Liiga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SM-liiga
LigoLiiga.jpg
Fundación 1975
Rexión Finlandia Finlandia
Equipos 14
Actual campión Oulu Kärpät (6º título)
Máis laureado Turku TPS (10 títulos[1])
Televisión URHOtv
Nelonen Pro 1
Nelonen Pro 2
Lema Draamaa ja rytinää
Sitio web SM-liiga.fi
Hockey current event.svg SM-liiga 2013-2014

A Liiga (anteriormente denominada Suomen Mestaruus Liiga ou SM-liiga en finlandés, e FM-ligan en sueco) é a máxima liga profesional de hóckey sobre xeo de Finlandia, e unha das ligas máis famosas nesa modalidade en Europa, sendo catalogada pola IIHF como a segunda mellor liga nacional máis importante do continente.[2]

Creada en 1975, substituíu ao campionato amateur SM-sarja. A SM-Liiga ten un acordo coa Federación Finesa de Hóckey sobre xeo, polo que está considerada coma o campionato principal do país, sendo o equivalente á National Hockey League en Estados Unidos. Ademais, o hóckey sobre xeo está considerado un dos deportes nacionais de Finlandia.

Historia[editar | editar a fonte]

Faceoff durante un partido entre Espoo Blues e Oulun Kärpät

A SM-Liiga creouse en 1975 para desenvolver a profesionalización do hóckey sobre xeo finés. A anterior liga, a SM-sarja, era un campionato amateur (na práctica, semiprofesional), e a creación do campionato profesional realizouse en colaboración coa Jääkiekkoliitto, Federación finesa de hóckey sobre xeo, para normalizar a situación dos xogadores e as empresas deportivas. Así mesmo, o campionato permitía o pago a xogadores, patrocinios e traspasos. Outra das novidades que traía a SM-Liiga era a inclusión dos play-offs na estrutura do campionato, algo daquela pouco común no resto de Europa.

Nun principio, a liga comezou con 10 equipos, dos cales os 4 mellores xogarían os playoffs, e había un sistema de promoción entre os peor clasificados da SM-Liiga e os mellores da I-divisioona (a que daquela era a segunda categoría), que promovía os trocos de clubs na clasificación. Os dez equipos que participaron na primeira edición foron os oito mellor clasificados da derradeira edición da SM-sarja, que foron acompañados polos dous mellores equipos da I-divisioona, Sport e FoPS, que ascenderon á máxima categoría.[3][4] A liga profesional tivo éxito entre a afección, sumado aos éxitos da selección nacional de hóckey sobre xeo, e o número de clubs aumentouse a 12 en 1988.

Na década dos '90 a afluencia de público nos estadios chegou a 1.8 millóns de espectadores, polo que se iniciou o camiño á profesionalización total: a mediados dos '90 tódolos xogadores tiñan contrato a tempo completo, e no 2000 permitiuse o troco de estatuto dos clubs a sociedade limitada.

Dende a tempada 2000-01 e en base á profesionalización total das sociedades deportivas eliminouse o sistema de promoción, pechando a liga, polo que ningún equipo podería ascender dende a Mestis sen a aprobación da SM-liiga. Na tempada 2003-04 o sistema de play-offs aumentouse aos 10 mellores clasificados ao final da liga regular, xogando os equipos clasificados do posto 7 ao 10 unhas series eliminatorias previas para decidir qué dous equipos acompañan aos seis mellores. En 2005 o número de equipos aumentou a 14 clubs. Na tempada 2008-09 recuperouse o sistema de promoción, polo que o equipo campión da Mestis pode acceder á máxima categoría se derrota nos play-out ao equipo peor clasificado da SM-liiga ao finalizar a liga regular, se ben na primeira tempada que se restableceu o sistema de promoción os catro peores clasificados xogaron unhas series eliminatorias das cales o perdedor xogouse a promoción contra o campión da Mestis.

