Kalevan Pallo
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1929 | |
| Sede | ||
| Cancha | Kuopion jäähalli (5.004 espectadores) |
|
| Cores | Amarelo e negro |
|
| Liga | SM-liiga | |
| Campionatos | 0 | |
| Adestrador | ||
| Propietario | KalPa Hockey Oy |
|
| Equipos(s) afiliado(s) | SaPKo (Mestis) | |
| Sitio Web | http://www.kalpa-hockey.fi | |
O Kalevan Pallo ou KalPa é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Kuopio, Savonia do Norte (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo profesional finés. Xoga os seus partidos como local no Kuopion jäähalli, pavillón con capacidade para 5.004 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
O club foi fundado en 1929, o nome completo da compañía propietaria do equipo é KalPa Hockey Oy. A meirande parte da compañía é propiedade dos xogadores da NHL Sami Kapanen e Kimmo Timonen. Kapanen é o socio maioritario cun 50'5% das accións. Timonen conta co 8%, cando o seu compañeiro de equipo nos Philadelphia Flyers Scott Hartnell fíxose co 5%.
Na tempada 1990-91 gañou a súa primeira medalla de prata da competición, mais en 1999 viuse obrigado a xogar na segunda categoría logo de finalizar a tempada no último posto da liga e descender.
Durante a tempada 2004–05 da NHL Timonen, Kapanen, e Adam Hall xogaron no KalPa. Logo de gañar a Mestis, o KalPa retornou á máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, na tempada 2005-06 tras xogar seis anos na categoría de prata. Tan só tres anos despois, na tempada 2008-09, o KalPa conseguiu a súa segunda medalla da máxima categoría ao facerse coa medalla de bronce.
Palmarés [editar]
- 1 medalla de prata da SM-liiga: 1991
- 1 medalla de bronce da SM-liiga: 2009
- 2 campionatos da Mestis: 2004 e 2005
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en finés)
|
||||||||||||||