Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Porin Ässät, ou símplemente Ässät, é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Pori (Finlandia). Actualmente compite na SM-liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo finlandés, competición que gañou en dúas ocasións (1971 e 1978), se ben só o segundo título foi coa actual denominación. Xoga os seus partidos como local no Porin jäähalli, un pavillón con capacidade para 6.500 espectadores.
O equipo foi fundado en 1967 pola fusión de dous equipos locais, o Porin Karhut e o RU-38. O nome completo da compañía que xestiona o club na actualidade é HC Ässät Pori Oy. Gañou o campionato finlandés en dúas ocasións (1971 e 1978), e conseguiu outras moitas medallas, sendo a última a medalla de prata conseguida en 2006. Ademais o Karhut e o RU-38 gañaron unha vez cada un o campionato.
Números retirados [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
|
|
| Equipos |
|
|
| Tempadas |
|
|
| Antigos equipos |
|
|
| Estadios |
|
|