Deutsche Eishockey Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deutsche Eishockey Liga
Fundación 1994
Rexión Alemaña Alemaña
Equipos 14
Actual campión Berlin Eisbären Berlin (7º título)
Máis laureado Berlin Eisbären Berlin (7 títulos)
Emisión en televisión ServusTV, laola1.tv
Sitio web DEL.org
DEL 2012-13

A Deutsche Eishockey Liga ou DEL, é a liga profesional de hockey sobre xeo de Alemaña. Foi creada en 1994 como sustituta da antiga Eishockey-Bundesliga, que dende 1958 estaba administrada pola federación alemana de hockey sobre xeo. Está considerada unha das ligas máis importantes do mundo neste deporte, tan só por detrás da National Hockey League norteamericana e a Kontinental Hockey League do leste europeo. Existen outras ligas europeas profesionais dun nivel comparable ó que ten a DEL, como son as ligas checa, finesa, sueca, suíza e eslovaca.

Dende a súa creación, a DEL ten sido dominada principalmente por 3 equipos: o Adler Mannheim, o Kölner Haie e o Eisbären Berlin, tanto por cantidade de vitorias como por presenzas nas finais, títulos, goles, puntos ou encontros disputados.[1]

Formato[editar | editar a fonte]

Cada tempada da DEL comeza en setembro e remata en abril do ano seguinte. Nela, cada un dos 14 equipos disputa 52 encontros de liga regular, é dicir, 4 encontros fronte a cada rival, 2 como local e 2 como visitante. Os encontros duran 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos. Se ó remate dun encontro persiste o empate, xóganse ata 5 minutos de tempo engadido con morte súpeta. Os equipos puntúan do seguinte xeito:

  • Vitoria no tempo regulamentario: 3 puntos.
  • Vitoria no tempo engadido: 2 puntos.
  • Empate ou derrota no tempo engadido: 1 punto.
  • Derrota no tempo regulamentario: 0 puntos.

Cando esta fase de liga regular remata, os 10 primeiros equipos da táboa pasan a disputar as eliminatorias polo título. Nas eliminatorias previas os equipos 7º, 8º, 9º e 10º buscan un posto nos cuartos de final. Estas eliminatorias son ó mellor de 3 encontros. Os cuartos de final son ó mellor de 7 encontros, mentres que as semifinais e a final son ó mellor de 5 encontros.

Equipos[editar | editar a fonte]

Nome Cidade Estadio Capacidade Fundación Campionatos
Augsburger Panther Augsburg wappen.svg Augsburgo Curt Frenzel Stadium 7.774 1878 0
Eisbären Berlin Coat of arms of Berlin.svg Berlín O2 World 14.200 1954 7
Düsseldorfer EG Wappen der Landeshauptstadt Duesseldorf.svg Düsseldorf ISS Dome 13.400 1935 1
Hamburg Freezers Coat of arms of Hamburg.svg Hamburgo O2 World (Hamburgo) 13.000 2002 0
Hannover Scorpions Coat of arms of Hannover.svg Hannóver TUI Arena 11.200 1975 1
ERC Ingolstadt Wappen Ingolstadt.svg Ingolstadt Saturn Arena 4.815 1964 0
Iserlohn Roosters Stadtwappen der Stadt Iserlohn.png Iserlohn Eissporthalle Iserlohn 5.000 1959 0
Kölner Haie DEU Koeln COA.svg Colonia Lanxess Arena 18.500 1972 2
Krefeld Pinguine DEU Krefeld COA.svg Krefeld König Palast 9.000 1936 1
Adler Mannheim Wappen Mannheim 2011.png Mannheim SAP Arena 13.600 1938 5
EHC Red Bull München Muenchen Kleines Stadtwappen.svg Múnic Olympia Eishalle 6.136 1998 0
Thomas Sabo Ice Tigers Wappen von Nürnberg.svg Núremberg Arena Nürnberger Versicherung 9.400 1980 0
Straubing Tigers DEU Straubing COA.svg Straubing Eisstadion am Pulverturm 6.000 1948 0
Grizzly Adams Wolfsburg Wappen Wolfsburg.png Wolfsburgo Eisarena Wolfsburg 4.660 1975 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
2012-13 Berlín Eisbären Berlin 3 - 1 Colonia Kölner Haie - Mannheim Adler Mannheim
2011-12 Berlín Eisbären Berlin 3 - 2 Mannheim Adler Mannheim - Berlín Eisbären Berlin
2010-11 Berlín Eisbären Berlin 3 - 0 Wolfsburgo Grizzly Adams Wolfsburg - Wolfsburgo Grizzly Adams Wolfsburg
2009-10 Hannóver Hannover Scorpions 3 - 0 Augsburgo Augsburger Panther - Berlín Eisbären Berlin
2008-09 Berlín Eisbären Berlin 3 - 1 Düsseldorf DEG Metro Stars - Berlín Eisbären Berlin
2007-08 Berlín Eisbären Berlin 3 - 1 Colonia Kölner Haie - Núremberg Sinupret Ice Tigers
2006-07 Mannheim Adler Mannheim 3 - 0 Núremberg Sinupret Ice Tigers - Mannheim Adler Mannheim
2005-06 Berlín Eisbären Berlin 3 - 0 Düsseldorf DEG Metro Stars - Berlín Eisbären Berlin
2004-05 Berlín Eisbären Berlin 3 - 0 Mannheim Adler Mannheim - Frankfurt Frankfurt Lions
2003-04 Frankfurt Frankfurt Lions 3 - 1 Berlín Eisbären Berlin - Berlín Eisbären Berlin
2002-03 Krefeld Krefeld Pinguine 3 - 2 Colonia Kölner Haie - Berlín Eisbären Berlin
2001-02 Colonia Kölner Haie 3 - 2 Mannheim Adler Mannheim - Múnic München Barons
2000-01 Mannheim Adler Mannheim 3 - 1 Múnic München Barons - Mannheim Adler Mannheim
1999-00 Múnic München Barons 3 - 1 Colonia Kölner Haie - Colonia Kölner Haie
1998-99 Mannheim Adler Mannheim 3 - 2 Núremberg Nürnberg Ice Tigers - Núremberg Nürnberg Ice Tigers
1997-98 Mannheim Adler Mannheim 3 - 1 Berlín Eisbären Berlin - Berlín Eisbären Berlin
1996-97 Mannheim Adler Mannheim 3 - 0 Kassel Kassel Huskies - Mannheim Adler Mannheim
1995-96 Düsseldorf Düsseldorfer EG 3 - 1 Colonia Kölner Haie - Colonia Kölner Haie
1994-95 Colonia Kölner Haie 3 - 2 Landshut EV Landshut - Berlín BSC Preussen