Na tempada 2010-11 introduciuse o Talviklassikko (en galego Clásico de Inverno), un partido xogado ao aire libre no Estadio Olímpico de Helsinki no que se enfrontan os dous equipos da cidade, o HIFK e o Jokerit. Na primeira edición o HIFK derrotou ao Jokerit por 4 goles a 3.[5] O éxito do derbi da capital levou a reeditar os duelos ao aire libre entre os dous principais equipos da cidade de Tampere, o Tappara e o Ilves, que o 9 de abril de 2013 se enfrontaron no Tampereen stadion, no que foi a primeira edición do Open Ice Winter Classic Tampere.[6]

Na tempada 2013-14 a competición mudou o seu nome e imaxe, pasando a denominarse símplemente Liiga, ademáis a principios desa mesma tempada anunciouse que o Jokerit deixaría a competición para pasar a xogar na Kontinental Hockey League (KHL) a partir da tempada 2014-15.[7][8] O equipo de Helsinki será sustituído para a tempada 2014-15 polo Sport de Vaasa logo de ter sido aceptado pola Liiga.[9]

Equipos[editar | editar a fonte]

Mapa de Finlandia coa situación xeográfica dos 14 equipos
Nome Cidade Estadio (capacidade) Fundación Último ascenso Posición Campionatos
Blues Espoo.vaakuna.svg Espoo Barona-areena (7.000) 1984 1992 6º (cuartofinalista) 0
HIFK Helsinki.vaakuna.svg Helsinqui Helsingin jäähalli (8.100) 1945 1975 9º (rolda previa) 6
HPK Hämeenlinna.vaakuna.svg Hämeenlinna Ritari-areena (5.360) 1929 1988 10º (cuartofinalista) 1
Ilves Tampere.vaakuna.svg Tampere Hakametsän jäähalli (7.800) 1931 1975 11º (non clasificado) 16
JYP Jyväskylä.vaakuna.svg Jyväskylä Synergia Areena (4.618) 1977 1985 5º (cuartofinalista) 2
KalPa Kuopio.vaakuna.svg Kuopio Niiralan monttu (5.225) 1929 2005 14º (non clasificado) 0
Kärpät Oulu.vaakuna.svgOulu Oulun Energia Areena (6.614) 1946 2000 1º (campión) 5
Lukko Rauma.vaakuna.svg Rauma Kivikylän Areena (5.400) 1936 1984 3º (terceiro) 1
Pelicans Lahti.vaakuna.svg Lahti Isku-areena (5.098) 1992 1999 8º (cuartofinalista) 0
SaiPa Lappeenranta.vaakuna.svg Lappeenranta Kisapuiston jäähalli (4.847) 1948 1996 4º (cuarto) 0
Sport Vaasa.vaakuna.svg Vaasa Vaasa Arena (3.800) 1939 2014 2º da Mestis (cuartofinalista da Mestis) 6
Tappara Tampere.vaakuna.svg Tampere Hakametsän jäähalli (7.800) 1955 1975 2º (subcampión) 15
TPS Turku.vaakuna.svg Turku HK Areena (11.820) 1929 1975 13º (non clasificado) 11
Ässät Porin vaakuna.svg Pori Porin jäähalli (6.500) 1967 1990 12º (non clasificado) 3

As posicións corresponden ao final da fase regular da tempada 2013-14. Entre paréntese sinálase a posición final ou a rolda de play-off.

Antigos participantes[editar | editar a fonte]

Lista de clubs descendidos ou cunha nova denominación:

  • FoPS foi descendido en 1977 e actualmente chámase FPS.
  • JoKP foi descendido en 1992 e actualmente é denominado Jokipojat.
  • JyP HT é denominado actualmente JYP.
  • Kiekko-Espoo agora Blues.
  • Kiekkoreipas, Hockey-Reipas, Reipas nomes anteriores dos Pelicans.
  • KooKoo descendido en 1990.
  • KOO-VEE descendido en 1980.
  • TuTo descendido en 1996.

Historial de equipos[editar | editar a fonte]

1970 1980 1990 2000 2010
75–76 76–77 77–78 78–79 79–80 80–81 81–82 82–83 83–84 84–85 85–86 86–87 87–88 88–89 89–90 90–91 91–92 92–93 93–94 94–95 95–96 96–97 97–98 98–99 99–00 00–01 01–02 02–03 03–04 04–05 05–06 06–07 07–08 08–09 09–10 10–11 11–12 12–13 13–14
HIFK
Ilves
Tappara
TPS
Ässät
Jokerit
Lukko
KOOVEE
FoPS
Sport
Kiekkoreipas H-Reipas Reipas Lahti Pelicans
Kärpät
SaiPa
HPK
JyP HT JYP
KalPa
KooKoo
JoKP
K-Espoo Blues
TuTo

