Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A SM-liiga (Suomen Mestaruus Liiga) é a máxima liga profesional de hóckey sobre xeo de Finlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade en Europa.
Creada en 1975, substituíu ao campionato amateur SM-sarja. A SM-Liiga ten un acordo coa Federación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país, sendo o equivalente á National Hockey League en Estados Unidos. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.
Faceoff durante un partido entre Espoo Blues e Oulun Kärpät
A SM-Liiga creouse en 1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finés. A anterior liga, a SM-sarja, era un campionato amateur (na práctica, semiprofesional), e a creación do campionato profesional realizouse en colaboración coa Jääkiekkoliitto, Federación finesa de hóckey sobre xeo, para normalizar a situación dos xogadores e as empresas deportivas. Así mesmo, o campionato permitía o pago a xogadores, patrocinios e traspasos. Outra das novidades que traía a SM-Liiga era a inclusión dos play-offs na estrutura do campionato, algo daquela pouco común no resto de Europa.
Nun principio, a liga comezou con 10 equipos, dos cales os 4 mellores xogarían os playoffs, e había un sistema de promoción entre os peor clasificados da SM-Liiga e os mellores da SM-Sarja, que promovía os trocos de clubs na clasificación. A liga profesional tivo éxito entre a afección, sumado aos éxitos da selección nacional de hóckey sobre xeo, e o número de clubs aumentouse a 12 en 1988.
Na década dos '90 a afluencia de público nos estadios chegou a 1.8 millóns de espectadores, polo que se iniciou o camiño á profesionalización total: a mediados dos '90 tódolos xogadores tiñan contrato a tempo completo, e no 2000 permitiuse o troco de estatuto dos clubs a sociedade limitada.
Dende a tempada 2000-01 e en base á profesionalización total das sociedades deportivas eliminouse o sistema de promoción, pechando a liga, polo que ningún equipo podería ascender dende a Mestis sen a aprobación da SM-liiga. Na tempada 2003-04 o sistema de play-offs aumentouse aos 10 mellores clasificados ao final da liga regular, xogando os equipos clasificados do posto 7 ao 10 unhas series eliminatorias previas para decidir qué dous equipos acompañan aos seis mellores. En 2005 o número de equipos aumentou a 14 clubs. Na tempada 2008-09 recuperouse o sistema de promoción, polo que o equipo campión da Mestis pode acceder á máxima categoría se derrota nos play-out ao equipo peor clasificado da SM-liiga ao finalizar a liga regular, se ben na primeira tempada que se restableceu o sistema de promoción os catro peores clasificados xogaron unhas series eliminatorias das cales o perdedor xogouse a promoción contra o campión da Mestis.
Na tempada 2010-11 introduciuse o Talviklassikko (en galego Clásico de Inverno), un partido xogado ao aire libre no Estadio Olímpico de Helsinki no que se enfrontan os dous equipos da cidade, o HIFK e o Jokerit. Na primeira edición o HIFK derrotou ao Jokerit por 4 goles a 3.[2]
Mapa de Finlandia coa situación xeográfica dos 14 equipos
As posicións corresponden ao final da fase regular da tempada 2012-13.
Antigos participantes [editar]
Lista de clubs descendidos ou cunha nova denominación:
Historial de equipos [editar]
Xogadores participantes [editar]
Fonte: www.eurohockey.com[3]
Estrutura da tempada [editar]
Encontro entre o Ilves e o SaiPa
A SM-Liiga posúe unha tempada regular e playoff polo título. A tempada regular comeza a mediados de Setembro e remata a mediados de Marzo. Hai paróns ao longo do ano dependendo dos compromisos internacionais de Finlandia e un parón polo Nadal de 2 semanas. Os playoff comezan inmediatamente logo do fin da tempada regular e a competición remata a mediados de Abril.
Tempada regular [editar]
Na tempada regular tódolos equipos disputan 60 encontros nos que cada equipo xoga 4 partidos contra calquera outro máis outros 2 con rivais definidos, xeralmente próximos entre eles. Cada partido dura 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos e, en caso de prórroga, xógase un tempo extra con morte súbita de 5 minutos. No caso de que o empate persista, o gañador decídese tras unha rolda de penaltis.
O sistema da liga regular baséase en torno a unha clasificación na que só vale a vitoria para puntuar. O sistema de puntuación está determinado por como concluíu o partido: se o equipo vence no tempo regulamentario gaña 3 puntos, se vence na prórroga 2 e se vence nos penaltis 1. Se un equipo está empatado a puntos con outro na táboa, o equipo que teña unha meirande diferencia de goles estará nun posto máis alto na clasificación, e se se chegara ao extremo de que houbese tamén un empate, a diferencia será polo número de goles anotados.
Ao final da tempada regular, os 6 equipos mellor clasificados na liga regular pasan directamente aos cuartos de final, mentres os equipos entre a sétima e décima posición xogan uns playoff preliminares ao mellor de 3 partidos, nos que os 2 vencedores encherán as 2 posicións vacantes.
Dende a tempada 2007-08 tódalas roldas son ao mellor de 7 partidos e os equipos son colocados segundo a súa posición na liga regular, de tal xeito que o primeiro clasificado xogaría contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, e así sucesivamente, sendo o primeiro campo no que se disputa o partido o do mellor equipo na fase regular. O gañador dos playoff gaña a Kanada-malja (Copa Canadá) mentres que os perdedores da semifinal xogan un partido pola "medalla de bronce".
A diferencia da Liga regular, nos playoff o tempo de prórroga dura 20 minutos a morte súbita.
