Ademuz
| Ademuz | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | Racó d'Ademús |
| Xeografía | |
| Altitude: | 660 msnm |
| Superficie: | 100,4 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.269 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 12,37 hab./km² |
| Xentilicio: | Ademuceiro/a |
| Información | |
| Código postal: | 46.140 |
| Alcalde: | Fernando Soriano Antón (PSPV) |
| Sitio na web: | Ajuntament d'Ademús |
Ademuz (en catalán Ademús) é un concello valenciano situado no interior da provincia de Valencia. Ademuz é a capital da comarca do Rincón de Ademuz, un exclave valenciano rodeado completamente por terras de Aragón e de Castela-A Mancha.
Índice |
[editar] Xeografía
Emprazada en chanzos nas pronunciadas vertentes da montaña dos Zafranares. Por esa causa, esta vila ten como característica particular unhas longas e estreitas rúas en pendente, que comunican entre elas por canellóns, e rúas máis estreitas, moitas sendo escaleiradas, mentres as casas parecen superpoñerse as unhas ás outras. O pobo goza dunha magnífica vista de Veiga do Turia, como xa describiu o botánico Cavanilles á finais do século XVIII, ao seu paso por esta vila.
[editar] Demografía
Dende a década de 1940 do século XX a emigración despoxou de habitantes a Ademús. Os veciños marchábanse cara grandes centros industriais como Barcelona ou Valencia. Tamén foi significativa a emigración temporal cara as vendimas de Francia.
| Evolución demográfica de Ademús[1] | |||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1842 | 1877 | 1900 | 1920 | 1940 | 1960 | 1981 | 2001 | 2005 | 2006 | 2007 | 2008 | ||||||||
| 3.033 | 3.339 | 3.415 | 4.092 | 3.866 | 2.827 | 1.545 | 1.115 | 1.157 | 1.183 | 1.242 | 1.269 | ||||||||
Actualmente a tendencia negativa invértese pola chegada de emigrantes provintes principalmente do Maghreb ou de Romania.
[editar] Historia
O castelo musulman de Al-Damús foi conquistado polos cristiáns en 1210, sendo recuperado polo Islam, até que foi definitivamente reconquistado polo rei Jaume I en 1259, que o incluíu entre as terras do Reino de Valencia.
Ademús tivo importancia estratéxica durante a Idade Media, pois o val do río Turia que serve de paso a Aragón, baña Ademús. Unha das máis antigas liñaxes da zona foi o dos Blasco.
[editar] Patrimonio histórico-artístico
[editar] Arquitectura relixiosa
- Igrexa Arciprestal de San Pedro e de San Pablo, do século XVII.
- Ermida de Santa María da Horta, do século XIV.
- Ermida de San Xoaquín, do século XV.
- Ermida de Santa Bárbara, do século XVII.
- Ermida de Santa María del Rosel, do século XVIII.
[editar] Arquitectura civil
- Castelo de Ademús, con grande importancia histórica.
- Casa da Vila, do século XVI.
- Forno medieval, do século XIII.
- Cámara Vella do Millo.
- Porta de San Vicente.
- Fonte Vella ou de los siete caños.
- Muíño Real do século XIII.
- Muíño Novo do século XVIII.
[editar] Bibliografía
- Eslava Blasco, Raúl: Ademuz y su patrimonio histórico-artístico. Ademuz, 2007. ISBN 978-84-606-4251-0.
- Gargallo Gil, J.E.: Habla y cultura popular en el Rincón de Ademuz. Madrid, 2004.
- Rodrigo Alfonso, Carles: El Rincón de Ademuz, análisis comarcal. Valencia, 1998.
- ABABOL. Revista do Instituto Cultural e de Estudos do Rincón de Ademuz (ICERA), dirixida por Ángel Antón Andrés e publicada trimestralmente en Ademús dende 1995.
[editar] Notas
- ↑ Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842
- ↑ Fonte: Raúl Eslava Blasco, Heráldica histórica de Ademuz y Castielfabib, en la revista ABABOL, nº52