Koovee (hóckey sobre xeo)
Koovee | |
---|---|
Fundación | 1929 |
Cidade | Tampere, Pirkanmaa Finlandia |
Estadio | Hakametsä 2 (1 000 espectadores) Tampereen jäähalli (7 300 espectadores) |
Liga | Mestis |
Adestrador | Pauli Järvinen |
Cores | Amarelo, negro e vermello |
Na rede | |
https://www.tampereenkoovee.fi/ |
O Koovee é un equipo de hóckey sobre xeo da localidade de Tampere (Finlandia). Actualmente compite na Mestis, a segunda categoría do hóckey sobre xeo finés, aínda que chegou a xogar na máxima categoría. Xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 espectadores.
Durante moitas tempadas xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, primeiro na SM-sarja e posteriormente na SM-liiga, na que permaneceu ata o seu descenso na tempada 1979-80. Os seus mellores resultados tiveron lugar na década de 1960, cando conseguiu o título da SM-sarja (máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés na época) en 1968, tres medallas de prata (1959, 1962 e 1964) e dúas de bronce (1960 e 1961), conseguindo unha medalla de bronce máis na SM-liiga (máxima categoría) en 1977.
Historia[editar | editar a fonte]
Primeiros anos[editar | editar a fonte]
O club foi fundado en 1929 como club multidisciplinar, e non foi ata 1944 cando as actividades do equipo mudaron do bandy ao hóckey sobre xeo. No primeiro ano do equipo na nova modalidade a súa actividade centrouse no adestramento, e non foi ata o 8 de marzo de 1945 cando o equipo disputou o seu primeiro partido oficial de hóckey sobre xeo, un encontro da liga local fronte o TBK, que rematou con vitoria do TBK por tres goles a un. O primeiro gol, e único no encontro, do equipo foi obra de Pekka Tuominen.[1][2]
O TK-V era membro do Sindicato Deportivo dos Traballadores (en finés Työväen Urheiluliitto, abreviado como TUL) e participaba nas súas competicións.[3] A finais da década de 1940, con Harald Roos na presidencia da Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo, a federación e o TUL comezaron a cooperar e os clubs do sindicato pasaron a competir en ligas organizadas pola federación,[4] o que levou ao TK-V a disputar a Suomi-sarja xunto con outros equipos do sindicato. Con todo, o equipo de Tampere e outros equipos de traballadores tiveron que conformarse novamente con disputar os torneos organizados polo TUL logo da ruptura entre as dúas asociacións.[2]
O club comezou a medrar ata converterse nun equipo popular na cidade xunto co Ilves e o TBK. Ademais a finais da década de 1940 o traballo cos mozos dera xa os seus primeiros froitos logo de que en 1948 o equipo xuvenil conseguira o seu primeiro campionato rexional.[2]
Debut e afianzamento na SM-sarja[editar | editar a fonte]
Cinco anos despois do seu primeiro partido, o equipo de hóckey sobre xeo conseguiu o ascenso á máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-sarja, na que debutou na tempada 1950–51. Este feito fixo que a modalidade se popularizara no club [5] O campionato finlandés estaba daquela organizado en dous grupos, quedando o TK-V encadrado no grupo B xunto co Tarmo de Hämeenlinna, o TBK de Tampere, o Karhu-Kissat e o KIF, estes dous de Helsinqui. O equipo tan só puido sumar un empate e unha vitoria nos oito partidos que disputou e finalizou como pechacancelas do seu grupo, o que motivou o seu descenso de categoría.[6] O xogador máis destacado do equipo no seu debut na SM-sarja foi Reino Rautanen, que sumou un total de 11 puntos nos oito partidos que disputou, con oito goles e tres asistencias, sendo ademais o único xogador do TK-V en superar a decena de puntos.[7]
Logo de dúas tempadas afastado da máxima categoría, o TK-V regresou á elite do hóckey sobre xeo finlandés na tempada 1953–54, desta volta encadrado no grupo A. Desta vez o equipo de Tampere conseguiu catro vitorias e outras tantas derrotas para un total de oito puntos que o situaron na terceira posición do seu grupo, manténdose deste xeito unha tempada máis na máxima categoría.[8] A tempada seguinte o equipo mellorou os seus resultados, o que lle permitiu escalar ata a segunda posición do seu grupo cun rexistro de cinco vitorias, un empate e dúas derrotas. TK-V xogou a eliminatoria pola medalla de bronce fronte ao HIFK de Helsinqui, mais caeu en ambos encontros (5-4 e 3-9).[9]
Campión finlandés[editar | editar a fonte]
O maior logro do equipo foi o campionato da SM-sarja conseguido en 1968. Ao final da tempada 1976-77 da máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, o KooVee conseguiu a súa derradeira medalla do campionato finlandés.[10]
Na tempada 2006-07 xogou na segunda categoría, a Mestis, descendendo esa mesma tempada á Suomi-sarja.