Estes son os gañadores por tempada da SM-liiga. Só aparecen os campións da Kanada Malja, é dicir, o campión nos playoff. Os campións da liga regular reciben tamén un trofeo, o Harry Lindbladin muistopalkinto, aínda que é menos prestixioso que a medalla de bronce nos playoff, esta relación entre títulos é similar á que existe na NHL americana entre a Stanley Cup e o Presidents' Trophy.
Kanada Malja, trofeo que gaña o campión da Liga finesa
Antes da creación da SM-liiga, en Finlandia existía outro campionato nacional de hockey sobre xeo creado en 1928 denominado SM-sarja, que pasou por varios formatos de competición, dende eliminatorias directas, a liga única sen eliminatorias, a varios grupos de liguiña etc. Na seguinte lista amósase o palmarés de campións dende 1928 ate 1975:
A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende 1928. En negriña o títulos de SM-liiga, e decir, os acadados dende 1976:
| NºTítulos |
Equipo |
Campionatos |
| 16 |
Ilves |
1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972, 1985 |
| 12 |
Tappara |
1959, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 1982, 1984, 1986, 1987, 1988, 2003 |
| 11 |
TPS |
1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001, 2010 (Equipo mais laureado da SM-liiga) |
| 7 |
HIFK |
1969, 1970, 1974, 1980, 1983, 1998, 2011 |
| 6 |
Jokerit |
1973, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002 |
| 5 |
Kärpät |
1981, 2004, 2005, 2007, 2008 |
| 3 |
Ässät* |
1971, 1978, 2013 |
| 3 |
TBK |
1953, 1954, 1955 |
| 3 |
KIF |
1939, 1941, 1943 |
| 3 |
HJK |
1929, 1932, 1935 |
| 2 |
JYP |
2009, 2012 |
| 2 |
Tarmo |
1948, 1949 |
| 2 |
HSK |
1933, 1934 |
| 1 |
HPK |
2006 |
| 1 |
KooVee |
1968 |
| 1 |
RU-38* |
1967 |
| 1 |
Karhut* |
1965 |
| 1 |
Lukko |
1963 |
| 1 |
TaPa |
1931 |
| 1 |
Viipurin Reipas |
1928 |
A SM-liiga ten os seguintes trofeos. A meirande parte dos galardóns posúen nomes de xogadores fineses históricos.
Trofeos a equipos [editar]
Trofeos individuais [editar]
- Kultainen kypärä (casco dourado): Mellor xogador da SM-liiga, votado polos seus compañeiros.
- Trofeo Aarne Honkavaara: Máximo goleador durante a tempada regular.
- Trofeo Jari Kurri: Mellor xogador durante os playoff.
- Memorial Jarmo Wasama: Mellor debutante da tempada.
- Trofeo Kalevi Numminen: Mellor adestrador da tempada.
- Trofeo Lasse Oksanen: Mellor xogador durante a tempada regular.
- Trofeo Matti Keinonen: Xogador máis efectivo.
- Trofeo Pekka Rautakallio: Mellor defensa.
- Trofeo Pentti Isotalo: Mellor árbitro off-ice.
- Trofeo Raimo Kilpiö: Xogador con máis deportividade.
- Trofeo Unto Wiitala: Mellor árbitro no campo.
- Trofeo Urpo Ylönen: Mellor porteiro.
- Trofeo Veli-Pekka Ketola: Xogador que máis goles anotou.
Dereitos de emisión [editar]
Dende a tempada 2007-08 os dereitos de emisión en Finlandia pertencen á canle en aberto privada Nelonen. Canal+ Suomi ofrece tamén varios partidos en modalidade de PPV.
Actualmente a liga finlandesa non pode verse noutros países, aínda que Canal+ Suomi ofreceu partidos on-line por PPV tanto para Finlandia como para o resto de países.
Estatísticas [editar]
Datos de asistencia [editar]
| Ano |
Asistencia media |
| 2002 |
5.231 |
| 2003 |
5.148 |
| 2004 |
5.101 |
| 2005 |
5.143 |
| 2006 |
5.032 |
| 2007 |
4.984 |
| 2008 |
5.101 |
| 2009 |
4.933 |
| 2010 |
4.976 |
| 2011 |
4.850 |
| 2012 |
5.108 |
Líderes históricos [editar]
- Na liga regular[4]
Janne Ojanen, o xogador con máis puntos e asistencias na historia da liga.
Con 1049 partidos, Jan Latvala é o xogador con máis partidos disputados na historia da competición.
- Nos play-offs
Kari Jalonen, o máximo goleador, asistente e o xogador con máis puntos dos
play-offs.
Ilkka Mikkola, o xogador que máis partidos xogou nos
play-offs.
- No play-down
Jussi Markkanen é o porteiro con máis minutos disputados na liga.
- Nos play-offs
Vesa Toskala é o porteiro con máis minutos disputados nos
play-offs.
- Nos play-down
Curiosidades [editar]
Véxase tamén [editar]
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
SM-liiga
|
|
| Equipos |
|
|
| Tempadas |
|
|
| Antigos equipos |
|
|
| Estadios |
|
|
|
|
|
|
|
|
| Competicións e equipos masculinos: |
| SM-liiga |
|
|
| Mestis |
|
|
| Outras categorías |
|
|
|
| Competicións e equipos femininos: |
|
|
| Antigas competicións: |
|
|
|
. . . Competicións entre Clubs de Hóckey sobre Xeo en Europa:
|
|
| Internacionais |
|
|
|
|
|
|
|
Ligas nacionais
|
|
|
|
|
|
|
Antigas ligas
|
|
|
|
|
|
|
Antigas ligas
|
|
|