Xosé Luís Barreiro Rivas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé Luís Barreiro Rivas
Xosé Luís Barreiro Rivas.jpg
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 5 de xuño de 1949
Lugar: Forcarei, Galicia Flag of Galicia.svg
Falecemento:
Lugar: ,
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Vicepresidente da Xunta de Galicia (1987-1988)
Conselleiro da Presidencia (1982-1986)
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Político e profesor de Ciencias Políticas da USC
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Xosé Luís Barreiro Rivas, nado en Forcarei o 5 de xuño de 1949, é un político, politólogo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Manuel Barreiro Ouro e Dolores Rivas Gulías, naceu na aldea de Suarribas pero ao pouco tempo a súa familia trasladouse á nova casa en Forcarei. Estudou no Seminario Menor de Santiago (1961-1966), na Universidade de Comillas (1966-1970) e na Universidade Complutense de Madrid Filosofía (1970-72) e Ciencias Políticas (1971-1976).

En decembro de 1975 casou con María González González e logo de rematar os seus estudos universitarios entrou, a finais de 1976, como técnico na entón asociación Acción Democrática Española que xa como partido se integraría na Federación de partidos de Alianza Popular. Nas eleccións xerais de 1979 formou parte do equipo de campaña en Pontevedra de Coalición Democrática.

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Redactor dunha postura estatutaria que AP presentou na Asemblea dos 16, representou a AP nas conversas do Hostal para reformular o Estatuto galego saído desta asemblea. Favorable a que AP asumise o autonomismo as súas teses, que contan co apoio de Manuel Fraga, son aceptadas no Congreso Extraordinario de Alianza Popular de Galicia celebrado en Vigo en 1980.

Nas eleccións autonómicas de 1981 encabezou a lista de AP na provincia de Pontevedra saíndo elixido deputado nunhas eleccións nas que estivo á fronte da estratexia electoral do seu partido, creou comités electorais provinciais e un comité electoral rexional que organizou unha campaña electoral, baixo o lema Galego coma ti, centrada na figura de Fraga deixando en segundo plano a figura do candidato á presidencia da Xunta, Xerardo Fernández Albor. AP gañou, contra prognóstico, as eleccións e Barreiro converteuse no verdadeiro home forte do partido en Galicia e no primeiro goberno da autonomía foi conselleiro da Presidencia.

Foi deputado por Alianza Popular no Parlamento de Galicia (1981-1987), conselleiro da Presidencia (1982-1986), foi o home forte do goberno galego durante a presidencia de Xerardo Fernández Albor sempre co pleno apoio de Manuel Fraga, foi o principal responsable da posta en funcionamento da TVG e do seu carácter monolingüe. O 30 de outubro de 1986 nunha manobra para conseguir a dimisión de Albor dimitiu e con el o resto do goberno porén Albor non dimitiu e conseguiu o apoio de Fraga, recompuxo o goberno con Mariano Rajoy como vicepresidente. Barreiro permaneceu no partido pero progresivamente foi perdendo posicións, deixou de ser o secretario xeral de AP de Galicia, a presidencia do partido na provincia de Pontevedra. En xuño 1987 con outros catro parlamentarios deixou AP, fundou a Unión Democrática Galega, na que se adscribiron outros catro deputados pero que tivo apenas vida ao integrarse en Coalición Galega en agosto, e apoiou a moción de censura de Fernando González Laxe, foi vicepresidente no seu goberno por Coalición Galega, dimitiu tras o auto do 28 de xullo de 1988 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no que o procesaba por irregularidades na concesión da lotería autonómica. Esta sentenza foi recorrida perante o Tribunal Supremo, quen en setembro de 1990 o condenou a seis anos de inhabilitación, confirmada con posterioridade polo Tribunal Constitucional. Nas eleccións galegas de 1989 fracasou ao non obter escano de deputado e quedar Coalición Galega con só dous parlamentarios.


Predecesor:
non existiu
Escudo de Galicia.svg
conselleiro da Presidencia

1982-1986
Sucesor:
Manuel Anxo Villanueva Cendón
Predecesor:
Mariano Rajoy
Escudo de Galicia.svg
vicepresidente da Xunta

1987-1988
Sucesor:
Xavier Suárez Vence

Despois da política[editar | editar a fonte]

Xosé Luís Barreiro Rivas é profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago de Compostela. Como xornalista, escribe artigos de opinión como columnista en La Voz de Galicia, publicou diversos ensaios e libros de conversas, e dirixiu e presentou un programa de entrevistas na Televisión de Galicia titulado Volver ao rego (2005-06).

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Ciencia política e ética do poder, 1991, Ir Indo.
  • O crego de Lebozán, (1992), relato breve.
  • A terra quere pobo, 2005, Galaxia.
  • As inxurias da guerra: o que Bush non sabía pero eu si, 2006.

Libros de conversas[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Os partidos políticos en Galicia, 2003
  • Prestige: a catástrofe que despertou a Galiza?, 2003.
  • A lección do "Prestige", 2004.
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional, 2011, Galaxia.

Premios[editar | editar a fonte]

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Parlamento en el desierto, 1993, La Voz de Galicia.
  • La función política de los caminos de peregrinación en la Europa medieval, 1997.
  • El análisis político en la prensa diaria, 1998.
  • Menos muros y más puentes: la ingeniería y la construcción del espacio civilizado, 2007.

Obra en inglés[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • The construction of political space: symbolic and cosmological elements: a study of the Way of St. James, 1999.