En 2015 o club converteuse en osakeyhtiö (abreviado Oy, sociedade por accións), pasando a denominarse Koovee Hockey Oy.[11]
Na tempada 2017-18 o Koovee finalizou a liga regular da Suomi-sarja na sexta posición, clasificándose deste xeito de forma directa para os play-offs.[12] Na primeira rolda o equipo de Tampere enfrontouse ao terceiro clasificado da liga regular, o FPS de Forssa, ao que derrotou 1-3. Na segunda rolda conseguiu eliminar ao segundo clasificado da liga regular, o Pyry de Nokia en tres partidos (3-0),[13] pasando deste xeito a disputar a promoción á Mestis fronte ao Hermes de Kokkola, penúltimo clasificado de dita competición,[14] caendo en cinco partidos a pesar da vitoria inicial na súa visita ao Kokkolan jäähalli.[15] A pesar da derrota, debido á quebra financeira do Espoo United e á negativa do JHT de Kalajoki a ocupar o lugar do equipo de Espoo, este foi ocupado por Koovee.[16]
Ao finalizar a tempada 2023-24 o comité de licenzas da Mestis non concedeu unha licenza para a tempada 2024-25 ao equipo de Tampere, que viña de finalizar na décima posición a liga regular e caer na primeira rolda dos play-offs. Segundo Mikko Kuparinen, presidente do comité de licenzas, as deficiencias na solicitude do Koovee eran de carácter financeiro, e o club non achegou a información precisa nos prazos estipulados.[17] A situación económica do club encontrábase nunha situación preocupante que o levou a estar baixo a vixilancia da liga, e na primavera un pago importante relacionado coa licenza da Mestis do equipo quedara sen pagar.[18]
Identidade do equipo[editar | editar a fonte]
Nome[editar | editar a fonte]
O equipo foi fundado co nome Tampereen Kilpa-Veljet, e abreviado como TK-V.[2] En finés o nome da letra "K" dise koo e o da "V" vee, o nome actual do equipo viría da pronunciación do nome do equipo abreviado e sen o nome da cidade.