Antes de que a unificación de Alemaña e de que se levase a cabo a profesionalización do hockey sobre xeo alemán, e polo tanto antes da creación da DEL, na Alemaña do Oeste existía outro campionato nacional de hockey sobre xeo creado en 1958 denominado Eishockey-Bundesliga. Na seguinte lista amósase o palmarés de campións dende 1958 ate 1994:

Táboa histórica[editar | editar a fonte]

Posto Equipo Temp. Xog. Gañ. Emp. Per. Goles+ Goles- Puntos Títulos Finais
1 Adler Mannheim 19 1000 583 27 390 3289 2779 1656 5 8
2 Kölner Haie 19 1000 563 21 416 3394 2740 1643 2 7
3 Eisbären Berlin 19 1000 544 26 440 3420 3104 1594 7 9
4 Nürnberg Ice Tigers 19 994 505 38 451 3090 2949 1497 0 2
5 Krefeld Pinguine 19 994 506 33 455 3206 2974 1463 1 1
6 Düsseldorfer EG 17 890 483 22 395 2771 2491 1344 1 3
7 Augsburger Panther 19 994 440 27 527 3010 3337 1278 0 1
8 Hannover Scorpions 17 900 405 13 482 2688 2921 1231 1 1
9 Frankfurt Lions 16 842 433 20 389 2647 2537 1225 1 1
10 Kassel Huskies 14 732 337 23 372 2099 2195 960 0 1
11 ERC Ingolstadt 11 580 309 13 258 1756 1626 936 0 0
12 Iserlohn Roosters 13 700 299 7 394 2012 2242 920 0 0
13 Hamburg Freezers 11 580 294 10 276 1707 1671 883 0 0
14 BSC Preussen 8 416 216 20 180 1433 1257 567 0 0
15 EHC Wolfsburg 7 372 178 10 184 1130 1057 553 0 1
16 SERC Wild Wings 9 466 190 19 257 1507 1612 535 0 0
17 Straubing Tigers 7 372 156 7 209 999 1198 465 0 0
18 EV Landshut 5 242 152 11 79 922 605 352 0 1
19 München Barons 3 176 113 0 63 560 446 331 1 2
20 Revierlöwen Oberhausen 5 272 103 4 165 776 977 289 0 0
21 Starbulls Rosenheim 6 296 107 18 171 902 1146 284 0 0
22 EHC München 3 156 68 11 77 412 433 218 0 0
23 Moskitos Essen 3 176 59 0 117 464 650 180 0 0
24 Duisburger Füchse 4 212 58 0 154 509 847 171 0 0
25 Kaufbeurer Adler 3 142 42 16 84 449 661 108 0 0
26 Ratinger Löwen 3 142 39 10 93 419 628 94 0 0
27 EC in Hannover 2 94 25 8 61 258 428 59 0 0
28 Lausitzer Füchse 2 94 17 8 69 215 418 46 0 0
29 SC Riessersee 1 50 16 4 30 147 213 37 0 0
30 Maddogs München 1 27 17 1 9 110 84 36 0 0
31 Wölfe Freiburg 1 52 11 0 41 142 241 34 0 0
En amarelo, os equipos participantes na edición 2012/13.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]