Cullera
| Cullera | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | España |
| Comunidade autónoma: | País Valenciano |
| Provincia: | Valencia |
| Comarca: | Ribera Baixa |
| Xeografía | |
| Altitude: | 2 msnm |
| Superficie: | 53,80 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 23.777 hab. (2008) |
| Densidade de poboación: | 441,95 hab./km² |
| Xentilicio: | Cullerán/ana |
| Información | |
| Código postal: | 46400 |
| Alcalde: | Ernesto Sanjuán Martínez (PP) |
| Sitio na web: | Ajuntament de Cullera |
Cullera é un municipio do País Valenciano que se atopa na comarca da Ribera Baixa.
Índice |
Xeografía[editar]
O municipio situado na ribeira do río Xúcar e xunto ao mar Mediterráneo, atópase a preto de 40 km da capital Valencia. Accédese a esta localidade, dende a Cap i Casal, tomando a V-31 e posteriormente a N-332 e despois de pasar Sueca virar á esquerda para seguir pola CV-5040.
Cullera, xunto cos termos municipais de Valencia, Alfafar, Sedaví, Catarroja, Massanassa, Albal, Beniparrell, Silla, Sollana, Sueca, Albalat de la Ribera e Algemesí, forma parte do Parque Natural da Albufeira. Nesta localidade desemboca o río Xúcar, irrigando o termo municipal de Cullera enteiro, mediante un sistema de regadío deseñado na época de dominación musulmá. O Xúcar tamén irriga practicamente toda a comarca da Ribera Baixa. Aparte do río Xucar, tamén existe a lagoa de L'Estany, situada na parte sur do termo municipal con desembocadura no mar, este é un lugar de pesca habitual.
Ao norte e nun recuncho da montaña, atópase a balsa de Sant Llorenç, este é un gran estanque rodeado de canas e coa fauna autóctona do Parque Natural da Albufeira. O termo municipal de Cullera esténdese ao longo dunha chaira, cuxa única elevación é a Muntanya de lles Rabosses (montaña das Raposas), cunha altura máxima de 233 m, sendo a última estribación do Sistema Ibérico antes de chegar ao mar. O nome da montaña débese a que nunha época habitaban moitos coellos, facendo que tamén se atopase o raposo no mesmo hábitat; nos últimos tempos por mor da especulación urbanística e a explotación turística de cando en cando adoita verse algún raposo, excepto en contadas ocasións. Desta montaña cabe destacar que pola súa situación xeográfica, desde a cal se controlan todos os arredores, sempre estivo habitada e utilizada como atalaia, feito constatado polo castelo musulmán reformado máis tarde polos cristiáns, e a principios do século XX volta a reformarse para albergar un santuario, moito máis recente é o forte na parte máis elevada da montaña, que data da época das guerras carlistas.
Barrios e pedanías[editar]
No termo municipal de Cullera sitúanse os seguintes núcleos de poboación:
- Sant Antoni de la Mar
- El Far
- El Dosser
- El Brosquil
- El Mareny de Sant Llorenç
- El Marenyet
- L'Estany
- El Racó
- La Bega
- El Port
- El Raval de Sant Agustí
- La Vila
Localidades limítrofes[editar]
O termo municipal de Cullera limita cos de Sueca, Corbera, Fortaleny, Llaurí, Favara, Polinyà de Xúquer e Tavernes de la Valldigna.