Xogadores participantes[editar | editar a fonte]

Fonte: www.eurohockey.com[10]

País Tempada
(200506)
 % Tempada
(200607)
 % Tempada
(200708)
 % Tempada
(200809)
 % Tempada
(200910)
 % Tempada
(201011)
 % Tempada
(201112)
 % Tempada
(201213)
 %
Flag of Germany.svg Alemaña 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Flag of Austria.svg Austria 1 0.2 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Flag of Canada.svg Canadá 22 4.8 27 5.8 23 4.9 12 2.3 11 2.6 23 4.9 21 4.47 36 6.77
Flag of Croatia.svg Croacia 1 0.2 1 0.2
Flag of Denmark.svg Dinamarca 1 0.2 3 0.6 7 1.3
Flag of Slovakia.svg Eslovaquia 1 0.2 3 0.6 2 0.4 1 0.2 1 0.2 7 1.5 7 1.5 4 0.75
Flag of Slovenia.svg Eslovenia 1 0.2
Flag of the United States.svg Estados Unidos 13 2.8 4 0.85 20 4.3 14 2.7 4 1.0 14 3.0 9 1.9 23 4.3
Flag of Estonia.svg Estonia 1 0.2 1 0.2
Flag of Finland.svg Finlandia 396 85.9 400 85.5 404 86.3 476 92.8 393 94.0 390 83.2 390 83.2 428 80.45
Francia Francia 2 0.43 2 0.43 2 0.38
Flag of Hungary.svg Hungría 1 0.2
Flag of Italy.svg Italia 1 0.2 2 0.43
Flag of Latvia.svg Letonia 2 0.4 3 0.6 1 0.2 3 0.64 1 0.2 1 0.2
Flag of Lithuania.svg Lituania 1 0.2 1 0.2
Flag of Norway.svg Noruega 1 0.2 1 0.2 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Flag of the Netherlands.svg Países Baixos 1 0.2
Flag of the Czech Republic.svg República Checa 15 3.3 15 3.2 8 1.7 4 0.8 5 1.2 13 2.8 14 3.0 11 2.1
Flag of Russia.svg Rusia 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Flag of Ukraine.svg Ucraína 1 0.2
Flag of Sweden.svg Suecia 7 1.5 11 2.35 7 1.5 4 0.8 2 0.5 13 2.8 14 3.0 16 3.0
Flag of Switzerland.svg Suíza 1 0.2 1 0.2 1 0.2
Total 461 100.0 468 100.0 468 100.0 513 100.0 418 100.0 469 100.0 469 100.0 532 100.0

Estrutura da tempada[editar | editar a fonte]

Encontro entre o Ilves e o SaiPa

A SM-Liiga posúe unha tempada regular e playoff polo título. A tempada regular comeza a mediados de Setembro e remata a mediados de Marzo. Hai paróns ao longo do ano dependendo dos compromisos internacionais de Finlandia e un parón polo Nadal de 2 semanas. Os playoff comezan inmediatamente logo do fin da tempada regular e a competición remata a mediados de Abril.

Tempada regular[editar | editar a fonte]

Na tempada regular tódolos equipos disputan 60 encontros nos que cada equipo xoga 4 partidos contra calquera outro máis outros 2 con rivais definidos, xeralmente próximos entre eles. Cada partido dura 60 minutos divididos en 3 tempos de 20 minutos e, en caso de prórroga, xógase un tempo extra con morte súbita de 5 minutos. No caso de que o empate persista, o gañador decídese tras unha rolda de penaltis.

O sistema da liga regular baséase en torno a unha clasificación na que só vale a vitoria para puntuar. O sistema de puntuación está determinado por como concluíu o partido: se o equipo vence no tempo regulamentario gaña 3 puntos, se vence na prórroga 2 e se vence nos penaltis 1. Se un equipo está empatado a puntos con outro na táboa, o equipo que teña unha meirande diferencia de goles estará nun posto máis alto na clasificación, e se se chegara ao extremo de que houbese tamén un empate, a diferencia será polo número de goles anotados.

