Llíria
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Llíria é un municipio do leste de España, pertencente á provincia de Valencia, na Comunidade Valenciana. Forma parte da comarca do Camp de Túria. Segundo os datos do INE de 2009, conta con 22.706 habitantes, en 228 km² de superficie.
O termo municipal exténdese desde as montañas de Alcublas e Marines, ata o val do río Turia.
Na economía do concello ten gran importancia a agricultura, moi apta debido ó tipo de terreo e ó clima mediterráneo.