Encontro Irmandiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Encontro Irmandiño
Colectivo político Encontro Irmandiño
Ano fundación 2007
Ideoloxía Nacionalismo galego de esquerdas
Membro de
Ámbito Galiza
Sede central
Líder Xosé Manuel Beiras Torrado
Afiliados -
Web do partido Encontro Irmandiño

O Encontro Irmandiño é un colectivo[1] político galego. Estivo integrado dentro do Bloque Nacionalista Galego desde a súa fundación en 2007 até a súa saída o 12 de febreiro de 2012[2].

Índice

Estrutura

Encontro Irmandiño naceu no proceso de debate da XII Asemblea do BNG como lista da asemblea para defender o asemblearismo que pretendía liquidar, a maioría dominante no BNG. Foi fundado o 21 de xullo de 2007 nunha xuntanza en Santiago de Compostela. Encabezado por Xosé Manuel Beiras Torrado, o Encontro defende unha volta aos principios fundacionais do BNG, como a democracia interna, asemblearismo e a comunicación fluída entre os estamentos da organización[3]. Tense dotado duns documentos de bases, que guían o seu traballo político.

Na XII Asemblea Nacional do BNG, celebrada en Santiago de Compostela o 2 e 3 de decembro de 2006, a lista propugnada polo Encontro Irmandiño conseguiu nove dos cincuenta membros do Consello Nacional e sentou a tres dos membros na Executiva Nacional[4]. Foi a segunda lista en número de votos.

Notas

  1. O Encontro Irmandiño constitúese en colectivo, Galicia Confidencial, 20/07/07
  2. "La corriente de Beiras rompe definitivamente con el BNG", artigo en El País, 12 de febreiro de 2012 (en castelán).
  3. http://irmandinos.blogaliza.org/irmandi%C3%B1os%20or%20irmadi%C3%B1os
  4. Quintana integra a Beiras e catro críticos na executiva dun novo “Bloque de todos”, Galicia Hoxe, 04/12/06

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas