Alboraia
| Alboraia | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | L'Horta Nord |
| Xeografía | |
| Altitude: | 5 msnm |
| Superficie: | 8,30 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 22.174 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 2.671,57 hab./km² |
| Xentilicio: | Alboraiense |
| Información | |
| Código postal: | 46120 |
| Alcalde: | Miguel Chavarria (PSOE) |
| Sitio na web: | Ajuntament d'Alboraia |
Alboraia (en valenciano: Alboraia, en castelán: Alboraya) é un concello do País Valenciano, situado na zona norte da área metropolitana de Valencia, na comarca da Horta Nord, da que conserva todo o sabor típico da de la horta valenciana, é chamada por iso como "El portal de l'Horta" ("O Portal da Horta"). Con 22.174 habitantes (2008) a vila é coñecida por ser o berce da orchata.
Índice |
Xeografía [editar]
O termo municipal aínda conserva amplas zonas de horta, con cultivos intensivos que constitúen a riqueza fundamental que sempre tivo esta terra. A medida que pasan os anos, a extensión de horta vaise reducindo, debido á presión urbanística. A designación da cidade de Valencia como cidade sede da Copa América 2007, supuxo un desenvolvemento importante para os terreos para a urbanización do sector terciario no municipio de Alboraia, debido á súa proximidade co futuro campo de regatas, a dispoñibilidade dun porto deportivo activo e a actual situación dos seus tres polígonos industriais. Isto tivo como consecuencia que unha porcentaxe aproximada do 75% dos equipos regatistas fixeron as súas bases de operacións para o evento deportivo nesta poboación.
Con todo, dado que hai esas grandes zonas de regadío, o termo divídese en oito partidas: Calvet, Desamparats, Mar, Massamarda, Masquefa, Miracle, Savoia e Vera.
Pódese acceder a esta localidade a través da liña 3 de Metro Valencia con dúas estacións na poboación, Alboraia-Palmaret e Alboraia-Peris Aragó. O Concello ofrece ao pobo un servizo local de autobús, que percorre os núcleos de poboación de Alboraia.
Localidades limítrofes [editar]
Almàssera polo noroeste, Meliana polo norte, Tavernes Blanques polo oeste, Valencia cidade polo sur e o Mar Mediterráneo polo leste. Todas da Horta Nord.
Demografía [editar]
A poboación medrou moito nos últimos anos; así, no ano 1986 vivían 11.267 persoas, pasando no ano 2002 a subir até os 18.656, dos cales, o 58,84% declaraban no censo de 2001 que sabían falar valenciano. Hoxe conta cunha poboación de 22.174 habitantes (2008).
| 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2000 | 2005 | 2008 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 4.700 | 4.807 | 5.712 | 6.124 | 6.749 | 6.885 | 8.073 | 9.126 | 10.727 | 11.687 | 16.943 | 20.514 | 22.174 |
Economía [editar]
A actividade económica da poboación distribúese da seguinte maneira (datos de 1994): o 45,80% traballa no sector servizos, o 33% na industria, o 16,70% na agricultura e, finalmente, o 3,60% na construción. O cultivo máis importante é o da chufa, coa que se fai a coñecida orchata de Alboraia.