Robèrt Lafont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Robert Lafont, nado en Nîmes en 1923 e finado en Florencia o 24 de xuño de 2009, foi un lingüista, historiador da literatura occitana, poeta, novelista e dramaturgo occitano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi profesor de lingua occitana na Universidade de Montpellier ata 1986. Ténselle destacado pola súa defensa do occitanismo. Home dunha actividade intelectual extraordinaria, fundou o Comitat Occitan d'Estudis e d'Accion (Comité Occitano de Estudios e de Acción, COEA) e asumiu a dirección de diversas publicacións periódicas ("L'ase negre", 1946, "Viure", 1962).

É un escritor prolífico e a súa obra presenta dúas liñas esenciais e integradas: unha de divulgación doutrinal en francés, onde ten estudado a situación non só occitana senón de tódalas minorías dentro do estado francés; e outra propiamente de creación en lingua occitana, que constitúe o punto de partida da verdadeira novela en occitano e que é tamén unha ruptura total coa tradición folclórica anterior. Foi un dos teorizadores do chamado colonialismo interior para facer referencia á situación occitana.

Tamén ten producido teatro de animación social. Foi presidente do Institut d'Estudis Occitans e en 1974 presentou a súa candidatura ás eleccións presidenciais francesas que foi rexeitada.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Dire (1945-53),
  • La loba (1959),
  • Poèma a l'estrangièra (1960)
  • Aire Liure (1974)
  • Lausa per un solèu mòrt e reviudat (1984)

Narracións[editar | editar a fonte]

  • La vida de Joan Larsinhac, (1951)
  • L'Icòna dins l'Iscla (1971)
  • Lo Decameronet (1983)
  • La Festa (1983-84), formada por Lo Cavalier de Març e Lo Libre de Joan.
  • L'enclaus (1992)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • Dòm Esquichòte (1973)
  • Lei cascavèus (1977)
  • La Croisade (1983)

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • La révolution regionaliste (1967)
  • Sur la France (1968),
  • Décoloniser en France (1971)
  • Le travail et la langue (1978) estudo sociolingüístico
  • Nous, Peuple Européen (1991)
  • La Nation, l'Etat, les Regions (1993)