Carcaixent
| Carcaixent | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | Comunidade Valenciana |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | Ribera Alta |
| Xeografía | |
| Altitude: | 21 msnm |
| Superficie: | 59,3 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 21.973 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 385,36 hab./km² |
| Xentilicio: | Carcaixentí/-ina |
| Información | |
| Código postal: | 46.740 |
| Alcalde: | Lola Botella Arbona (PP) |
| Sitio na web: | www.carcaixent.es |
Carcaixent é un concello da Comunidade Valenciana localizado na provincia de Valencia, concretamente na comarca da Ribera Alta. Ten unha poboación de 21.973 habitantes (INE 2008). A conurbación que forma na actualidade cos concellos de Alzira e Algemesí constitúe, cos seus 95.000 habitantes, o segundo núcleo de poboación da provincia de Valencia, tras a capital e a súa área metropolitana.
Índice |
[editar] Xeografía
O termo municipal sitúase entre a marxe dereita do río Xúcar, Val de Aigües Vives e as montañas del Convent.
A cidade de Carcaixent é o núcleo máis importante do municipio, que ademais lle dá nome.
No que respecta á orografía, cabe dicir que é regada polo río Xúcar e polos seus afluentes Magre, Verd e Barxeta, e tamén pola Real Acequia de Carcaixent. O termo é maiormente chairo, e esténdese pola unidade xeográfica que forma o val do Xúcar, que se transforma a partir da cidade cara ao leste nun terreo montañoso coa serra de Corbera e a das Agullas. O chan é cuaternario, orixinado polo aluvión procedente do río Xúcar, con montañas de roca calcárea.
Desde Valencia, accédese a esta localidade a través da CV-42 e CV-41 ou por medio da A-7 e logo tomando a CV-543. Tamén conta con estación de ferrocarril na liña C-2 de Proximidades Valencia (Renfe).
[editar] Barrios e pedanías
No termo municipal de Carcaixent atópanse tamén os seguintes núcleos de poboación:
- Barraca de Aigües Vives
- Cogullada
Pola súa banda, o núcleo de Carcaixent divídese en catro barrios:
- Santa Bàrbara
- Les Barraques
- La Muntanyeta
- Els Quatre Camins
[editar] Demografía
Carcaixent conta con 21.695 habitantes (INE 2007). Segundo este censo, un 7,7% da súa poboación é de nacionalidade estranxeira.
| Evolución demográfica deCarcaixent | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1857 | 1887 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||
| 9.255 | 12.503 | 12.262 | 13.520 | 13.834 | 15.393 | 17.846 | 17.216 | 17.937 | 18.971 | 22.164 | 20.062 | 20.609 | 21.753 | 21.695 | 21.973 | ||||