Puçol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Puçol
Bandera de Puzol.png Escudo de Puzol.png
Situación xeográfica
Localización de Puçol respecto á Comunidade ValencianaLocalización de Puçol respecto á comarca da Horta Nord
País España
Comunidade autónoma Comunidade Valenciana
Provincia Valencia
Comarca L'Horta Nord
Xeografía
Altitude 48 msnm
Superficie 18,10 km²
Poboación
Poboación 18.482 hab. (2008)
Densidade 1.021,10 hab./km²
Xentilicio Pusolenco/a
Información
Código postal 46530
Alcalde Mariano Sanchis Ribera (PP)
Páxina web www.puçol.es

Puçol é un concello valenciano que se atopa na comarca da Horta Nord, preto da Cap i Casal. Limita con El Puig ao sur, e con Sagunt no (Camp de Morvedre).

Xeografía[editar | editar a fonte]

O termo municipal está situado no extremo setentrional da Horta de València en contacto coa comarca do Camp de Morvedre. Esténdese dende unha zona montañosa, pasando por unha franxa cha, onde se atopa a meirande parte do termo municipal, até arribar á zona costeira.

O clima desta localidade é omediterráneo. Accédese a esta localidade dende Valencia, por estrada, tomando a V-21. Tamén conta con estación de ferrocarril de Proximidades de Valencia. Accedese dende o by-pass pola saída de Rafelbunyol e tomando a CV-306 en sentido Barcelona. Ademais, pódese acceder dende Sagunt pola autoestrada ou ben pola CV-320.

En Puçol comeza o Grande Percorrido GR-10 (Sender de Gran Recorregut), que une o municipio valenciano coa capital portuguesa.

Núcleos[editar | editar a fonte]

  • Puçol
    • Ciutat Vella
    • Hostalets
    • Eixample
    • Más del Bombo
    • La Murta
    • Nord
    • El Barri
    • Ildefonso Fierro
    • Ciutat Jardí
    • La Barraca
    • Santigons
    • Magraners
  • Els Monestirs
  • Platja
  • Alfinach

Praia[editar | editar a fonte]

Obtívose a Bandeira Azul despois de ter varios anos o certificado de Qualitur de calidade da auga e ofrecendo servizos á comunidade turística. Tamén se creou a oficina de atención ao turista de Tourist info Puçol. Na praia durante o verán ofrécense varias actividades lúdicas e servizos, dende ludoteca, atención sanitaria, mercado ambulante, antucas gratuítas, socorristas, aerobic, etc. Actualmente a praia conta con máis de 1000 habitantes, dos cales máis de 300 son de primeira residencia ou de segunda en tempo parcial de polo menos 5 meses do ano.

Demografía[editar | editar a fonte]

Puçol conta con 18.482 habitantes (INE 2008).

Evolución demográfica de Puçol[1]
1857 1887 1900 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 1996 2001 2004 2006 2007 2008
3.113 3.043 3.702 4.028 4.110 4.562 4.959 5.456 6.984 9.647 11.466 12.432 13.662 14.965 16.018 17.249 17.947 18.482

Economía[editar | editar a fonte]

A súa riqueza económica, principalmente agrícola até 1950 viuse posteriormente transformada por unha serie de industrias de de todo tipo, desde a confección de materiais de construción e fornos de barro, até a industria electrodoméstica, representada pola fabrica de Cointra, na que se empregou grande parte da poboación dos anos 50. Este auxe industrial, propiciou a emigración das xentes de Andalucía e Castela-A Mancha, principalmente, ao núcleo urbano da poboación, creando os barrios máis novos da poboación, desde o barrio de Ildefonso Fierro, o máis próximo á fábrica e construído en leiras para traballadores, até o barrio de Hostalets, un barrio de casas máis baixas e unifamiliares de traballadores que chegaron con posterioridade e instaláronse fóra do núcleo urbano, debido á máis barata adquisición destes terreos ao ser rurais.

Dentro da horta atopábanse en secaño amendoeiras, oliveiras, alfarrobeiras e viñedos. A vide foi en séculos pasados o principal dos seus cultivos. Na actualidade os cítricos ocupan a maior parte do terreo que hai de regadío, o que lle sitúa no primeiro lugar dos cultivos, tanto por extensión como por significación económica. O resto da horta dedícase a froiteiras, hortalizas varias, tomate e cebolas, e millo e patacas en proporcións máis pequenas. Existe gandaría lanar.

O sector industrial conta cunha gran planta de fabricación de electrodomésticos e outras máis diversas que van desde as metalúrxicas até a exportación de cítricos, pasando por panadaría, bolaría, lúas para coches, volquetes para camión ou aceites de motor.

Monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Església dels Sants Joans. Construída no ano 1607 por Joan de Ribera.
  • La Torre Talaia. Torre do século XIV coa finalidade de protexerse contra as revoltas dos mouros, bandidos e piratas.
  • Mur del Palau Arquebisbal. Vello muro do Pazo Arcebispal de cantaría con torretas coronadas con tella cerámica de cor azul e branca que mostra liñas barrocas.
  • Molí de Vent. Muíño de vento de época incerta.
  • Finca Municipal de La Costera. Foi declarada Paraxe Natural Municipal.
  • Platja. A praia con Bandeira Azul.
  • Marjal dels Moros.

Festas e celebracións[editar | editar a fonte]

  • Festas Populares e Patronais. Do 1 ao 9 de setembro na honra da Verge al Peu de la Creu.
  • Festa de Sant Joan. Do 22 ao 24 de xuño. O de Sant Joan é o primeiro touro do ano dos bous al carrer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Puçol Modificar a ligazón no Wikidata