Pelicans Lahti
|
||
|---|---|---|
| Fundado en | 1945 | |
| Sede | ||
| Cancha | Isku Areena (5.534 espectadores) |
|
| Cores | Azul, negro, branco e amarelo |
|
| Liga | SM-liiga | |
| Campionatos | 0 | |
| Adestrador | ||
| Director | ||
| Propietario | ||
| Equipos(s) afiliado(s) | Peliitat (Mestis) | |
| Sitio Web | http://www.pelicans.fi | |
O Pelicans Lahti é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Lahti (Finlandia). Actualmente compite na máxima categoría do hóckey sobre xeo finés, a SM-liiga. Un dos seus propietarios é o ex-porteiro da NHL Pasi Nurminen. Xoga os seus partidos como local no Isku Areena de Lahti, un pavillón con capacidade para 5.534 espectadores.
Índice |
Historia [editar]
En 1891 fundouse o Viipurin Reipas na localidade de Vyborg. Logo da Segunda Guerra Mundial incluíndo a Guerra de continuación, que enfrontou á URSS e a Finlandia, Vyborg foi cedida á URSS e o club trasladouse a Lahti, convertendose no Lahden Reipas. En 1975, creouse a SM-liiga e o Kiekkoreipas, équipo de hockey sobre xeo do club polideportivo Lahden Reipas debutou na segunda división finesa, a 1.Divisioona. En 1989, o nome do club cambiou a Hockey Reipas.
O Reipas Lahti fundouse en primavera de 1992 polo editor Kari Naskinen trala quiebra do Kiekkoreipas. Na súa primeira tempada na máxima categoría 1992-93, o equipo finalizou na 12ª e última posición, mais gañou a fase de promoción e mantívose na elite do hóckey sobre xeo finés. Na tempada seguinte, o Reipas Lahti finalizou nóvamente na derradeira posición da clasificación, así como na cuarta e última posición da fase de promoción, polo que descendeu á 1.Divisioona.
En 1996, o club foi renomeado Pelicans. Na tempada 1998-99, logo de finalizar no segundo posto a 1.Divisoona, o equipo desputou a promoción de ascenso á SM-liiga, batendo sucesívamente a Hermes Kokkola, Sport Vaasa e KalPa para retornar á máxima categoría. Na tempada 1999-00, no seu retorno á SM-liiga, o equipo finalizou nóvamente na 12ª e última posición con tan só oito partidos gañados dun total de 54 disputados. Nóvamente, os Pelicans víronse obrigados a disputar a promoción fronte ao mellor equipo da 1.Divisioona, o Kärpät. A pesar de perder a promoción, os Pelicans beneficiáronse do troco na estrutura da liga, que pasou de 12 a 13 equipos, polo que se mantiveron na elite finesa.
Na tempada 2000-01, o equipo clasificouse por primeira vez na súa historia para os playoffs logo de finalizar na sétima posición a liga regular; a tempada seguinte, os Pelicans finalizaron na 5ª posición e clasificáronse nóvamente para os playoffs. Mais logo destas dúas tempadas, volveron a completar varias malas tempadas que os levaron a finalizar na 12ª posición na tempada 2002-03, na 13ª na tempada 2003-04, nóvamente na 13ª na tempada 2004-05, e nóvamente na 12º na tempada 2005-06. A SM-liiga converteuse nunha liga pechada na tempada 2000-01, polo que os Pelicans se mantiveron na elite sen desputar a promoción en 2004 ee 2005 a pesar da súa derradeira posición na liga.
Entre o 2007 e o 2009, o equipo clasificouse para os playoffs aproveitándose da extensión de 8 a 10 equipos clasificados para a fase final.
Na tempada 2011-12 proclamouse subcampión e conseguiu a medalla de prata logo de perder na final desputada ao mellor de sete partidos fronte ao JYP por 4-1.
Denominacións [editar]
- 1891–1945: Viipurin Reipas
- 1945–1975: Lahden Reipas
- 1975–1989: Kiekkoreipas
- 1989–1992: Hockey Reipas
- 1992–1996: Reipas Lahti
- 1996- :Pelicans Lahti
Xogadores [editar]
Números retirados [editar]
- 11 - Hannu Koskinen
- 13 - Erkki Laine
- 17 - Kari Eloranta