguiu a certificación en outubro de 1995, e o A300-600ST "Beluga" entrou en servizo. Construíronse catro exemplares máis, un por anos, e na actualidade os cinco aínda operan regularmente. A súa tarefa principal é a de transportas compoñentes de Airbus para a súa ensamblaxe final en Tolosa ou Hamburgo, pero tamén están dispoñibles para o alugueiro, sendo usados para transportar gran variedade de cargas especiais, como compoñentes da estación espacial, grandes e delicadas pezas de arte, maquinaria industrial ou helicópteros enteiros.

  1. Morrison, Murdo. "QUIRKY DOZEN: The 12 strangest-looking aircraft ever built". Flight Global (en inglés). Consultado o 2023-07-12.
  2. Ros, Miquel (2014-01-16). "Airbus' Beluga: The world's strangest-looking airplane turns 20". CNN (en inglés). Consultado o 2023-07-12.