MOL Liga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MOL Liga
Fundación2008
RexiónHungría Hungría (5 equipos)
Romanía Romanía (2 equipos)
Eslovaquia Eslovaquia (1 equipo)
Equipos14
Actual campiónHungría MAC Budapest (1º título)
Máis laureadoHungría DVTK Jegesmedvék (3 títulos)
Sitio webwww.molliga.eu
MOL Liga 2013-2014

A MOL Liga é unha liga internacional de hóckey sobre xeo na que compiten equipos de Hungría, Romanía e Eslovaquia. Está patrocinada polo grupo petroquímico húngaro MOL Group.

Os partidos xogados entre os equipos húngaros contan tamén para o Campionato Nacional Húngaro, o OB I bajnokság. Os equipos romaneses tamén compiten no Campionato Nacional Romanés, a Liga Naţională.

Historia[editar | editar a fonte]

A MOL Liga foi creada na tempada 2008-09, e na súa primeira tempada estaba formada por seis equipos húngaros e catro romaneses. O HC Csíkszereda permaneceu imbatido na post-tempada e gañou o primeiro título da competición.

Na segunda tempada, o número de equipos baixou, contando agora con cinco equipos húngaros e dous romaneses. Despois da liga regular, o título foi decidido por medio dunha final a catro. Os Budapest Stars enfrontáronse ao Újpesti TE na final, despois de vencer respectivamente ao SC Csíkszereda e ao Dab. Docler. O Újpest comezou o partido mellor, tomando vantaxe tan só un minuto e medio despois do inicio. Con todo, os acontecementos deron un xiro de 180º e dúas horas despois foron os Budapest Stars os que levantaron o trofeo, logo de gañar o partido por 3 goles a 1.

Equipos[editar | editar a fonte]

Equipos actuais[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Pavillón Capacidade
DAB-Docler Hungría Dunaújváros Dunaújvárosi Jégcsarnok 4.000
Ferencvárosi TC Hungría Budapest Pesterzsébeti Jégcsarnok 1.500
Miskolci Jegesmedvék Hungría Miskolc Miskolc Ice Hall 1.304
Újpesti TE Hungría Budapest Újpesti Jégcsarnok 2.200
Corona Brașov Romanía Brașov Brașov Olympic Ice Rink 1.584
HSC Csíkszereda Romanía Miercurea Ciuc Vákár Lajos Ice Hall 2.000
HC Mikron Nové Zámky Eslovaquia Nové Zámky Fero-Stav Aréna Nové Zámky 2.500
Debreceni Hoki Klub Hungría Debreceni HK Debreceni Jégcsarnok 500[1]

Antigos equipos[editar | editar a fonte]

Equipo Cidade Anos en competición
Budapest Stars (Vasas Stars, Vasas HC) Hungría Budapest 2008–2011
SAPA AV19 Székesfehérvár II Hungría Székesfehérvár 2008–2009; 2010–2012
CS Progym Gheorgheni Romanía Gheorgheni 2008–2009
HC Csíkszereda Romanía Miercurea Ciuc 2008–2009
Steaua Rangers Romanía Bucarest 2008–2009; 2010–2012

Campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Resultado Finalista
2008–09 Romanía HC Csíkszereda 3-0[2] Romanía SC Csíkszereda
2009–10 Hungría Budapest Stars 3-1[3] Hungría Újpesti TE
2010–11 Romanía HSC Csíkszereda 4-1[4] Hungría Dunaújvárosi Acélbikák
2011–12 Hungría Dunaújvárosi Acélbikák 4-0[5] Hungría Miskolci JJSE
2012–13 Hungría Dunaújvárosi Acélbikák 4-2[6] Romanía HSC Csíkszereda
2013–14 Eslovaquia Nové Zámky 4-2[7] Romanía Corona Wolves Braşov
2014–15 Hungría Miskolci Jegesmedvék 4-0[8] Eslovaquia HC Mikron Nové Zámky
2015–16 Hungría DVTK Jegesmedvék 4-0[9] Hungría MAC Budapest
2016–17 Hungría DVTK Jegesmedvék 4-1 Hungría MAC Budapest
2017–18 Hungría MAC Budapest 4-1 Hungría DVTK Jegesmedvék

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  4. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  5. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2018. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  7. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2014. Consultado o 22 de novembro de 2014. 
  8. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2018. Consultado o 05 de maio de 2018. 
  9. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2017. Consultado o 05 de maio de 2018.