Playoffs[editar | editar a fonte]

Ao final da tempada regular, os 6 equipos mellor clasificados na liga regular pasan directamente aos cuartos de final, mentres os equipos entre a sétima e décima posición xogan uns playoff preliminares ao mellor de 3 partidos, nos que os 2 vencedores encherán as 2 posicións vacantes.

Dende a tempada 2007-08 tódalas roldas son ao mellor de 7 partidos e os equipos son colocados segundo a súa posición na liga regular, de tal xeito que o primeiro clasificado xogaría contra o oitavo, o segundo contra o sétimo, e así sucesivamente, sendo o primeiro campo no que se disputa o partido o do mellor equipo na fase regular. O gañador dos playoff gaña a Kanada-malja (Copa Canadá) mentres que os perdedores da semifinal xogan un partido pola "medalla de bronce".

A diferencia da Liga regular, nos playoff o tempo de prórroga dura 20 minutos a morte súbita.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Kanada-malja.

Estes son os gañadores por tempada da SM-liiga. Só aparecen os campións da Kanada Malja, é dicir, o campión nos playoff. Os campións da liga regular reciben tamén un trofeo, o Harry Lindbladin muistopalkinto, aínda que é menos prestixioso que a medalla de bronce nos playoff, esta relación entre títulos é similar á que existe na NHL americana entre a Stanley Cup e o Presidents' Trophy.

Kanada Malja, trofeo que gaña o campión da Liga finesa
Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
2013-14 Oulu Kärpät 4 - 3 Tampere Tappara - Oulu Kärpät
2012-13 Pori Ässät 4 - 2 Tampere Tappara - Helsinqui Jokerit
2011-12 Jyväskylä JYP 4 - 1 Lahti Pelicans - Kuopio KalPa
2010-11 Helsinqui HIFK 4 - 0 Espoo Blues - Jyväskylä JYP
2009-10 Turku TPS 4 - 1 Hämeenlinna HPK - Jyväskylä JYP
2008-09 Jyväskylä JYP 4 - 0 Oulu Kärpät - Jyväskylä JYP
2007-08 Oulu Kärpät 4 - 1 Espoo Blues - Oulu Kärpät
2006-07 Oulu Kärpät 3 - 0 Helsinqui Jokerit - Oulu Kärpät
2005-06 Hämeenlinna HPK 3 - 1 Pori Ässät - Oulu Kärpät
2004-05 Oulu Kärpät 3 - 1 Helsinqui Jokerit - Oulu Kärpät
2003-04 Oulu Kärpät 3 - 1 Turku TPS - Turku TPS
2002-03 Tampere Tappara 3 - 0 Oulu Kärpät - Hämeenlinna HPK
2001-02 Helsinqui Jokerit 3 - 1 Tampere Tappara - Tampere Tappara
2000-01 Turku TPS 3 - 1 Tampere Tappara - Helsinqui Jokerit
1999-00 Turku TPS 3 - 1 Helsinqui Jokerit - Turku TPS
1998-99 Turku TPS 3 - 1 Helsinqui HIFK - Turku TPS
1997-98 Helsinqui HIFK 3 - 0 Tampere Ilves - Turku TPS
1996-97 Helsinqui Jokerit 3 - 0 Turku TPS - Helsinqui Jokerit
1995-96 Helsinqui Jokerit 3 - 1 Turku TPS - Helsinqui Jokerit
1994-95 Turku TPS 3 - 2 Helsinqui Jokerit - Helsinqui Jokerit
1993-94 Helsinqui Jokerit 3 - 1 Turku TPS - Turku TPS
1992-93 Turku TPS 3 - 1 Hämeenlinna HPK - Turku TPS
1991-92 Helsinqui Jokerit 4 - 1 Jyväskylä JYP - Jyväskylä JYP
1990-91 Turku TPS 4 - 1 Kuopio KalPa - Turku TPS
1989-90 Turku TPS 4 - 2 Tampere Ilves - Turku TPS
1988-89 Turku TPS 4 - 1 Jyväskylä JYP - Turku TPS
1987-88 Tampere Tappara 4 - 1 Rauma Lukko - Tampere Ilves
1986-87 Tampere Tappara 4 - 1 Oulu Kärpät - Oulu Kärpät
1985-86 Tampere Tappara 4 - 1 Helsinqui HIFK - Tampere Tappara
1984-85 Tampere Ilves 3 - 2 Turku TPS - Turku TPS
1983-84 Tampere Tappara 3 - 1 Pori Ässät - Tampere Tappara
1982-83 Helsinqui HIFK 3 - 2 Helsinqui Jokerit - Helsinqui Jokerit
1981-82 Tampere Tappara 3 - 1 Turku TPS - Turku TPS
1980-81 Oulu Kärpät 3 - 2 Tampere Tappara - Tampere Tappara
1979-80 Helsinqui HIFK 3 - 0 Pori Ässät - Turku TPS
1978-79 Tampere Tappara 3 - 2 Pori Ässät - Pori Ässät
1977-78 Pori Ässät 3 - 1 Tampere Tappara - Tampere Tappara
1976-77 Tampere Tappara 3 - 0 Turku TPS - Tampere Tappara
1975-76 Turku TPS 2 - 0 Tampere Tappara - Turku TPS

