Päijänne Tavastia
| Päijänne Tavastia Päijät-Häme (en finés) Päijänne Tavastlands (en sueco) |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Päijänne Tavastia (en finés Päijät-Häme e en sueco Päijänne Tavastlands) é unha das 19 rexións de Finlandia. Está situada ao sur do país, na provincia histórica de Tavastia e na actual provincia de Finlandia Meridional. A súa capital e cidade máis poboada é Lahti.
Päijänne Tavastia limita ao norte coa rexión de Finlandia Central, ao leste coas de Savonia do Sur e Kymenlaakso, ao sur con Uusimaa, e ao leste coas rexións de Tavastia Propia e Pirkanmaa. Esta rexión é a 8ª máis poboada do país e a 18ª máis extensa.
Índice |
Concellos [editar]
A rexión de Päijänne Tavastia está formada por 11 concellos, dos cales tres teñen estato de cidade:
Antigos concellos [editar]
Artjärven kunta, pertenceu ás provincias de Uusimaa e Uusimaa Oriental, mais posteriormente pasou a formar parte de Päijännne Tavastia integrándose na cidade de Orimattila.
Heinolan maalaiskunta, pertenceu á provincia de Mikkeli e á de Lahti, integrándose na cidade de Heinola en 1997.
Trocos de rexión [editar]
Kuhmoinen pasou a formar parte de Finlandia Central siirtyi osaksi Keski-Suomen lääniä eli nyk. Keski-Suomen maakuntaan 1974.
Política [editar]
As eleccións parlamentarias de 2011 en Finlandia Central deron os seguintes resultados:
- Partido de Coalición Nacional 23.2%
- Finlandeses Auténticos 22.7%
- Partido Socialdemócrata de Finlandia 22.0%
- Partido de Centro 11.6%
- Demócrata-Cristiáns 7.5%
- Alianza de Esquerda 6.1%
- Liga Verde 4.5%
Galería de imaxes [editar]
-
Praza do mercado de Lahti coa casa do concello obra de Eliel Saarinen ao fondo.
-
O Sibelius Hall, corazón da vida cultural de Lahti.
-
Trampolíns de ski en Lahti; tamén sede do Mundial de saltos de ski.
-
Igrexa da Cruz, deseñada por Alvar Aalto.
-
Un vello muíño no río Vääksynjoki, en Asikkala.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial (en finés) (en inglés)
|
|||||||