Kanada-malja

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Kanada-malja.

A Kanada-malja (en galego Copa Canadá), coñecido popularmente como "poika" (en galego fillo)[1] é un trofeo de hóckey sobre xeo outorgado cada ano en Finlandia ao campión dos play-offs da SM-liiga. O trofeo recibe o seu nome por ter sido doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O trofeo entregouse por primeira vez en 1951 ao Ilves de Tampere, e estaba formado por unha copa na súa parte superior sobre unha base de madeira. Ao final da tempada 1976-77 engadiuse a primeira capa de madeira adicional, mentres que a segunda foi engadida na tempada 2003-04.[2] Cada ano engádese unha placa de prata co nome do equipo gañador ao trofeo.[1]

En 1992 fíxose unha copia en prata da Kanada-malja e a orixinal foi entregada para exhibirse no Museo finlandés do hóckey sobre xeo, onde está exposta xunto con outros trofeos. Despois do último partido, o equipo campión dos play-offs é presentado co trofeo orixinal, mais pouco despois a copa volta ao museo e é substituída pola copia. O trofeo orixinal está feito de alpaca e a copia está feita completamente de prata.[3][4]

Na tempada 2019-20 a competición foi suspendida para frear a pandemia por coronavirus, o que deixou sen disputar a derradeira xornada da liga regular e todos os partidos dos play-offs, polo que a Kanada-malja non foi entregada a ningún equipo ese ano. O campionato de hóckey sobre xeo finlandés non se suspendía dende a tempada 1943-44, cando se cancelou a tempada por mor da guerra de continuación.[5][6] O gañador da liga regular recibe o Harry Lindbladin muistopalkinto (en galego Trofeo Memorial Harry Lindblad), que non está considerado tan prestixioso como a Kanada-malja.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Campión Prata Bronce Campión da liga regular
Campión da SM-sarja
1951 Ilves Tarmo TBK
1952 Ilves HPK Tarmo
1953 TBK Tarmo TPS
1954 TBK K-Kissat HPK
1955 TBK TPS HIFK
1956 TPS Tarmo Tappara
1957 Ilves TPS Tappara
1958 Ilves Tappara Tarmo
1959 Tappara TK-V HIFK
1960 Ilves Tappara TK-V
1961 Tappara Lukko TK-V
1962 Ilves TK-V Tappara
1963 Lukko Tappara Ilves
1964 Tappara TK-V Ilves
1965 Karhut Ilves Lukko
1966 Ilves Lukko SaiPa
1967 RU-38 TPS Ilves
1968 KOOVEE Ilves TuTo
1969 HIFK Ilves Lukko
1970 HIFK Ilves TuTo
1971 Ässät Jokerit HIFK
1972 Ilves HJK HIFK
1973 Jokerit HIFK Tappara
1974 HIFK Tappara Ilves
1975 Tappara HIFK Ilves
Campión da SM-liiga
1976 TPS Tappara Ässät TPS
1977 Tappara TPS KOOVEE Tappara
1978 Ässät Tappara TPS Tappara
1979 Tappara Ässät TPS Ässät
1980 HIFK Ässät Kärpät TPS
1981 Kärpät Tappara TPS Tappara
1982 Tappara TPS HIFK TPS
1983 HIFK Jokerit Ilves Jokerit
1984 Tappara Ässät Kärpät Tappara
1985 Ilves TPS Kärpät TPS
1986 Tappara HIFK Kärpät Tappara
1987 Tappara Kärpät HIFK Kärpät
1988 Tappara Lukko HIFK Ilves
1989 TPS JyP HT Ilves TPS
1990 TPS Ilves Tappara TPS
1991 TPS KalPa HPK TPS
1992 Jokerit JyP HT HIFK JyP HT
1993 TPS HPK JyP HT TPS
1994 Jokerit TPS Lukko TPS
1995 TPS Jokerit Ässät Jokerit
1996 Jokerit TPS Lukko Jokerit
1997 Jokerit TPS HPK Jokerit
1998 HIFK Ilves Jokerit TPS
1999 TPS HIFK HPK TPS
2000 TPS Jokerit HPK TPS
2001 TPS Tappara Ilves Jokerit
2002 Jokerit Tappara HPK Tappara
2003 Tappara Kärpät HPK HPK
2004 Kärpät TPS HIFK TPS
2005 Kärpät Jokerit HPK Kärpät
2006 HPK Ässät Kärpät Kärpät
2007 Kärpät Jokerit HPK Kärpät
2008 Kärpät Blues Tappara Kärpät
2009 JYP Kärpät KalPa JYP
2010 TPS HPK JYP JYP
2011 HIFK Blues Lukko JYP
2012 JYP Pelicans Jokerit KalPa
2013 Ässät Tappara JYP Jokerit
Campión da Liiga
2014 Kärpät Tappara Lukko Kärpät
2015 Kärpät Tappara JYP Kärpät
2016 Tappara HIFK Kärpät HIFK
2017 Tappara KalPa JYP Tappara
2018 Kärpät Tappara HIFK Kärpät
2019 HPK Kärpät Tappara Kärpät
2020
Non entregado
2021 Lukko TPS HIFK Lukko
2022 Tappara TPS Ilves Tappara
2023 Tappara Pelicans Ilves Tappara

Casificación de equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Campión Prata Bronce Último campionato
Ilves 16 9 12 1985
Tappara 14 13 7 2017
TPS 11 12 4 2010
Kärpät 8 4 6 2018
HIFK 7 5 11 2011
Jokerit 6 6 2 2002
Ässät 3 4 2 2013
TBK 1 0 5 1955
HPK 2 3 9 2019
Lukko 2 3 6 2021
JYP 2 2 5 2012
KOOVEE 1 3 3 1968
Karhut 1 0 0 1965
RU-38 1 0 0 1967
Tarmo 0 3 2
HJK 0 1 0

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Rasinkangas, Toni (11 de maio de 2019). "Kanada-maljaa on runnottu juhlissa vuosikymmeniä, Poika on ollut jopa polttopuina". Hämeen Sanomat (en finés). Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  2. 2,0 2,1 Seppänen, Antti (12 de setembro de 2019). "Kausi käyntiin – mestaruusviiri nousee Hämeenlinnassa" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  3. "Kanada-malja taas rikki!". Iltalehti (en finés). 14 de abril de 2008. Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  4. "EXHIBITIONS" (en inglés). jaakiekkomuseo.fi. Consultado o 6 de xullo de 2020. 
  5. "Liiga kausi päättyy välittömästi" (en finés). Liiga.fi. 13 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 
  6. "Jääkiekon SM-liigakausi päättyy välittömästi – Suomen mestaruutta ei jaeta". Iltalehti (en finés). 13 de marzo de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]