Yolanda Díaz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega.
Infotaula de personaExcelentísima Señora Editar o valor em Wikidata
Yolanda Díaz

(2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Yolanda Díaz Pérez Editar o valor em Wikidata
6 de maio de 1971 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Fene, España Editar o valor em Wikidata
Vicepresidenta segunda
21 de novembro de 2023 –
Vicepresidenta segunda
12 de xullo de 2021 – 21 de novembro de 2023
← Nadia Calviño
Gabinete ministerial: segundo goberno de Pedro Sánchez
Vicepresidenta terceira do Goberno de España
31 de marzo de 2021 – 12 de xullo de 2021
← Nadia Calviño
Gabinete ministerial: segundo goberno de Pedro Sánchez
Ministra de Traballo, Migracións e Seguridade Social de España
13 de xaneiro de 2020 –
← Magdalena Valerio
Deputada de España
Representa: En Común

3 de decembro de 2019 –

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputada de España
16 de maio de 2019 – 3 de decembro de 2019

Circunscrición electoral: Pontevedra

Deputada de España
12 de xullo de 2016 – 21 de maio de 2019

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada de España
4 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016

Circunscrición electoral: Circunscrición electoral da Coruña

Deputada do Parlamento de Galicia
2012 – 2016
Circunscrición electoral: A Coruña

Coordinadora nacional de Esquerda Unida
7 de novembro de 2005 – 3 de xuño de 2017
← Pilar Díaz RomeroEva Solla →
Concelleira de Ferrol
2003 – 2011 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela - Grao de Dereito Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónavogada (1998–2012), política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoMovemento Sumar (2023–)
Unidas Podemos (2019–2023)
Partido Comunista de España (1986–)
Esquerda Unida - Izquierda Unida (1986–2019) Editar o valor em Wikidata
MovementoFeminismo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e lingua galega Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiSuso Díaz Editar o valor em Wikidata
ParentesXosé Díaz Díaz (tío paterno) Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm12306579 Facebook: Yolanda-Díaz-Pérez-1388495761396359 Twitter: Yolanda_Diaz_ Instagram: yolanda.diaz.perez Telegram: yolandadiaz Dialnet: 2701682 Editar o valor em Wikidata

Yolanda Díaz Pérez, nada en Fene o 6 de maio de 1971,[1] é unha dirixente política galega, ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España.

Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida, da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla.[2] Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura) é deputada no Congreso dos Deputados.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É filla de Xesús Díaz Díaz (Suso Díaz), exsecretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia e sobriña de Xosé Díaz Díaz, ex-deputado do Bloque Nacionalista Galego. Foi a primeira das nenas nadas no novo barrio obreiro de San Valentín, Fene, vinculado daquela aos estaleiros de ASTANO. Na adolescencia trasladouse a Santiago de Compostela e estudou no instituto Rosalía de Castro. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, para despois ampliar estudos en París.[1] Realizou tres mestrados, en Urbanismo, en Relacións Laborais e en Recursos Humanos, materia na que está especializada.

Empezou traballando como avogada nun bufete compostelán. En 1998 colexiouse e abriu o seu despacho (laboralista[3]) en Ferrol.[4]

Accedeu á coordinación xeral de Esquerda Unida en 2005, cando era a candidata da formación á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), a cuarta forza máis votada.

Nas eleccións municipais de 2003 foi cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol. A coalición recuperou representación no Concello, da que se vira privada na lexislatura anterior pola crise que derivou na ruptura e o xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes. Obtivo dúas actas de edil, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes.

Acordo de goberno en Ferrol[editar | editar a fonte]

Díaz nunha manifestación da Plataforma Queremos Galego!

Nas eleccións municipais de 2007 foi de novo cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol[5]. Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro edís: Javier Galán, Miguel Reimúndez, Sari Alabau e ela mesma. Tras formalizar un acordo para un goberno co PSOE, foi elixido alcalde o socialista Vicente Irisarri, con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.

O 28 de outubro de 2008, o goberno de coalición rachou. Irisarri permaneceu como rexedor en minoría no PSOE e Esquerda Unida pasou á oposición. Yolanda Díaz mantívose como voceira.

Parlamento de Galicia[editar | editar a fonte]

No 2009 foi a candidata de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas,[6] mais non logrou entrar no Parlamento. En 2012 repetiu pola provincia da Coruña e foi elixida deputada autonómica. Ese ano formaron a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), xunto con Anova-Irmandade Nacionalista, Espazo Ecosocialista Galego e Equo-Galicia. Foi a viceportavoz do seu grupo no Parlamento ata as eleccións xerais de 2015, nas que se presentou ao Congreso dos Deputados.[7]

Congreso dos Deputados[editar | editar a fonte]

É deputada no Congreso dos Deputados desde 2016.[8] Tanto nas eleccións xerais de 2015 como nas de 2016 foi candidata na lista de En Marea pola provincia da Coruña e entrou como deputada por esa provincia. Nas eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos pola Provincia de Pontevedra e foi escollida deputada por estoutra provincia.[9] Dentro do Congreso, foi vogal e portavoz adxunta de varias comisións.[8]

Ministra[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Traballo e Economía Social[10] no goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos, o primeiro na democracia.[11] Tomou posesión o día 13 dese mes. No acto sinalou que o principal reto deste país é recuperar o traballo con dereito, debemos derrogar a reforma laboral para retomar os dereitos das traballadoras e os traballadores.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Yolanda Díaz Pérez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2020-01-06. 
  2. "Eva Solla se hace con el liderazgo de Esquerda Unida y releva a Yolanda Díaz". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-06-04. Consultado o 2020-01-06. 
  3. Olías, Laura. "Yolanda Díaz, la abogada laboralista gallega que tomará las riendas del Ministerio de Trabajo". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2020-01-09. 
  4. Hernández, Nuria (2019-12-04). "Así es Yolanda Díaz, posible nueva ministra de Trabajo: de familia sindicalista, con tres posgrados e íntima de Irene Montero". vf (en castelán). Consultado o 2020-01-06. 
  5. "Resultados de Izquierda Unida en las elecciones municipales y autonómicas del 27 de mayo de 2007" (PDF). web.archive.org. Archived from the original on 06/07/2007. Consultado o 06/01/2020. 
  6. "La ferrolana Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida". www.elcorreogallego.es. Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 2020-01-06. 
  7. "Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da Cámra" (PDF). parlamentodegalicia.es. Consultado o 06/01/2020. 
  8. 8,0 8,1 "Díaz Perez, Yolanda". congreso.en. Arquivado dende o orixinal o 20/07/2019. Consultado o 06/01/2020. 
  9. "Estos son los diputados de Galicia en el Congreso tras las elecciones del 10N". 20minutos (en castelán). 11/11/2019. Consultado o 6/1/2020. 
  10. "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez, uno a uno". La Vanguardia (en castelán). 2020-01-11. Consultado o 2020-01-13. 
  11. Casqueiro, Javier; Pérez, Fernando J. (2020-01-08). "Pedro Sánchez logra la investidura y formará el primer Gobierno de coalición de la democracia". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-01-13. 
  12. "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Laboral -". prensa.empleo.gob.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14.  Arquivado 14 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]