Vaasan Sport

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vaasan Sport
Fundación1939
Cidade Vaasa,
Ostrobotnia
Finlandia Finlandia
EstadioVaasa Arena
(4.448 espectadores)
LigaLiiga
Campionatos3 (Mestis)
AdestradorFinlandia Pasi Räsänen
Afiliado(s)Waasa Red Ducks (Suomi-sarja)
CoresVermello, negro e branco
                 
Na rede
http://www.vaasansport.fi/

O Vaasan Sport ou simplemente Sport é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Vaasa (Finlandia). Compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a Liiga, dende a tempada 2014-15. Foi fundado en 1939 e xoga os seus partidos como local no Vaasa Arena, un pavillón con capacidade para 4.448 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O Vaasan Sport foi fundado en 1939, e en 1975 participou na tempada inaugural da máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga, mais descendeu esa mesma tempada, non volvendo ascender á categoría.

Logo do descenso, o Sport competiu na primeira división finesa (actual Mestis), ata que descendeu na tempada 1991-92 á segunda división. Non foi ata 1997 cando o equipo retornou á primeira división, cun gol de ouro anotado por Kari Teräväinen que decidiu o partido fronte ao Kiekko-67.

A tempada 2008-09 foi un grande éxito, conseguindo o campionato da Mestis por primeira vez na súa historia. Porén, o equipo perdeu o último partido (nunha serie disputada ao mellor de sete encontros) fronte ao Porin Ässät na liguiña de cualificación e permaneceu na Mestis. As series de promoción pecháronse e o Sport quedou a 1 gol de ascender á SM-liiga.

O Vaasan Sport loita dende o 2000 contra os problemas económicos que case o levan á ruína. Mais a directiva do club realizou melloras para asegurar o futuro do club reducindo o presuposto e contratando un novo adestrador, o ex-campión do mundo Antti Törmänen, que construíu un equipo novo dende cero.

O 28 de febreiro de 2014 anunciouse o regreso do Sport á máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, a Liiga, logo de que o Jokerit de Helsinqui abandonara o campionato finlandés para competir na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.[1]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Números retirados[editar | editar a fonte]

  • 29 Håkan Hjerpe
  • 27 Tomi Väkelä
  • 14 Sami Laaksoharju (non foi retirado oficialmente, mais non circula dende a morte de Laaksoharju)

Adestradores destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. liiga.fi, ed. (28 de febreiro de 2014). "Vaasan Sport Liigaan" (en finlandés). Arquivado dende o orixinal o 08 de abril de 2014. Consultado o 7 de abril de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]