Pavillón[editar | editar a fonte]
O Koovee xogou no mítico estadio de Hakametsä dende a spa inauguración en 1965 ata pouco despois do seu descenso da máxima categoría. Dende o seu ascenso á segunda categoría do hóckey sobre xeo finlandés xoga os seus partidos como local no Hakametsä 2, un pavillón con capacidade para 1 050 persoas e inaugurado en 1974,[19] localizado nas proximidades do estadio de Hakametsä, con capacidade para 7 300 persoas, que foi a casa do equipo e no que continúa a xogar na tempada 2020-21.[20]
A maior entrada rexistrada nun partido como local do Koovee en Hakametsä tivo lugar o 9 de febreiro de 1969, cando 9 951 persoas presenciaron o encontro que o enfrontou ao HIFK de Helsinqui. Pola súa banda, o seu mellor rexistro de asistencia nun partido disputado no estadio de Hakametsä 2 foi o 3 de marzo de 1988 durante un partido fronte ao IkVi de Tampere ante 949 persoas.[11]
Imaxe | Nome | Primeira tempada | Derradeira tempada | Capacidade[a] | Outros usos |
---|---|---|---|---|---|
Tampereen jäähalli | 1965 1988 1994 2018 |
1983 1990 1997 en uso (ocasional) |
7 595[21] | Ilves (1965-) Tappara (1965-) | |
Hakametsä 2 | 1984 1990 1997 |
1988 1994 en uso |
1 050 |
Personalidades[editar | editar a fonte]
Xogadores[editar | editar a fonte]
Capitáns[editar | editar a fonte]
O primeiro capitán do equipo foi Matti Reunamäki, quen ocupou o posto entre 1967 e 1968. A continuación todos os capitáns do equipo:[22]
|
|
Números retirados[editar | editar a fonte]
O KOOVEE ten retirado un único número ao longo da súa historia:[22]
Nº | Xogador | Posición | Carreira | Data da retirada | Referencias |
---|---|---|---|---|---|
10 | Heino Pulli | D |
Adestradores[editar | editar a fonte]
Dende o seu debut na modalidade en 1945 pasaron polo KOOVEE un bo número de adestradores. O primeiro adestrador do equipo foi Usko Teromaa, que ocupou o posto entre 1945 e 1956. Pola súa parte, o sueco Bengt Lindqvist foi o primeiro adestrador estranxeiro do Koovee. A continuación todos os adestradores do equipo:[22]:[22]
|
|
Suomen Jääkiekkoleijonat[editar | editar a fonte]
Dende que se creou o "Salón da Fama" do hóckey sobre xeo finlandés en 1985 (os denominados Suomen Jääkiekkoleijonista ou Leóns do Hóckey sobre Xeo Finlandés en galego), 49 xogadores que defenderon a camisola de Ilves foron introducidos:[22]
# | Nome(s) | Ano de introdución | Período(s) | Referencia(s) |
---|---|---|---|---|
33 | Heino Pulli | 1985 | [23] | |
45 | Seppo Nikkilä | 1986 | [24] | |
47 | Jorma Suokko | 1986 | [25] | |
48 | Matti Reunamäki | 1986 | [23] | |
203 | Matti Rautiainen | 2009 | [23] | |
83 | Usko Teromaa | 1992 | [25] | |
191 | Anssi Koskinen | 2007 | [26] |
Categorías inferiores[editar | editar a fonte]
Un dos obxectivos do Koovee dende os seus inicios foi formar a xogadores novos. Co paso dos anos os equipos de categorías inferiores foron medrando e o primeiro éxito do club non tardou en chegar, cando en 1948 o equipo xuvenil gañou o seu primeiro campionato rexional.[2] Máis tarde chegarían máis campionatos e máis medallas a nivel nacional. En 1959 o equipo de categoría A-nuoret fíxose coa medalla de prata do campionato finlandés, e un ano despois conseguiu o subcampionato. O equipo A-nuoret tería que agardar ata 1971 para conseguir alzarse co campionato da categoría, e esa mesma década conquistou dúas pratas máis en 1975 e 1976. O Koovee proclamouse tammen campión de Finlandia nas categorías B-juniorit (1972) e E-juniorit (1967), nesta última categoría conseguiu tamén un subcampionato en 1969. Na categoría C-juniorit e club conseguiu a medalla de bronce en 1975.[22]
Palmarés[editar | editar a fonte]
Trofeos colectivos[editar | editar a fonte]
- A Kanada-malja (Copa Canadá) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da SM-liiga. É o trofeo principal da SM-liiga. O trofeo foi doado pola comunidade finlandesa do Canadá en 1950. Koovee proclamouse campión de Finlandia nunha única ocasión cando o campionato aínda era denominado SM-sarja: 1968.[27]
- Campión: 1968.[22]
Trofeos individuais[editar | editar a fonte]
- Liiga/SM-sarja
- Trofeo Raimo Kilpiö: entregado dende 1954, antes da profesionalización da liga, ao xogador con máis deportividade. Tres xogadores gañaron o trofeo xogando no equipo:[27]
- Heino Pulli: 1964
- Matti Reunamäki: 1966
- Seppo Nurmi: 1969
- Mestis
- Trofeo Pasi Nurminen: entregado dende 2004 ao mellor porteiro da liga Mestis. Un único xogador ten gañado o trofeo xogando no equipo:[28]
- Eetu Mäkiniemi: 2020
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A capacidade dos pavillóns que se indica corresponde ao número de espectadores en competicións de hóckey sobre xeo.
