Finlandia Propia
| Finlandia Propia Varsinais-Suomi (en finés) Egentliga Finland (en sueco) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Finlandia Propia (en finés Varsinais-Suomi e en sueco Egentliga Finland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao oeste do país, na provincia histórica de Finlandia Propia e na actual provincia de Finlandia Occidental. A súa capital é Turku, sendo tamén a cidade máis poboada da rexión, residindo na súa aglomeración e arredores dous tercios da poboación total da rexión.
Finlandia Propia limita ao norte coa rexión de Satakunta, ao leste coas de Tavastia Propia, e ao sur con Uusimaa.
A rexión é a 3ª máis poboada, e a 10ª maís extensa do país.
Índice |
Xeografía [editar]
A rexión está situada na unión do Golfo de Finlandia e o Golfo de Botnia. O interior da rexión, unha meseta pouco elevada (100 m de altitude) onde nacen varios ríos de mediana importancia (sendo os máis importantes o Paimionjoki e o Aurajoki) que descenden cara o mar en dirección norleste sudoeste, está pouco poboado. Os outeiros son pouco elevados (máximo de 159 m en Somero) mais o relevo é sen embargo aparente, contrastando coas zonas máis chas de Ostrobotnia ou Satakunta. A zona costeira e os vales principais están moi poboados, estando nestas zonas as principais cidades, Salo, Paimio, Uusikaupunki e a capital, Turku. A zona sudoeste está formada polo Arquipélago finlandés, ofrecendo a vista dunha das costas máis recortadas do mundo, con milleiros de illas, globalmente pouco poboadas, excepto no verán, debido ao gran número de residencias secundarias construidas no arquipélago.
Concellos [editar]
A rexión de Finlandia Propia consta de 28 concellos, do cal 11 son considerados cidades.
| Nome | Escudo | Tipo de poboación | Poboación | Superficie | Densidade de poboación | Subrexión | Fundación |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Turku | Capital da rexión | 178.564 | 306,36 km² | 726,87 hab/km² | Turku | 1229 | |
| Salo | cidade | 55.184 | 2.168,31 km² | 27,78 hab/km² | Salo | 1887 | |
| Kaarina | cidade | 31.158 | 179,50 km² | 207,25 hab/km² | Turku | 1869 | |
| Raisio | cidade | 24.602 | 50,06 km² | 504,55 hab/km² | Subrexión de Turku | 1292 | |
| Naantali | cidade | 18.877 | 687,98 km² | 60,60 hab/km² | Turku | 1443 | |
| Loimaa | cidade | 16.849 | 851,93 km² | 19,87 hab/km² | Loimaa | 1921 | |
| Uusikaupunki | cidade | 15.616 | 1.932,64 km² | 31,08 hab/km² | Vakka-Suomi | 1617 | |
| Lieto | concello | 16.803 | 200,17 km² | 84,65 hab/km² | Turku | 1331 | |
| Parainen | cidade | 15 549 | 5.548,24 km² | 17,63 hab/km² | Turunmaa - Åboland | 2009 | |
| Paimio | cidade | 10.517 | 242,25 km² | 44,12 hab/km² | Turku | 1997 | |
| Somero | cidade | 9.264 | 697,68 km² | 13,87 hab/km² | Salon | 1867 | |
| Masku | concello | 9.641 | 204,13 km² | 55,12 hab/km² | Subrexión de Turku | - | |
| Laitila | cidade | 8.461 | 545,33 km² | 15,91 hab/km² | Vakka-Suomi | 1868 | |
| Pöytyä | concello | 8.523 | 773,69 km² | 11,36 hab/km² | Loimaa | - | |
| Mynämäki | concello | 8.012 | 536,09 km² | 15,42 hab/km² | Turku | - | |
| Kemiönsaari | concello | 7.158 | 2.800,87 km² | 10,42 hab/km² | Turunmaa - Åboland | 2009 | |
| Rusko | concello | 5.874 | 127,90 km² | 46,21 hab/km² | Turku | - | |
| Nousiainen | concello | 4.821 | 199,43 km² | 24,25 hab/km² | Turku | 1867 | |
| Aura | concello | 3.971 | 95,57 km² | 41,80 hab/km² | Loimaa | 1917 | |
| Sauvo | concello | 3.047 | 299,68 km² | 12,07 hab/km² | Turku | - | |
| Koski Tl | concello | 2.453 | 192,42 km² | 12,81 hab/km² | Loimaa | 1869 | |
| Vehmaa | concello | 2.355 | 202,09 km² | 12,48 hab/km² | Vakka-Suomi | 1869 | |
| Pyhäranta | concello | 2.187 | 291,75 km² | 15,27 hab/km² | Vakka-Suomi | - | |
| Marttila | concello | 2.000 | 195,99 km² | 10,24 hab/km² | Loimaa | 1409 | |
| Tarvasjoki | concello | 1.957 | 102,40 km² | 19,19 hab/km² | Loimaa | 1869 | |
| Taivassalo | concello | 1.676 | 217,71 km² | 11,94 hab/km² | Vakka-Suomi | 1155 | |
| Oripää | concello | 1.427 | 117,73 km² | 12,13 hab/km² | Loimaan seutukunta | - | |
| Kustavi | concello | 886 | 769,88 km² | 5,35 hab/km² | Vakka-Suomi | 1874 |
Antigos concellos[1] [editar]
Notas [editar]
- ↑ [http://tilastokeskus.fi/tup/julkaisut/tiedostot/isbn_978-952-244-368-7.pdf Lakkautetut kunnat aakkosjärjestyksessä, 71–78. ISBN 978–952–244–368–7 (pdf) Kunnat ja kuntapohjaiset aluejaot 2012
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en finés)
|
|||||||