Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Ligue Magnus é a máxima categoría do hóckey sobre xeo en Francia, creada na tempada 1906-07. Os campións do campionato reciben a Coupe Magnus. O nivel da liga é considerado xeralmente como intermedio, clasificado no posto 14 dos campionatos europeos pola Federación Internacional de Hóckey sobre Xeo (IIHF).[1]
- Championnat de France (1907-1930)
- 1re Série (1930-1973)
- Série A (1973-1975)
- Nationale A (1975-1985)
- Nationale 1A (1985-1990)
- Ligue nationale (1990-1991)
- Élite (1991-1992)
- Nationale 1 (1992-1994)
- Élite (1994-1996)
- Nationale 1A (1996-1997)
- Élite (1997-2002)
- Super 16 (2002-2004)
As posicións corresponden ao final da fase regular da tempada 2012-13. Entre paréntese sinálase a posición final ou a rolda de play-off.