Espoo Blues

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Espoo Blues
Keller Ryan Blues.jpg
Fundado en 1984
Sede Espoo.vaakuna.svg Espoo,
Uusimaa.vaakuna.svg Uusimaa
Finlandia Finlandia
Cancha Barona-areena
(7.017 espectadores)
Cores Azul, amarelo e branco
                 
Liga SM-liiga
Campionatos 0
Adestrador Finlandia Lauri Marjamäki
Director Petri Pusa
Propietario Jääkiekko Espoo Oy
Espoo Blues Uniform.jpg
Sitio Web http://www.blues.fi/

O Espoo Blues é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo (Finlandia). Actualmente compite na máxima competición do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, onde o seu mellor resultado foi o subcampionato obtido en 2008 e 2011. Xoga os seus partidos como local no Barona-areena, un pavillon con capacidade para 7.017 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado en febreiro de 1984 como Kiekko-Espoo, debutando nunha competición na tempada 1984-85, cando xogou na Segunda División Finesa. En 1988 conseguiron o ascenso á Primeira División Finesa, e en 1992 á SM-liiga tras derrotar ao Joensuun Kiekkopojat por 3-2 nas series ao mellor de cinco partidos. Tero Lehterä anotou o gol da vitoria a pase de Jere Lehtinen.

O Kiekko-Espoo rematou as súas dúas primeiras tempadas na máxima categoría no posto 11 de 12 equipos. Na tempada 1994-95 clasificouse por primeira vez para os 'playoffs, perdendo fronte a Lukko nos cuartos de final. Na tempada 1997-98 sorprendeu ao derrotar nos cuartos de final ao campión da liga regular o TPS. Kiekko-Espoo rematou a tempada na cuarta posición. O verán seguinte o nome do equipo cambiou para adoptar o da cor dominante na súa camisola como local, o azul.

Durante a tempada 1998-99, o equipo trasladouse ao seu pavillón actual, o LänsiAuto Areena (renomeado Barona-areena en 2009 debido a un troco no patrocinador). As primeiras tempadas na súa nova casa foron difíciles a pesar de teren asinado grandes xogadores. Os Blues perdéronse os playoffs en 2001 e 2005. Na tempada 2002-03 realizaron a súa mellor liga regular ao finalizar cuartos, só perdendo fronte ao Tappara (que finalmente se faría co campionato) no tempo extra do sétimo partido dos cuartos de final.

O equipo deu un paso adiante na tempada 2006-07, cando chegou ás semifinais por primeira vez, a pesar de que perdou en tres partidos fronte Kärpät e o partido pola medalla de bronce fronte ao HPK. Durante a tempada 2007-08 conseguiu un novo récord na súa historia ao conseguir gañar 12 partidos consecutivos. Finalmente remataron a liga regular na segunda posición e derrotaron aos seus rivais locais do HIFK nos cuartos de final e aos seus outros rivais locais, Jokerit, nas semifinais semi-finals, chegando polo tanto por primeira vez a unha final e asegurando a primeira medalla da súa historia. Finalmente o equipo rematou subcampión tras perder nas finais fronte ao Kärpät.

Na tempada seguinte, o equipo finalizou nóvamente segundo a liga regular, mais caeu fronte a Kärpät nas semifinais, así como fronte a KalPa no partido pola medalla de bronce. A tempada tamén incluíu a súa participación na Champions Hockey League, onde os Blues perderon nas semifinais contra o ZSC Lions suízo, que finalmente se proclamaría campión. A tempada 2009-10 foi difícil e os Blues non conseguiron superar os cuartos de final. Na tempada 2010-11 rematou a liga regular no 9º posto e derrotou ao Kärpät (8º) na rolda clasificatoria para os playoffs. O equipo fixo historia ao converterse no primeiro equipo da SM-liiga que conseguía chegar ata as semifinais logo de desputar a rolda clasificatoria e tras derrotar ao Ässät en seis partidos. Nas semifinais a boa marcha dos Blues continuou e derrotaron en cinco partidos aos campións da liga regular, o JYP. Nas finais o HIFK se impuxo con claridade en catro partidos, mais os Blues conseguiron a medalla de prata por segunda vez na súa historia.

Na tempada 2011-12 remataron oitavos a liga regular. Logo de derrotar a Lukko na rolda clasificatoria para os playoffs, os Blues víanse as caras co KalPa nos cuartos de final. Os Blues fixeron historia outra vez, cando se converteron no primeiro equipo da SM-liiga en gañar as series tras remontar un 0-3 en contra. Sen embargo, nas semifinais os Pelicans derrotaron os Blues 4-1.

Denominacións[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]