- Referencias
- ↑ Hirvonen, Ville (1 de xuño de 2018). "Espoon Unitedille korvaaja Mestikseen Tampereelta – plakkarissa myös SM-kulta 1968". Helsingin Uutiset (en finés). Consultado o 18 de decembro de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Lahti, Janne. "Tampereen Kilpa-Veljet (TK-V)". Koskesta voimaa (en finés). Universidade de Tampere. Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ Alvalahti, Markus. "Urheiluelämä Tampereella 1918-1940". Koskesta voimaa (en finés). Universidade de Tampere. Arquivado dende o orixinal o 7 de outubro de 2022. Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ Isotalo, Kimmo (28 de xuño de 2020). "Suomi-kiekon kulissipelihistoria: Kytkeytyminen politiikkaan alkoi 30-luvulla, tekojäiden rakentaminen alkoi ja sitten tulivat mesenaatit". Jatkoaika.com (en finés). Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ "Historia. Vuonna 2019 pyöreitä täyteen, 90 vuotta!" (en finés). Koovee. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1950/51" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "1950-1951 REGULAR SEASON PLAYER STATS" (en inglés). EliteProspects.com. Consultado o 5 de maio de 2024.
- ↑ "Championnat de Finlande 1953/54" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ "Championnat de Finlande 1954/55" (en francés). passionhockey.com. Consultado o 19 de decembro de 2020.
- ↑ Seppänen, Antti (26 de outubro de 2016). "Perinnesarja, osa 4: Tapparan marssi mestariksi 1977" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 30 de marzo de 2020.
- ↑ 11,0 11,1 "Mestisjoukkueet 2020-2021". Jääkiekko kirja 2021 (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto e Jääkiekkon SM-liiga Oy. p. 194. ISSN 0784-3321.
- ↑ "Clasificación da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Play-offs da Suomi-sarja 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Clasificación da Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Promoción á Mestis 2017-18" (en finés). Suomen Jääkiekkoliitto. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ "Información da sección de hóckey sobre xeo no sitio web do club polideportivo Koovee" (en finés). koovee.fi. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ Teiskonlahti, Riku; Raunio, Antti (29 de abril de 2024). "Iso yllätys: Koovee ei saanut Mestis-paikkaa – ”Aikaa olisi ollut, jos olisi ollut halua ja kykyä”". Aamulehti (en finés). Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ Teiskonlahti, Kirsi; Kauppinen, Liisa (2 de maio de 2024). "Nämä luvut paljastavat Kooveen karun tilanteen – Mestiksestä pois potkitun seuran johto hiljenee". Aamulehti (en finés). Consultado o 4 de maio de 2024.
- ↑ "Jäähallit" (en finés). Cidade de Tampere. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Koovee" (en finés). Mestis. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "TAMPERE ICE STADIUM (HAKAMETSÄ ICE STADIUM)" (en inglés). visittampere.fi. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2020. Consultado o 17 de febreiro de 2020.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 22,3 22,4 22,5 22,6 22,7 22,8 "SUOMALAISTA JÄÄKIEKKOHISTORIAA" (en finés). Koovee Hockey Oy. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ 23,0 23,1 23,2 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (P-R)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (M-O)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ 25,0 25,1 "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (S-U)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ "JÄÄKIEKKOLEIJONAT (J-L)" (en finés). Suomen Jääkiekkoleijonat. Consultado o 19 de decembro de 2022.
- ↑ 27,0 27,1 "Palkinnot" (en finés). Liiga.fi. Consultado o 13 de decembro de 2020.
- ↑ "Pasi Nurminen -palkinto: Eetu Mäkiniemi". Mestis (en finés). 24 de marzo de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Koovee |