Antes da creación da SM-liiga, en Finlandia existía outro campionato nacional de hockey sobre xeo creado en 1928 denominado SM-sarja, que pasou por varios formatos de competición, dende eliminatorias directas, a liga única sen eliminatorias, a varios grupos de liguiña etc. Na seguinte lista amósase o palmarés de campións dende 1928 ate 1975:

Encontro Ilves-HJK da tempada 1949-50.

A seguinte táboa amosa o número total de campionatos acadados por cada club dende 1928. En negriña o títulos de SM-liiga, e decir, os acadados dende 1976:

NºTítulos Equipo Campionatos
16 Tampere Ilves 1936, 1937, 1938, 1945, 1946, 1947, 1950, 1951, 1952, 1957, 1958, 1960, 1962, 1966, 1972, 1985
12 Tampere Tappara 1959, 1961, 1964, 1975, 1977, 1979, 1982, 1984, 1986, 1987, 1988, 2003
11 Turku TPS 1956, 1976, 1989, 1990, 1991, 1993, 1995, 1999, 2000, 2001, 2010 (Equipo mais laureado da SM-liiga)
7 Helsinqui HIFK 1969, 1970, 1974, 1980, 1983, 1998, 2011
6 Helsinqui Jokerit 1973, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002
6 Oulu Kärpät 1981, 2004, 2005, 2007, 2008, 2014
3 Pori Ässät* 1971, 1978, 2013
3 Tampere TBK 1953, 1954, 1955
3 Helsinqui KIF 1939, 1941, 1943
3 Helsinqui HJK 1929, 1932, 1935
2 Jyväskylä JYP 2009, 2012
2 Hämeenlinna Tarmo 1948, 1949
2 Helsinqui HSK 1933, 1934
1 Hämeenlinna HPK 2006
1 Tampere KooVee 1968
1 Pori RU-38* 1967
1 Pori Karhut* 1965
1 Rauma Lukko 1963
1 Tampere TaPa 1931
1 Vyborg Viipurin Reipas 1928

Trofeos[editar | editar a fonte]

A SM-liiga ten os seguintes trofeos. A meirande parte dos galardóns posúen nomes de xogadores fineses históricos.

Trofeos a equipos[editar | editar a fonte]

Trofeos individuais[editar | editar a fonte]

  • Kultainen kypärä (casco dourado): Mellor xogador da SM-liiga, votado polos seus compañeiros.
  • Trofeo Aarne Honkavaara: Máximo goleador durante a tempada regular.
  • Trofeo Jari Kurri: Mellor xogador durante os playoff.
  • Memorial Jarmo Wasama: Mellor debutante da tempada.
  • Trofeo Kalevi Numminen: Mellor adestrador da tempada.
  • Trofeo Lasse Oksanen: Mellor xogador durante a tempada regular.
  • Trofeo Matti Keinonen: Xogador máis efectivo.
  • Trofeo Pekka Rautakallio: Mellor defensa.
  • Trofeo Pentti Isotalo: Mellor árbitro off-ice.
  • Trofeo Raimo Kilpiö: Xogador con máis deportividade.
  • Trofeo Unto Wiitala: Mellor árbitro no campo.
  • Trofeo Urpo Ylönen: Mellor porteiro.
  • Trofeo Veli-Pekka Ketola: Xogador que máis goles anotou.

