Uusimaa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Uusimaa
Nyland
Bandeira de Escudo de
Bandeira Escudo
 
Uusimaa in Finland.svg
 
Estado Finlandia Finlandia
Capital
 • Poboación
Helsinki
604.380 (2012[1])
Linguas
 • Oficiais
Finés ,sueco
As dúas
Estatus
 • Presidente
Rexión de Finlandia
n/d
Rexión
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas

9.567,71 km²

n/d km
n/d km
Poboación
 • Total
 • Densidade

1.550.362 [2]
170,4 hab./km²
Xentilicio n/d
Fuso horario
 • en verán
UTC+2
UTC+3
Dominio de Internet .fi
Código ISO 187
Páxina Web Oficial
Subdivisións de Finlandia

Uusimaa (en galego Nilandia; en sueco Nyland) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada no sur do país, na provincia histórica de Uusimaa, e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Helsinki, con 604.380 habitantes. Na rexión atópanse as dúas cidades máis grandes do país, a capital Helsinki, e Espoo.

A rexión ten unha poboación de 1.550.362 habitantes e unha superficie de 9.567,71 km², o que a convirte na rexión máis poboada e a 15ª máis grande. Uusimaa limita coas rexións de Tavastia Propia e Päijänne Tavastia ao norte, Kymenlaakso ao leste, e Finlandia Propia ao oeste, e co golfo de Finlandia ao sur.

Historia[editar | editar a fonte]

Ekenäs (Tammisaari) old town in Raseborg (Raasepori)
Sede de Nokia en Keilaniemi (Kägeludden), Espoo (Esbo)

Uusimaa foi, xunto co resto do sur e o oeste de Finlandia, parte do Reino de Suecia dende o século XII ou XIII.

A costa de Uusimaa foi anteriormente escasamente poboada, maioritariamente por xentes de Tavastia, mais foi dende o século XII cando comezou a ser poboada por colonos suecos, a meirande parte de Hälsingland, e as vilas sueco falantes chegou ata cerca das bocas dos ríos Vantaanjoki e Keravanjoki.

Os nomes Uusimaa e Nyland significan en galego "nova terra". O nome sueco Nyland aparece nos documentos dende o século XIV. O nome finés Uusimaa aparece por primeira vez en 1548 como Wsimaa en Se Wsi Testamenti no Novo Testamento en finés de Mikael Agricola.[3]

As provincias finlandesas foron cedidas ao Imperio Ruso na Guerra de Finlandia en 1809. Logo desto, Uusimaa converteuse na Provincia de Uusimaa/Nyland no antigo sistema lääni. Dende 1997 ata 2010, Uusimaa foi unha parte da Provincia de Finlandia Meridional. Foi dividida nas rexións de Uusimaa e Uusimaa Oriental. En 2011, as dúas rexións se fusionaron.

Linguas[editar | editar a fonte]

A rexión de Uusimaa é oficialmente unha rexión bilingüe na que o finés e o sueco teñen o mesmo status.

A rexión, especialmente as áreas costeiras, é tradicionalmente sueco falante, os dialectos rexionais tradicionais do sueco (nyländska) son actualmente máis falados en Uusimaa Oriental, mentres que no resto da rexión, a lingua sueca estandarizouse máis.

A poboación de fala finesa comezou a medrar cando a capital de Gran Ducado de Finlandia foi trasladdada de Turku a Helsinki polo emperador Alexandre I de Rusia en 1812, e a rexión atraeu colonos doutras partes de Finlandia. O stadin slangi de Helsinki (unha xerga local do finés) evolucionou inicialmente no século XIX.

Concellos[editar | editar a fonte]

Subrexións, cidades e municipalidades de Uusimaa.

Subrexión de Helsinki:

Subrexión de Raseborg:

Subrexión de Porvoo:

Subrexión de Loviisa:

Antigos concellos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]