Extraliga Eslovaca (hóckey sobre xeo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slovenská Extraliga
Fundación 1993
Rexión Eslovaquia Eslovaquia
Equipos 10
Actual campión Zvolen HKm Zvolen (2º título)
Máis laureado Bratislava HC Slovan Bratislava (8 títulos)
Televisión Sport 1
Sitio web www.tipsportextraliga.sk
Hockey current event.svg Extraliga Eslovaca 2012-13

A Extraliga Eslovaca (en eslovaco Slovenská Extraliga) é a máxima competición de hóckey sobre xeo en Eslovaquia. En 2009 figuraba na clasificación da IIHF como a quinta liga máis forte de Europa, e no 2012 foi calificada por The Hockey News como a sexta mellor liga do mundo por detrás da NHL, a KHL, a SHL, a SM-liiga e a Extraliga Checa.[1]

Estrutura da liga[editar | editar a fonte]

Actualmente a Extraliga Eslovaca está formada por 10 equipos (xa que o HK Orange 20 non xoga todos os partidos) que disputan un total de 57 partidos durante a liga regular. Ao finalizar a liga regular os oito equipos mellor clasificados xogan os play-offs polo título, nos que todas as roldas son xogadas ao mellor de sete encontros. O equipo peor clasificado xoga o play-out para manter a categoría fronte ao campión da 1. liga (a segunda categoría do hóckey sobre xeo eslovaco).

Historia[editar | editar a fonte]

A Extraliga Eslovaca ten as súas orixes na Liga Checoslovaca. A tempada 1993-94 foi a primeira tempada da competición trala separación administrativa de Checoslovaquia nas actuais repúblicas de Chequia e Eslovaquia o 1 de xaneiro de 1993.

Denominacións[editar | editar a fonte]

O nome da liga é dado polo seu patrocinador e ten sufrido numerosos trocos ao longo da súa historia:

  • Dende a tempada 1993-94 ata a 1997-98: Extraliga
  • Ata a tempada 2000-01: West Extraliga
  • Na tempada 2001-02: Boss Extraliga
  • Entre a tempada 2002-03 e a 2004-05: ST Extraliga
  • Dende a tempada 2005-06 ata o 16 de xaneiro de 2007: T-Com Extraliga
  • Dende o 16 de xaneiro de 2007 ata a tempada 2011-12: Slovnaft Extraliga
  • Dende a tempada 2011-12: Tipsport extraliga, mentres que as series finais reciben o nome de Slovnaft-Play-Off

Equipos[editar | editar a fonte]

Nome Cidade Estadio Capacidade Fundación Campionatos
HC Košice Coat of arms of Košice.png Košice Steel Aréna 8.378 1962 6
HC ’05 Banská Bystrica Banska Bystrica Erb.svg Banská Bystrica Banská Bystrica Ice Stadium 3.000 1922 0
HK 36 Skalica Coa Slovakia Town Szakolca.svg Skalica Skalica Ice Stadium 3.214 1936 0
HK Dukla Trenčín Coat of arms of Trenčin.png Trenčín Pavol Demitra Ice Stadium 6.150 1962 3
HK Nitra Nitra CoA.svg Nitra Nitra Aréna 5.350 1931 0
HK Orange 20 Coat of Arms of Bratislava.svg Bratislava Vladimír Dzurilla Ice Stadium 3.500 2007 -
HK Poprad Poprad CoA - new version.svg Poprad Poprad Ice Stadium 4.464 1926 0
HKm Zvolen Zvolen Erb.svg Zvolen Zvolen Ice Stadium 7.038 1927 2
MHC Mountfield Martin MartinCOA.PNG Martin Martin Ice Stadium 4.200 1932 0
MsHK Žilina Žilina Erb.svg Žilina Garmin Arena 6.200 1925 1
ŠHK 37 Piešťany Coat of arms of Piešťany.png Piešťany EASTON Aréna 3.050 1937 0

Palmarés[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Resultado Finalista 1º da liga regular
1993-94 Dukla Trenčín 3 - 2 HC Košice - Dukla Trenčín
1994-95 HC Košice 3 - 0 Dukla Trenčín - Dukla Trenčín
1995-96 HC Košice 4 - 1 Dukla Trenčín - HC Košice
1996-97 Dukla Trenčín 3 - 1 HC Košice - Dukla Trenčín
1997-98 HC Slovan Bratislava 3 - 2 HC Košice - HC Slovan Bratislava
1998-99 HC Košice 3 - 1 HC Slovan Bratislava - HC Slovan Bratislava
1999-00 HC Slovan Bratislava 3 - 2 HKm Zvolen - HC Slovan Bratislava
2000-01 HKm Zvolen 3 - 1 Dukla Trenčín - HKm Zvolen
2001-02 HC Slovan Bratislava 4 - 2 HKm Zvolen - HKm Zvolen
2002-03 HC Slovan Bratislava 4 - 0 HC Košice - HC Slovan Bratislava
2003-04 Dukla Trenčín 4 - 2 HKm Zvolen - Dukla Trenčín
2004-05 HC Slovan Bratislava 4 - 3 HKm Zvolen - HKm Zvolen
2005-06 MsHK Žilina 4 - 3 HK Poprad - HK Nitra
2006-07 HC Slovan Bratislava 4 - 0 Dukla Trenčín - HC Košice
2007-08 HC Slovan Bratislava 4 - 3 HC Košice - HC Slovan Bratislava
2008-09 HC Košice 4 - 2 HK 36 Skalica - HC Košice
2009-10 HC Košice 4 - 2 HC Slovan Bratislava - HC Slovan Bratislava
2010-11 HC Košice 4 - 1 HK Poprad - HC Košice
2011-12 HC Slovan Bratislava 4 - 3 HC Košice - HC Košice
2012-13 HKm Zvolen 4 - 1 HC Košice - HKm Zvolen
2013-14 -

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]