Extraliga Checa (hóckey sobre xeo)
| Fundación | 1993 |
|---|---|
| Rexión | |
| Equipos | 14 |
| Actual campión | |
| Máis laureado | |
| Emisión en TV | Česká televize |
| Sitio web | hokej.cz |
A Extraliga Checa (en checo Extraliga ledního hokeje ou ELH) é a máxima competición de hóckey sobre xeo na República Checa e catalogada pola IIHF como a terceira liga nacional máis importante de Europa.[1] Esta liga é unha importante canteira de xogadores, exportando talentos tódolos anos ás dúas grandes ligas do mundo, a Kontinental Hockey League (KHL) euroasiática e á National Hockey League (NHL) norteamericana. Actualmente está integrada por 14 equipos e o club máis laureado da historia da competición é o VHK Vsetín con seis títulos ligueiros. A televisión que retransmite a competición é a Česká televize.
Índice |
Historia[editar]
Esta liga creouse en 1993 trala separación administrativa de Checoslovaquia nas actuais repúblicas de Chequia e de Eslovaquia, polo cal a Liga checoslovaca se dividiu en dúas ligas: a Extraliga Checa e a Extraliga Eslovaca.
Denominacións ao longo da súa historia[editar]
En moitas ocasións o nome da liga estivo vencellado a un patrocinador, polo que a súa denominación foi variando moito ao longo da súa historia:
- Na tempada 1999-2000: Staropramen Extraliga
- Na tempada 2001-02: Český Telecom Extraliga
- Dende o 2003 ao 2006: Tipsport Extraliga
- Dende o 2007 ao 2010: O2 Extraliga
- Dende o 2010: Tipsport Extraliga
Formato[editar]
A Extraliga Checa está formada por 14 equipos que xogan un total de 52 partidos na liga regular. Os 10 mellores equipos ao final da liga regular desputan os play-offs polo título, mais coa particularidade de que os equipos que finalizaron entre o 7º posto e o 10º desputan unha rolda eliminatoria previa no formato do mellor de cinco encontros para decidir qué dous equipos acompañarán aos seis mellores nos cuartos de final do play-off, que se desputan ao mellor de sete encontros.
Dende a tempada 2006-07, o equipo que consigue a vitoria no tempo regulamentario consigue tres puntos, se gaña na prórroga consigue dous puntos e o equipo que perde na prórroga recibe un punto. Se fora necesario, realizaríase unha quenda de penaltis para decidir ao gañador do encontro.
Os catro últimos clasificados ao final da liga regular (dos postos 11 ao 14) desputan un play-out pola permanencia na máxima categoría, xogando 12 partidos entre eles nos que as vitorias conseguidas na liga regular contan para a clasificación. O último clasificado da liguiña descende á Primeira División, mentres que o gañador consigue a permanencia, mentres que o último clasificado xoga unha serie ao mellor de sete partidos contra o campión da Primeira División, o perdedor desta serie xoga á tempada seguinte na segunda categoría.
Equipos participantes na tempada 2012-13[editar]
| Nome | Cidade | Estadio | Capacidade | Fundación | Campionatos |
|---|---|---|---|---|---|
| Bílí Tygři Liberec | Tipsport Arena | 7.500 | 1956 | 0 | |
| Mountfield České Budějovice | Budvar Arena | 6.421 | 1928 | 0 | |
| Energie Karlovy Vary | KV Arena | 6.000 | 1932 | 1 | |
| ČSOB Pojišťovna Pardubice | ČEZ Arena | 10.194 | 1923 | 3 | |
| HC Plzeň | ČEZ Arena | 8.420 | 1929 | 1 | |
| PSG Zlín | Zimní stadion Luďka Čajky | 7.500 | 1928 | 1 | |
| Verva Litvínov | Zimní stadion Ivana Hlinky | 7.000 | 1945 | 0 | |
| Rytíři Kladno | Zimní stadion | 8.600 | 1924 | 0 | |
| Slavia Praha | O2 Arena | 17.360 | 1900 | 2 | |
| Sparta Praha | Tipsport Arena | 13.995 | 1903 | 4 | |
| Oceláři Třinec | Werk Arena | 5.200 | 1929 | 1 | |
| Vítkovice Steel | ČEZ Aréna | 9.821 | 1928 | 0 | |
| Piráti Chomutov | ČEZ Arena | 5.050 | 1945 | 0 | |
| HC Kometa Brno | Kajot Arena | 7.200 | 1953 | 0 |
- NOTA: A localización dos equipos no mapa corresponde coa tempada 2010-11
Palmarés[editar]
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||||||||||||||||||||