Ununtrio
|
|||||
| Previsión de propiedades | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Nome, símbolo, número | Ununtrio, Uut, 113 | ||||
| Serie química | Presumiblemente un metal do bloque p |
||||
| Grupo, período, bloque | 13, 7, p | ||||
| Cor e aparencia | Descoñecido, probablemente metálico prateado, branco ou cinza metálico |
||||
| Masa atómica | supostamente [284] u | ||||
| Configuración electrónica | [Rn] 5f14 6d10 7s²7p1 (suposición baseada no talio) |
||||
| Estado da materia | Presumiblemente sólido | ||||
| Unidades SI e CNTP, agás onde se indica o contrario. | |||||
O Ununtrio (nome provisional, do latín un, un, tres), tamén coñecido como Eka-talio (semellante ao talio) é un elemento químico sintético, con símbolo químico provisional Uut, número atómico 113 (113 protóns e 113 electróns), probablemente de masa atómica [284] u. Pertence ao grupo 13 da táboa periódica.
Descuberto a comezos de 2004 por un equipo de científicos rusos e norteamericanos, é un elemento transuránico , probablemente un sólido de aspecto prateado.
Índice |
Historia[editar]
O 1 de febreiro de 2004, o ununtrio e o ununpentio foron sintetizados, segundo o relatado por un equipo de científicos rusos de Dubna (do "Joint Institute for Nuclear Research"), e científicos norteamericanos do Lawrence Livermore National Laboratory. Este descobremento aínda está á espera de confirmación [1].
O 28 de setembro de 2004, un equipo de científicos xaponeses declararon que obtiveran este elemento con éxito[2][3][4][5].
Ununtrium é un nome sistemático outorgado temporalmente pola IUPAC. É un elemento sintético, e non pode ser encontrado en estado natural.