Dereitos de emisión[editar | editar a fonte]

Retransmisión dun partido en Oulu.

Dende a tempada 2007-08 os dereitos de emisión en Finlandia pertencen á canle en aberto privada Nelonen. Canal+ Suomi ofrece tamén varios partidos en modalidade de PPV.

Actualmente a liga finlandesa non pode verse noutros países, aínda que Canal+ Suomi ofreceu partidos on-line por PPV tanto para Finlandia como para o resto de países.

Estatísticas[editar | editar a fonte]

Datos de asistencia[editar | editar a fonte]

Seareiros celebrando un gol do Ilves en 2007.
Ano Asistencia media
2002 5.231
2003 5.148
2004 5.101
2005 5.143
2006 5.032
2007 4.984
2008 5.101
2009 4.933
2010 4.976
2011 4.850
2012 5.108
2013 5.213[11]

Líderes históricos[editar | editar a fonte]

Na liga regular[12]
Janne Ojanen, o xogador con máis puntos e asistencias na historia da liga.
Record Nome Rexistro
Puntos Finlandia Janne Ojanen 799
Goles Finlandia Arto Javanainen 464
Asistencias Finlandia Janne Ojanen 516
Partidos xogados Finlandia Jan Latvala 1.049
Plus/minus Finlandia Marko Tuulola +232
Penalty minutes Finlandia Markus Kankaanperä 1.456
Nos play-offs
Kari Jalonen, o máximo goleador, asistente e o xogador con máis puntos dos play-offs.
Record Nome Rexistro
Puntos Finlandia Kari Jalonen 128
Goles Finlandia Kari Jalonen 42
Asistencias Finlandia Kari Jalonen 86
Partidos xogados Finlandia Ilkka Mikkola 151
Plus/minus República Checa Otakar Janecky +51
Penalty minutes Finlandia Jussi Pesonen 156
No play-out
Record Nome Rexistro
Puntos Finlandia Jori Lehterä 9
Goles Finlandia Sakari Salminen
Finlandia Masi Marjamäki
Finlandia Jori Lehterä
4
Asistencias Finlandia Jarkko A. Immonen
Flag of the United States.svg Mike York
Finlandia Jori Lehterä
Finlandia Jussi Halme
5
Partidos xogados Finlandia Erik Riska
Finlandia Eetu Heikkinen
Finlandia Markus Piispanen
9
Plus/minus Finlandia Jyri Marttinen +10
Penalty minutes Finlandia Mikko Palomäki
Finlandia Teemu Kesä
37

Porteiros[editar | editar a fonte]

Na liga regular
Jussi Markkanen é o porteiro con máis minutos disputados na liga.
Record Nome Rexistro
Partidos Finlandia Ari-Pekka Siekkinen 894
Minutos Finlandia Jussi Markkanen 14.952
Promedio Finlandia Aku Limnell 13,43
Porcentaxe Finlandia Tommi Niemelä
Finlandia Jan-Erik Kaisla
Finlandia Petri Engman
Finlandia Mikko Koskinen
Finlandia Joonas Korpisalo
1,000
Shotouts Finlandia Iiro Tarkki 24
Asistencias Finlandia Jukka Tammi 23
Penalty minutes Finlandia Kimmo Kapanen 182
Nos play-offs
Vesa Toskala é o porteiro con máis minutos disputados nos play-offs.
Record Nome Rexistro
Partidos Finlandia Ari-Pekka Siekkinen 113
Minutos Finlandia Vesa Toskala 1.681
Promedio Finlandia Pasi Häkkinen 16,07
Porcentaxe Finlandia Mika Lehto
Finlandia Pekka Rinne
1,000
Shotouts Finlandia Iiro Tarkki 6
Asistencias Austria Bernd Brückler 5
Penalty minutes Finlandia Juuso Riksman 24
Nos play-out
Record Nome Rexistro
Partidos Finlandia Jukka Tammi
Finlandia Petri Vehanen
Finlandia Matti Viitakoski
7
Minutos Finlandia Niko Hovinen 248
Promedio República Checa Tomas Duba 7,00
Porcentaxe Finlandia Vesa Toskala 0,965
Shotouts Finlandia Niko Hovinen 2
Penalty minutes Finlandia Jukka Tammi 4

Curiosidades[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Liiga

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]