Kuopion jäähalli

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 62°53′44″N 27°39′57″L / 62.89546, 27.66596

Kuopion jäähalli
Interior.
Datos
LocalizaciónKuopio, Finlandia Finlandia
Outros nomesNiiralan monttu
Construción
Inauguración1979
Estadio
Capacidade5.004 espectadores
LocalíaKalPa (1979-)
Devils

O Kuopion jäähalli ou Niiralan monttu é un pavillón deportivo da cidade de Kuopio, Finlandia. O seu principal uso é a práctica do hóckey sobre xeo, sendo dende a súa inauguración a casa do Kalevan Pallo (KalPa), equipo que compite na máxima competición do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga. Tamén é a casa dos Devils (o equipo local de hóckey liña que compite na máxima categoría), así como outros equipos doutras modalidades deportivas como o Pielaveden Sampo de voleybol, que ás veces emprega o pavillón xunto co Kuopio-hallin para algúns partidos europeos. A súa capacidade é de 5.004 espectadores.

Foi construído en 1979 e na década dos 2000 realizáronse diversas reformas que ampliaron a súa capacidade ata os 5.004 espectadores que pode acoller na actualidade.

O nome de Niiralan monttu deriva da localización do pavillón, que está situado na zona de Niirala, máis concretamente na parte inferior dunha pequena escavación na zona (monttu significa escavación en finés).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]