Kiekko-Espoo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kiekko-Espoo
Fundación1984
Cidade Espoo,
Uusimaa
Finlandia Finlandia
EstadioEspoo Metro Areena
(6 982 persoas)
LigaMestis
Campionatos1 (2023)
AdestradorFinlandia Tomas Westerlund
CoresAzul mariño, dourado, azul
                 

O Kiekko-Espoo é un equipo de hóckey sobre xeo da cidade de Espoo, Finlandia. O equipo foi fundado en 1984 e xoga os seus partidos como local no Espoo Metro Areena, un estadio con capacidade para 6 982 persoas. Dende a tempada 2020-21 xoga na Mestis, a segunda liga en importancia do hóckey sobre xeo masculino en Finlandia.

Equipo feminino[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Kiekko-Espoo Naiset.

No club destaca o seu equipo feminino, denominado Kiekko-Espoo Naiset, ou simplemente Kiekko-Espoo ou K-Espoo, que compite na Naisten Liiga, a máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino finlandés. Xoga os seus partidos como local no Tapiolan urheilupuisto.

Fundado en 1988, é o equipo máis laureado do hóckey sobre xeo feminino finlandés, tendo dominado o campionato nacional durante a década de 2000. En total, o equipo conquistou o campionato quince veces, sendo a última vez que alzou a Aurora Borealis Malja en 2022.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]