IUPAC
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Unión Internacional de Química Pura e Aplicada (en inglés International Union of Pure and Applied Chemistry) é unha organización non gubernamental internacional fundada en 1919 que representa a química e as ciencias e tecnoloxías relacionadas con ela.
Promove a cooperación continua entre tódolos químicos dos estados membros, estuda temas de importancia internacional para a química que precisan de estandarización ou codificación; coopera con outras organizacións internacionais en temas de natureza química e contribúe ó avance e á comprensión de tódolos aspectos da química, tanto pura coma aplicada.
A IUPAC é recoñecida coma unha autoridade internacional en nomenclatura química, terminoloxía, símbolos, unidades, pesos atómicos e temas afíns. Os seus informes e recomendacións son de cotío aceptados coma definitivos e son as bases dos regulamentos de manufactura química, comercio internacional e asuntos relacionados coa alimentación, a saúde e o medio ambiente.
[editar] Datos de interese
- Presidente : Prof. Sydnes L. K.
- Secretario xeral : Prof. Black D.StC.
- Tesoureiro : Dr. Buxtorf C.F.
- Contacto :
-
- Dr. Jost J.W.
- IUPAC Secretariat
- P.O. Box 13757
- Research Triangle Park
- NC 27790-3757
- United States