Hämeenlinna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 60°59′45″N 24°27′55″W / 60.99583°N 24.46528°W / 60.99583; -24.46528

Hämeenlinna
Hämeenlinna.vaakuna.svg Flag of None.svg
Situación xeográfica
Hameen linna ja bastioni.jpgHämeenlinna.sijainti.suomi.2009.svg
Estado: Finlandia
Rexión: Tavastia Propia
Sub-rexión: Hameenlinna
Xeografía
Altitude: msnm
Superficie: 2.031,55 km²
Poboación
Poboación total: 67.531 hab. (2012[1])
Densidade de poboación: 37,82 hab./km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web: Páxina Oficial

Hämeenlinna (en sueco Tavastehus) é unha cidade de Finlandia, capital e cidade máis poboada da rexión de Tavastia Propia. Está situada ao sur do país, no corazón provincia histórica de Tavastia (Häme en finlandés). Entre os persoeiros de sona da cidade cómpre destacar a figura do compositor Jean Sibelius. En 2012 tiña unha poboación de 67.531 habitantes.

A cidade debe o seu nome á provincia histórica de Tavastia (Häme en finés) e ao castelo (en finés linna) que data do século XIII.

Índice

Historia [editar]

Téñense noticias dun asentamento á beira do lago Vanajavesi chamado Vanaja dende a época viquinga onde se atopa actualmente a cidade. O Castelo de Häme foi construido a principios do século XIII para afianzar o dominio sueco no centro de Finlandia, e posteriormente se formaría unha vila. En 1639 fóronlle concedidos a Hämeenlinna dereitos de cidade.

En 1862 inaugurouse a primeira liña ferroviaria de Finlandia, que unía á cidade coa capital. A actual Hämeenlinnan rautatieasema (Estación Ferroviaria de Hämeenlinna) foi construida en 1921.

Transportes e comunicacións [editar]

Distancias a outras cidades km
Tampere.vaakuna.svg Tampere 77
Helsinki.vaakuna.svg Helsinki 101
Riihimäki.vaakuna.svg Riihimäki 36
Lahti.vaakuna.svg Lahti 74
Turku.vaakuna.svg Turku 141

Hämeenlinna está situada nun punto intermedio entre dúas das cidades máis importantes do país, Helsinki e Tampere, e é atravesada pola autoestrada que as une, a ruta interurbana máis importante do país (Valtatie 3 - E12) e pola nacional 10 (Valtatie 10), así como a nacional 12 (Valtatie 12).

Deporte [editar]

Persoeiros de sona [editar]

Casa natal de Jean Sibelius.

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría:

Ligazóns externas [editar]