Moviment Socialista de Catalunya

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Moviment Socialista de Catalunya (MSC) foi un partido socialista catalán, fundado no exilio en 1945.

Historia[editar | editar a fonte]

A maioría dos seus militantes procedían do Partit Obrer d'Unificació Marxista mentres outros viñan do Partit Socialista Català, do Partit Socialista Unificat de Catalunya, de Esquerra Republicana de Catalunya e da Confederación Nacional do Traballo. O seu órgano de difusión era Endavant. En 1968, despois dos sucesos de maio en París, o MSC escíndese en dúas correntes, unha socialdemócrata encabezada por Josep Pallach e que dará lugar ó Reagrupament Socialista i Democràtic de Catalunya a outra marxista dirixida por Joan Reventós que dará lugar á Convergència Socialista de Catalunya. En 1975 o MSC deixou de actuar.