Ritari-areena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 60°59′42″N 24°25′55″W / 60.99500°N 24.43194°W / 60.99500; -24.43194

Ritari-areena
Rinkelinmäki HPK-HIFK lämmittely.jpg
Interior do Ritari-areena.
Datos
Localización Hämeenlinna, Finlandia Finlandia
Outros nomes Hämeenlinnan jäähalli
Rinkelinmäen jäähalli
Ritarihalli
Patria-areena
Construción
Inauguración 1979
Estadio
Capacidade 5.360 espectadores
Localía HPK (1979-)
Eventos
Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2009

O Ritari-areena (anteriormente chamado Ritarihalli, Rinkelinmäen jäähalli, Hämeenlinnan jäähalli e Patria-areena) é un pavillón deportivo da cidade de Hämeenlinna, Finlandia. É empregado principalmente para a práctica do hóckey sobre xeo, sendo a casa do Hämeenlinnan Pallokerho (HPK), que compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a SM-liiga. Foi inaugurado en 1979 e remodelado en 2008. A súa capacidade alcanza os 5.360 espectadores. O seu mánager é Jorma Hassinen.

Historia[editar | editar a fonte]

En 1963 construiuse en Rinkelinmäki unha pista de patinaxe artificial. Foi cuberto logo de pasar a ser propiedade da cidade en 1979, pasando a ser chamado arena. O proxecto do pavillón comezou en 1976 pola presión do HPK. Esto levou á formación dun comité que foi dirixido polo presidente do HPK, o xerente de banco Seppo Nenonen. O punto de partida non foi bo debido á actitude da cidade. O comité realizou un plan de propiedade baseado nas súas investigacións sabendo os gastos mínimos para o seu éxito, que aínda así non estaba garantizado. Tiveron que prescindir de todo o espazo extra. O máis importante foi que se obterían algúns teitos.

O pavillón foi deseñado polo departamento de arquitectura da cidade, dirixido polo arquitecto municipal Heikki Aitola. Os plans de reforma posteriores foron realizados na súa maioría polo arquitecto Seppo Ilmarinen para o departamento de arquitectura da cidade e polo seu fillo, o arquitecto Petri Ilmarinen.

Hämeenlinnan Jäähalli Oy, a compañía que xestiona o pavillón, foi fundada o 3 de febreiro de 1992. Nese mesmo ano finalizouse unha pista de adestramento e en 1996 o pavillón ampliouse en base aos requisitos da SM-liiga. Estes requisitos inclúen que todos os pavillóns da liga deben ter capacidade para como mínimo 5.000 espectadores. Ao mesmo tempo a propiedade do pavillón pasou ás mans da empresa.

En 2002 cambiouse o seu nome polo de Ritarihalli, e en 2008 foi remodelado para acoller a 5.360 espectadores e mellorar outras zonas como as de restaurantes.

O pavillón foi a sede do Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo feminino de 2009, con partidos que se celebraron tanto na pista principal como nas de adestramento.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]