Luxación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha luxación, descompoñedura, descompostura, desconxuntamento, desconxuntura, escordadura ou esnogadura é o dislocamento súpeto e duradeiro, parcial ou total dun ou máis ósos dunha articulación. Acontece cando unha forza actúa directa ou indirectamente sobre unha articulación, empurrando o óso cara unha posición anormal. Non debe ser confundido cunha retorzón ou torcedura.